O último día lectivo o Departamento de Educación Física en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega organizou unha actividade de xogos populares na que o alumnos e alumnas de 2º da ESO realizaron a función de monitores cos seus compañeiros de primeiro.
martes, 3 de julio de 2018
A nosa historia facémola nós
Neste curso escolar
desde o EDLG seguimos a reconstruír anacos de historia a partir de
fotografías familiares acompañadas do seu relato. A iniciativa
procura ir recuperando e poñendo en valor a nosa historia, a dos de
aquí e a do alumnado inmigrante tamén, achegándonos á súa
cultura e favorecendo a integración. Participou alumnado de 1º e 2º
ESO, para os que supuxo unha tarefa dentro da primeira avaliación na
materia de Lingua Galega. Do resto de cursos só participaron algúns
alumnos e alumnas de 4º ESO de xeito voluntario, animados pola súa
profesora de Galego. O labor posterior de dixitalización de textos e
imaxes deu como resultado unha exposición no corredor que conduce á
Biblioteca.
Etiquetas:
Actividades culturais,
Exposición,
historia,
Normalización,
Traballos do alumnado
Explorando as plantas da contorna
O presente traballo do alumnado de 1º da ESO da profesora de Bioloxía Montse Otero foi realizado en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega pola
importancia que ten nomear en galego árbores e plantas, ademais de
coñecer o seu nome científico e o recoñecemento no seu hábitat.
Etiquetas:
flora,
Traballo interdisciplinar,
Traballos do alumnado
Suscribirse a:
Entradas (Atom)