Mostrando entradas con la etiqueta Concurso. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Concurso. Mostrar todas las entradas

martes, 4 de junio de 2019

Gañador@s do Certame Xosé Mosquera!

Estamos moi content@s porque o alumnado de 1º da ESO do IES de Foz gañou o I Certame Escolar Internacional de Podcats en galego Xosé Mosquera. Dito premio, que foi entregado no Museo do Pobo galego, é organizado pola Consellería de Cultura e Turismo e o IES Rosalía de Castro en colaboración con Arraianos Producións e apoiado polas fundacións Antonio Fraguas Fraguas e Rosalía de Castro, a RAG, o colectivo Ponte… nas Ondas!, a Radio Galega e a Escola Superior de Arte e Deseño Mestre Mateo.

O proxecto gañador creado polo noso alumnado, Antón Fraguas en directo, é unha iniciativa que parte dos alumnos de 1º da ESO que forman parte do Club de lectura do IES de Foz coordinado por Jesús García Cortázar e Manuel Abuín Neira.
Os alumnos teñen ideado unha entrevista radiofónica ficticia conducida por Antón Fraguas - sempre atento ás diversas manifestacións da cultura galega en diversos eidos, especialmente no antropolóxico - e os seus informantes, xentes do pobo, coñecedoras dos usos e costumes do ámbito rural. O contexto non é, porén, completamente ficticio: Antón Fraguas foi, efectivamente, dende o ano 1933, un dos primeiros locutores de continuidade dos estudios compostelanos de Unión Radio, situados na Praza da Universidade 5, 1º. As respostas dos entrevistados están baseadas na obra do propio Fraguas, que os alumnos reelaboraron con fantasía:
  • Manuela e Isolina; Orosia e Silveira: diálogo baseado en Brujas y brujeríos. Meigas y meigallos, en La Galicia insólita.
  • Ramón e Benito: intervencións baseadas en Los animales en el folklore. El lagarto, en La Galicia insólita.
  • Carme e Otilia: diálogo baseado en Ciencias encol das bruxas, artigo de Antón Fraguas para a revista NÓS (nº 96, Tomo 8, 15 de Nadal de 1931).
  • Trabalinguas proposto polo Vello dos contos: recollido por Antón Fraguas na revista NÓS (Do folklore de Armeses-Listanco; Maside; nº 96, 15 de Nadal de 1931).
A figura do popular Xosé Mosquera Pérez, O vello dos contos, pecha a entrevista.

Moitos parabéns para o alumnado de 1º da ESO!!!





martes, 8 de mayo de 2018

Celebración do Día do Libro 2018

A biblioteca do IES de Foz celebrou o Día do Libro (23 de abril) deste ano con varias 
 actividades, entre elas a exposición de publicacións curiosas pertencentes ao fondo da biblioteca, así coma un concurso no que partindo dunha foto que só amosaba as mans e un libro a comunidade educativa do centro tiña que adiviñar que profesor aparecía na mesma.








viernes, 23 de marzo de 2018

Día de entrega de premios no IES de Foz


Onte día 22 de marzo, na biblioteca do IES de Foz entregáronse os premios polo 

concurso “@ listiñ@ do mes” e “Receitas de petiscos”. Patrick, un dos

organizadores do concurso entregou os premios. A gañadora do listiñ@ foi Noa 

Prado Fernández (1ºB ESO) e o gañador do concurso de receitas foi Iván 

Varela  alumno de 2º ciclo de Dirección de Cociña. Os concursos organizáronse 

para que os alumnos aprenda máis contidos relacionados coas preguntas 

realizadas e a lingua galega.





martes, 20 de marzo de 2018

Receita gañadora do Concurso de receitas de petiscos no IES de Foz, curso 2017-18



CANELÓN DE FILLOA E LACÓN CON ESCUMA DE QUEIXO
 ARZÚA- ULLOA E PASTO DE VERZA


AUTOR: IVÁN VARELA (2º DIRCO)


INGREDIENTES CANTIDADES


Para a Filloa

Auga de cocer lacón ………………………………………………… 250 ml

Leite ………………………………………………… 250 ml

Fariña ……………………………………………….. 200 g

Ovos ……………………………………………….. 3 Uds

Touciño ……………………………………………….. C/s


Para a Farsa do Canelón

Freba de lacón cocido ………………………………………………. 200 g

Zorza ……………………………………………… 50 g

Velouté (Roux 60*60*1)…………………………………………….. C/s


Para a Escuma de Queixo Arzúa-Ulloa

Leite ……………………………………………… 200 ml

Queixo Arzúa-Ulloa …………………………………………….. 150 g

Tona …………………………………………….. 150 g

N2O …………………………………………….. 2 cargas


Para o Pasto de Verza

Verza ……………………………………………. 5 follas

Aceite …………………………………………… C/s

Pemento doce …………………………………………… C/s

Auga de lacón ………………………………………….. C/s

Noces …………………………………………. 1 Ud




ELABORACIÓN




Para a Filloa

1º En primeiro lugar débense introducir todos os ingredientes nun bol e 
mestúranse ben coa batedora.

2º A continuación hai que poñer unha tixola ao lume e untar a base cun 
cacho de touciño, cando estea ben quente vértese un cullerón de masa e
 móvese a tixola ata que a masa cubra toda a superficie.

3º Cando comecen a coller cor os bordes da filloa hai que darlle a volta e 
deixar que se faga polo outro lado.

4º Cando estea cociñada sácase da tixola e déixase enfriar.

5º Por último córtase en cadradiños de aproximadamente 10*10 cm e 
resérvase.


Para a Farsa do Canelón

1º En primeiro lugar débese cocer o lacón 45 minutos na pota rápida, 
sacarlle a freba ó lacón e cortala en dados pequenos.

2º De seguido hai que facer unha velouté coa auga do lacón (poñer 60 g 
de manteiga nunha pota e cando estea quente engadir 60 g de fariña, de 
seguido débese engadir a auga do lacón e mais o leite fervendo, mentres
 se remove cunhas varas ata que espese).

3º Por outro lado, noutra pota frítese a zorza na súa propia graxa e
 débense retirar os excesos; unha vez fritida engádense os anacos de
lacón, déixanse cocer un minuto e engádese a velouté pouco a pouco ata
 que ligue.

4º Por último colócanse dúas culleradas da farsa no medio dos cadradiños
 da filloa, con disposición a enrolalos.

5º Unha vez enrolados píntanse as puntas da filloa con ovo para que unan
 e pásanse polo ferro.


Para a Escuma de Queixo Arzúa-Ulloa

1º En primeiro lugar ponse nun cazo o leite coa tona a ferver e 
engádeselle o queixo cortado en cadradiños.

2º Para terminar, cando estea a elaboración ligada introdúcese no sifón 
con dúas cargas de N2O e mantense a Baño María ata a hora de servir.


Para o Pasto de Verza

1º En primeiro lugar cócense as verzas na auga do lacón 
 aproximadamente 10 minutos.

2º De seguido, nunha tixola sofrítese a verza xunto coas noces cun pouco  
de aceite e unha cullerada de pemento doce.




EMPRATADO

1º En primeiro lugar débense colocar 3 ou 4 anacos de verza na base do 
prato cunhas gotas do aceite do sofrito.

2º A continuación débese colocar o canelón previamente rexenerado por
 encima das verzas.

3º Termínase o empratado napando o canelón coa escuma de queixo e
 pódeselle colocar unha ou dúas noces por riba da escuma.




OBSERVACIÓNS

*Non se fai mención das cantidades de sal, xa que o propio lacón vai soltar
 salinidade; no caso de que guste máis salgado, sería cuestión de rectificar a
 elaboración ao gusto.

Gañadores do concurso de coplas do Entroido do 2018.



O Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística do IES de Foz recoñece o bo facer á hora de armar coplas de entroido neste 2018 aos gañadores do concurso:



Alumnado de PMAR 3º ESO: Lakshmi Coto, Nerea Couto, David Edrosa, Anxo Marqués, Paula Otero, Miguel Rego e Nerea Yáñez.

Os nosos parabéns!!!

As coplas gañadoras son as seguintes: 


Coplas de Entroido

Pedides unhas coplas
Atentos á canción
Connosco ides pasar
Un rato bo.

Laconadas a fartar
Lambetadas a moreas
Non podemos resistirnos
A ningunha das enchentas.

O desfile xa chegou
Carrozas e comparsas
Polas rúas de Foz
É festa rachada.

O entroido xa chegou
A rir, cantar e bailar.
Todos xuntos en compaña
As tradicións continuar.


Agradecemos tamén a participación do alumnado do primeiro curso do Ciclo Formativo de Servizos administrativos: Daniel Cuadrado Baamonde, Alba Couto Barrientos e Admilson J. Varela Semedo.






jueves, 1 de marzo de 2018

Animádevos a participar no concurso "@ listiñ@ do mes"


Rapaces, xa comezou o concurso "@ listiñ@ do mes"! Prolongarase durante todo o segundo trimestre. Haberá uns premios para os gañadores. Animádevos a participar! As bases son as seguintes: 


1ª) CATEGORÍAS

Haberá unha categoría única. Poderán participar 1º e 2º da ESO e FP Básica.

2ª) PREGUNTAS A RESPOSTAR

Todos os luns poñeremos dúas preguntas que estarán escritas nun folio no pasillo entre as clases de 1º A e 1º B.

3ª) ENTREGA DAS RESPOSTAS

As respostas tédelas que meter nun buzón que estará no pasillo entre as clases de 2º A e 2º B. Poderedes entregalas ata o mércores de cada semana ata as 14:30 hs. Deberán poñer: respostas, nome, apelidos e clase do participante.
 
4ª) DATA DE INICIO DO CONCURSO

Comezaremos o concurso o luns 26 de febreiro. Ese día poremos as primeiras preguntas.


5ª) DATA DE FINALIZACIÓN DO CONCURSO

As últimas preguntas serán as do luns 19 de marzo.

6ª) Exposición das puntuacións

O venres de cada semana poñeremos un listado coas puntuacións de todos os participantes.

7ª) PREMIOS

As tres persoas con máis puntuación gañaŕan cada unha un vale, material de papelería por valor de 10 euros.

8ª) ENTREGA DE PREMIOS

O premio entregarase na biblioteca do IES no recreo do xoves 21 de marzo.


martes, 19 de diciembre de 2017

Concurso de postais de Nadal





Chema e Cao.

Recentemente no Instituto de Foz, celebrouse un concurso de postais de Nadal en galego. Houbo un xurado que valorou os traballos cos que participaron os alumnos e alumnas de 1º, 3º e 4º da ESO. A convocatoria do concurso fíxose en novembro e a data límte de entrega de postais foi o 4 de decembro.

O xurado foi o profesorado de plástica e outras materias. Valorouse a lingua do alumnado e a creatividade.

Con este concurso búscase que o alumnado mellore a súa expresión escrita en galego e a súa destreza debuxando.

As tres gañadores foron:

Laura García Rodríguez (3ºA)
Patricia Maseda Amil (1ºA)
Diana Labrada Pinto (1ºB)

lunes, 4 de diciembre de 2017

A continuación comartimos con vós os tres relatos gañadores do concurso literario celebrado na nosa biblioteca con motivo do Día pola Tolerancia do pasado 25 de novembro.





viernes, 3 de noviembre de 2017

Buzóns para o concurso polo día da tolerancia

Autor: Alejandro Cao.

 Informamos que xa están os buzóns para a entrega de traballos de relato curto sobre o día da tolerancia. Animádevos a participar!

O prazo de entrega dos traballos será dende o día 30 de outubro ata o día 10 de novembro.

Recordámosvos que se entregarán 3 premios a os concursantes que resulten gañadores.

O primeiro premio é un vale de 20€ para unha libraría. O segundo outro de 15€ e o terceiro un de 10€. Os premios entregaranse o dia 16 de novembro no recreo na biblioteca GRAZAS. 

martes, 9 de abril de 2013

Os Campións do Parlamento Xove!!!

Pois si. Aquí os tedes: Marina, Inma, Iria e Alejandro
Así de guapos posaban para nós antes de comezar esta aventura do Parlamento xove.

E este é Suso, o seu  profesor.


Estas imaxes corresponden a un dos días que estiveron na biblioteca practicando a oratoria, a argumentación, o debate, ... con público e xa vimos que o facían realmente ben. Os que estabamos alí quedamos moi sorprendidos non só coas súas argumentacións senón  coa súa maneira de expresalas.
Sentímonos orgullosos deles, cando, por iniciativa propia, decidiron participar no Certame Parlamento Xove. 
Sentímonos orgullosos deles cando pasaron á final e os vimos sorrir e gañar confianza. Medraron.
E agora, séntímonos orgullosos deles, que veñen cunha viaxe debaixo do brazo, porque non se asustaron do traballo extra que se lles viña enriba, porque se esforzaron, porque confiaron en sí mesmos, porque se deixaron ensinar, porque traballaron en equipo, e ademáis, abriron camiño. 
Gracias polo voso exemplo e noraboa! 
Que disfrutedes da viaxe!

martes, 2 de abril de 2013

Gañadores do concurso "IMPRESCINDIBLES"

Antes de nada queremos dar a noraboa a todo o alumnado que participou no concurso. O que pretendíamos era que coñecérades a vida e logros de moitas "mulleres imprescindibles" que non sempre son recoñecidas. Se ista actividade servíu para que saibades algo máis delas xa gañamos todos.

Pola súa dedicación e empeño en descubrir os nomes de tódalas mulleres que estaban nos paneis da entrada, polo traballo en equipo desenvolvido e pola organización demostrada para a búsqueda da información, os grupos de 3º ESO B e PCPI Adm. son os gañadores do concurso "Mulleres Imprescindibles".
Noraboa a tod@s!

viernes, 22 de marzo de 2013

POR FIN ACABAMOS !


Levamos dúas semanas participando nunha actividade proposta pola biblioteca. Esta consistía en identificar unha serie de   mulleres que destacaron ou destacan en distintos ámbitos.
Foi unha actividade moi productiva xa que aprendimos cousas que non sabiamos sobre esas mulleres. A pesar dos impedimentos que había nos seus tempos (machismo, dictadura, pobreza...) todas elas loitaron por conseguir o que querían.
Esto ensinounos que os limites poñémolos nos, que non debemos deixar que a sociedade ou ninguén nos impida cumplir os nosos soños.
Tamén foi unha actividade que nos axudou a mellorar como grupo, organizámonos ben, cooperamos e todos participamos nalgún momento da búsqueda.
Ao principio resultábanos moi fácil, pero co tempo a cousa foise complicando porque non sabiamos as pistas que nos quedaban por buscar.
Finalmente conseguimos o noso obxectivo: IR ALMORZAR todos xuntos.


O alumnado de 3º ESO B.

martes, 12 de marzo de 2013

As pistas...

  • Escritora, catedrática de lingua e literatura galega e figura relevante no movemento feminista. Creou a revista “Festa da palabra silenciada” escrita só por mulleres, que aínda dirixe.
  • Escritora máis coñecida polo seu seudónimo  literario Isak Dinesen. A súa vida foi levada ao cine na película “Memorias de África”
  • Escritora  e filósofa existencialista francesa  autora de “O segundo sexo”
  • Escritora británica, moi vinculada a África e  autora de “O caderno dourado”
  • A “Raíña da canción protesta” comprometida  polos dereitos civís e a non violencia.
  • Actriz galega coñecida polos seus “Pratos combinados” e remar “Mar adentro”
  • Foi a primeira española en cruzar o Polo Sur e unha das poucas mulleres que alcanzou a cima do Everest sen axuda de osixeno artificial.
  • Acábase de estrear como membro da RAG. Se pasas pola “biblio” atoparala de fronte.
  • Atleta galega considerada unha das mellores fondistas españolas de tódolos tempos. Especializada en maratón e campo a través, participou nos Xogos olímpicos de Pekín 2008 e Londres 2012
  • Poetisa e crítica literaria galega,  debátese entre “Cifras e Letras”.
  • Cantante e presentadora galega que nos anos 70 e 80 triunfou na canción lixeira. A súa música está moi unida ás romarías e festas populares.
  • É a primeira muller que alcanza a presidencia dun goberno en África.
  • Escritora. Considerada unha das primeiras feministas españolas, Membro destacado do Lyceum Club Feminino xunto a Victoria Kent e María de Maeztu.
  • Atleta africana campiona olímpica de 1500m en Barcelona 92, tivo que exiliarse a Francia tras recibir ameazas de grupos fundamentalistas islámicos polo feito de correr en pantalón corto e negarse a usar o velo en actos públicos.
  • Destacada avogada norteamericana, descendente dun escravo nacido en Carolina del Sur, que chegou a ocupar a casa máis branca.
  • Actriz sevillana recoñecida a nivel internacional. A súa gran oportunidade chegou coa serie “7 vidas” e dende entón non parou de traballar. Na actualidade é  unha chica Almodóvar.
  • A gran dama da literatura policíaca. Creadora de personaxes como Henri Paro te Miss Marple
  • Deseñadora francesa que revolucionou a moda feminina a principios do século XX. Vestiu as grandes musas do cine. Jackie Kennedy vestía un dos seus modelos o día que asasinaron ao seu home.
  • Astronauta rusa. Foi a primeira muller que tripulou unha nave espacial.
  • É considerada a primeira muller científica da historia.
  • Científica. Pionera en el estudio de la génesis, clasificación y cartografía de los suelos de la zona húmeda de España, está vinculada oa CSIC dende 1965.
  • A máis veterana e con máis experiencia das corresponsais de TVE.
  • Licenciada en Filosofía e Letras, profesora de Historia nun instituto público. Debutou como actriz aos 50 anos . Protagonista de “Solas”. Moi coñecida como a avoa dunha serie de televisión.
  • Activista africana encargada de organizar o movemento de paz que puxo fin á  2ª guerra civil de Liberia en 2003.
  • Pionera no campo da radiactividade. Foi a primeira persoa que recibiu dous premios Nobel en dúas especialidades distintas.
  • Unha das bailarinas máis aclamadas da escea mundial. Foi a bailarina principal do Royal Ballet de Londres durante doce anos, posto que acaba de abandoar para dirixir o English National Ballet.
  • É considerada a precursora da informática grazas aos seus estudos sobre a máquina de Babbage. A súa aportación ao campo da programación informática é tan recoñecido que o pasado 10 de decembro Google dedicoulle un doodle para celebrar o seu 197 cumpleanos.

  • Esta muller foi  detida e multada por negarse a  ceder  o seu  asento nun autobús público a un home de raza branca. Este acto cambiou a historia nos Estados Unidos. Barac Obama, recentemente, afirmou que sen ela non sería posible a súa situación actual.
  • Bibliotecaria. Apaixoada da expresión lingüística e a gramática, é autora do máis famoso Dicionario de Uso do Español.
  • É unha grande loitadora e defensora do agro galego. Pertence ao Sindicato Labrego Galego.Participou activamente, como conferenciante e activista, nos tres Foros Sociais Europeos celebrados en Florencia, París e Londres.
  • Pintora. Recibiu  a Medalla de Alfonso X el Sabio en recoñecemento polo seu labor docente. A súa obra formou parte da exposición:A arte inexistente: as artistas galegas do século XX
  • Deportista con dobre nacionalidade que nos Xogos Olímpicos de 1976 obtivo 7 puntuacións de 10, feito insólito ata ese momento no  mundo da ximnasia deportiva. Conta con nove medallas olímpicas, das que cinco son de ouro.
  • Recoñecida directora de cine que ocupou cargos de relevancia como a Dirección Xeral de Cinematografía ou a Dirección de Radiotelevisión Española. Posúe unha estrela no Paseo da Fama de Madrid.
  • No ano 2010 converteuse na primeira muller que alcanzaba a presidencia  do seu país, que se atopa  nas nosas Antípodas.
  • Activista política e ecoloxista africana. Loitadora contra a ditadura do  seu país, promoveu a creación do movemento “Cinturón Verde” centrado na plantación de árbores como recurso para a mellora das condicións de vida da poboación. 
  • Cantante africana, icona da loita contra o aparheid no seu país. En 1999 foi nomeada embaixadora de boa vontade das Nacións Unidas para a agricultura e alimentación (FAO)
  • Política. Participou activamente na independencia do seu país, pois era colonia británica. Foi Primeira Ministra do mesmo durante 15 anos. Foi asasinada polos seus gardaespaldas.
  • Política. Loitou contra o réxime militar do seu país e converteuse na primeira muller dirixente do mundo musulmán, aos ser elixida Primeira Ministra da Republica en 1988. Foi asasinada en 2007.
  • Figura emblemática da oposición contra a dictadura militar que ocupou o poder entre 1962 y 2011 . En 1991 concedéronlle o Premio Nobel pero o goberno do seu país que a mantiña baixo arresto,  non lle deixou saír  para recollelo. Tivo que esperar a xuño de 2012, para poder facelo.
  • Primeira muller en recibir o máis prestixioso premio da Arquitectura mundial. Deseñadora, entre  outras obras, do “Pabellón Puente”, un dos edificios principais da Expo de Zaragoza 2008.