John Boyne naceu en Dublín, Irlanda, en 1971. Formouse no Trinity College e na Universidade de East Anglia, en Norwich. Autor doutras catro novelas —The Thief of Time, The Congress of Rough Riders, Crippen y Next of Kin—, O neno do pixama a raias supuxo a consecución dun éxito unánime en todos os países onde se publicou. Foi finalista dos premios Borders Original Voices y Ottakar’s Children’s Book Prize, e nomeada ao «Index on Censorship» Award, ao Premio Ungari Unicef e á Carnegie Medal.
Boyne narra nesta novela a historia dun neno de nove anos, Bruno, que en plena Segunda Guerra Mundial se traslada a vivir, xunto coa súa familia, ao campo de concentración de Auschwitz. Pero el non é un preso xudeu máis, senón o fillo do comandante nazi do campo de concentración. Sen que ninguén o saiba, pois intúe que non sería do agrado dos seus pais, Bruno consegue trabar amizade cun neno xudeu da súa idade que, inexplicablemente para el, sempre está vestido cun sucio pixama a raias. El e máis Shmuel, así se chama o seu novo amigo, vivirán unha “aventura” que nunca máis poderá esquecer o seu pai, o comandante nazi.Unha perspectiva da barbarie nazi vista dende a mentalidade inocente dun preadolescente que non é consciente da traxedia que se desenvolve ó seu arredor. Todo o horror que supuxo a crueldade dos campos de concentración, centrados no exterminio dos xudeus, resulta aínda maior cando aparece como paisaxe de fondo na vida agradable e cotiá dunha familia “normal”.Esta novela remove o corazón do lector: primeiro, polo aterrador do seu final e, segundo, porque nos lembra que a maldade humana nunca ten un rostro claramente identificable senón que se agocha detrás de todos nós.