Mostrando entradas con la etiqueta Convocatorias. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Convocatorias. Mostrar todas las entradas

martes, 4 de junio de 2019

Gañador@s do Certame Xosé Mosquera!

Estamos moi content@s porque o alumnado de 1º da ESO do IES de Foz gañou o I Certame Escolar Internacional de Podcats en galego Xosé Mosquera. Dito premio, que foi entregado no Museo do Pobo galego, é organizado pola Consellería de Cultura e Turismo e o IES Rosalía de Castro en colaboración con Arraianos Producións e apoiado polas fundacións Antonio Fraguas Fraguas e Rosalía de Castro, a RAG, o colectivo Ponte… nas Ondas!, a Radio Galega e a Escola Superior de Arte e Deseño Mestre Mateo.

O proxecto gañador creado polo noso alumnado, Antón Fraguas en directo, é unha iniciativa que parte dos alumnos de 1º da ESO que forman parte do Club de lectura do IES de Foz coordinado por Jesús García Cortázar e Manuel Abuín Neira.
Os alumnos teñen ideado unha entrevista radiofónica ficticia conducida por Antón Fraguas - sempre atento ás diversas manifestacións da cultura galega en diversos eidos, especialmente no antropolóxico - e os seus informantes, xentes do pobo, coñecedoras dos usos e costumes do ámbito rural. O contexto non é, porén, completamente ficticio: Antón Fraguas foi, efectivamente, dende o ano 1933, un dos primeiros locutores de continuidade dos estudios compostelanos de Unión Radio, situados na Praza da Universidade 5, 1º. As respostas dos entrevistados están baseadas na obra do propio Fraguas, que os alumnos reelaboraron con fantasía:
  • Manuela e Isolina; Orosia e Silveira: diálogo baseado en Brujas y brujeríos. Meigas y meigallos, en La Galicia insólita.
  • Ramón e Benito: intervencións baseadas en Los animales en el folklore. El lagarto, en La Galicia insólita.
  • Carme e Otilia: diálogo baseado en Ciencias encol das bruxas, artigo de Antón Fraguas para a revista NÓS (nº 96, Tomo 8, 15 de Nadal de 1931).
  • Trabalinguas proposto polo Vello dos contos: recollido por Antón Fraguas na revista NÓS (Do folklore de Armeses-Listanco; Maside; nº 96, 15 de Nadal de 1931).
A figura do popular Xosé Mosquera Pérez, O vello dos contos, pecha a entrevista.

Moitos parabéns para o alumnado de 1º da ESO!!!





lunes, 1 de abril de 2019

Comeza o concurso de receitas!

         Para representar no gastronómico a pluralidade cultural do alumnado de Hostalaría do IES de Foz, e promovendo asemade o uso do noso idioma, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Departamento de Hostalaría poñen en marcha un ano máis o "Concurso de receitas en galego". E este ano o alimento estrela serán... os chícaros ou berberechos!!



      Parte do alumnado non é da vila ou procede doutros países, de maneira que a participación nesta actividade intercultural pode enriquecer a preparación do produto coa pegada da súa cultura, nunha especie de mestizaxe culinaria.

         A continuación, referimos as bases do mesmo. Animádevos a participar! 

 BASES

 1. Pode participar calquera alumno ou alumna de todos os ciclos formativos de Hostalaría (inclúese FP Básica de Cociña) do IES de Foz.

 2. As receitas irán acompañadas dunha breve introdución (arredor de 100 palabras), froito do traballo de investigación do/a participante,sobre o produto base, o chícaro (descrición, hábitat...) e deben cumprir as características dos textos instrutivos en canto á forma e ao contido, polo que incluirán o nome da receita, os ingredientes e cantidades empregados e os diferentes pasos na elaboración.

 3. Cada receita debe incorporar como produto básico o chícaro, do que se facilitarán arredor de 400 g por persoa para elaborar o prato.

 4. O valor do acompañamento non superará o valor do xénero principal, os chícaros, estimado nuns 3 ou 4 euros.

 5. O idioma empregado nos textos debe ser o galego.  

6. A presentación dos textos das receitas ten que seguir as pautas acordadas polo grupo de traballo TIL (Tratamento Integrado de Linguas) que aparecen publicadas no blog (achavedaslinguas). 

7. Cada participante pode presentar unicamente unha receita. Os textos acompañaranse dun sobre pechado dentro do cal deben figurar os datos persoais e o nome da receita.   

8. O prazo de presentación de receitas comeza o día 28 de marzo e remata o 24 de abril.

 9. A fase práctica, para que o xurado valore as receitas previamente seleccionadas, contará cun tempo máximo de elaboración de hora e cuarto e realizarase o día 7 ou 8 de maio de 2019. Para calquera consulta, pódese falar co profesorado implicado (Sindo). 

 10. Os autores das receitas mellor valoradas polo xurado, composto por profesorado de Hostalaría, de Lingua Galega e do EDLG, serán premiados con diverso material ou roupa de cociña. Haberá un só premio se o número de participantes non chega a dez e serán dous os premios se se supera esa cifra. Ademais, os textos publicaranse na páxina web do centro. 

11. A decisión do xurado será inapelable.  

12. A participación neste concurso supón a aceptación das presentes bases. 

jueves, 1 de marzo de 2018

Animádevos a participar no concurso "@ listiñ@ do mes"


Rapaces, xa comezou o concurso "@ listiñ@ do mes"! Prolongarase durante todo o segundo trimestre. Haberá uns premios para os gañadores. Animádevos a participar! As bases son as seguintes: 


1ª) CATEGORÍAS

Haberá unha categoría única. Poderán participar 1º e 2º da ESO e FP Básica.

2ª) PREGUNTAS A RESPOSTAR

Todos os luns poñeremos dúas preguntas que estarán escritas nun folio no pasillo entre as clases de 1º A e 1º B.

3ª) ENTREGA DAS RESPOSTAS

As respostas tédelas que meter nun buzón que estará no pasillo entre as clases de 2º A e 2º B. Poderedes entregalas ata o mércores de cada semana ata as 14:30 hs. Deberán poñer: respostas, nome, apelidos e clase do participante.
 
4ª) DATA DE INICIO DO CONCURSO

Comezaremos o concurso o luns 26 de febreiro. Ese día poremos as primeiras preguntas.


5ª) DATA DE FINALIZACIÓN DO CONCURSO

As últimas preguntas serán as do luns 19 de marzo.

6ª) Exposición das puntuacións

O venres de cada semana poñeremos un listado coas puntuacións de todos os participantes.

7ª) PREMIOS

As tres persoas con máis puntuación gañaŕan cada unha un vale, material de papelería por valor de 10 euros.

8ª) ENTREGA DE PREMIOS

O premio entregarase na biblioteca do IES no recreo do xoves 21 de marzo.


viernes, 3 de noviembre de 2017

Buzóns para o concurso polo día da tolerancia

Autor: Alejandro Cao.

 Informamos que xa están os buzóns para a entrega de traballos de relato curto sobre o día da tolerancia. Animádevos a participar!

O prazo de entrega dos traballos será dende o día 30 de outubro ata o día 10 de novembro.

Recordámosvos que se entregarán 3 premios a os concursantes que resulten gañadores.

O primeiro premio é un vale de 20€ para unha libraría. O segundo outro de 15€ e o terceiro un de 10€. Os premios entregaranse o dia 16 de novembro no recreo na biblioteca GRAZAS. 

viernes, 18 de noviembre de 2011

DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

10 DE DECEMBRO

Con motivo deste día queremos, entre todos, facer unha reflexión a través dun traballo artístico e colaborativo. Propoñémosvos elaborar un cartel no que, a través dunha imaxe, un collage, un debuxo, … expresedes o que vos suxire o artigo que colocamos na vosa aula.

NORMAS

1. Haberá un único cartel por aula, ( polo tanto, debedes falar sobre o artigo que vos tocou e poñervos de acordo en qué aspecto queredes resaltar e cómo o ides facer)

2. No cartel debe aparecer o texto do artigo da declaración que vos tocou expresar.

3. Haberá cómo mínimo unha imaxe. (Pode ser unha foto, un debuxo, un collage, unha viñeta, … Sede creativos!)

4. Aparecerá un texto no que se explique o que quixestes expresar con esa imaxe.

PRAZO: Entregaranse os traballos na biblioteca escolar antes de día 2 de decembro.

MATERIAL:Haberá unha única cartulina (do formato axeitado)por aula na conserxería para realizar os carteis.

Todos os traballos serán expostos posteriormente nun lugar visible do centro.