Estamos moi content@s porque o alumnado de 1º da ESO do IES de Foz gañou o I Certame Escolar Internacional de Podcats en galego Xosé Mosquera. Dito premio, que foi entregado no Museo do Pobo galego, é organizado pola Consellería de Cultura e Turismo e o IES Rosalía de Castro en colaboración con Arraianos Producións e apoiado polas fundacións Antonio Fraguas Fraguas e Rosalía de Castro, a RAG, o colectivo Ponte… nas Ondas!, a Radio Galega e a Escola Superior de Arte e Deseño Mestre Mateo.
O proxecto gañador creado polo noso alumnado, Antón
Fraguas en directo, é unha iniciativa que parte dos alumnos de 1º da ESO que forman
parte do Club de lectura do IES de Foz coordinado por Jesús García
Cortázar e Manuel Abuín Neira.
Os alumnos teñen ideado
unha entrevista radiofónica ficticia conducida por Antón Fraguas -
sempre atento ás diversas manifestacións da cultura galega en
diversos eidos, especialmente no antropolóxico - e os seus
informantes, xentes do pobo, coñecedoras dos usos e costumes do
ámbito rural. O contexto non é, porén, completamente ficticio:
Antón Fraguas foi, efectivamente, dende o ano 1933, un dos primeiros
locutores de continuidade dos estudios compostelanos de Unión
Radio, situados na Praza da Universidade 5, 1º. As respostas dos
entrevistados están baseadas na obra do propio Fraguas, que os
alumnos reelaboraron con fantasía:
-
Manuela e Isolina; Orosia e Silveira: diálogo baseado en Brujas y brujeríos. Meigas y meigallos, en La Galicia insólita.
-
Carme e Otilia: diálogo baseado en Ciencias encol das bruxas, artigo de Antón Fraguas para a revista NÓS (nº 96, Tomo 8, 15 de Nadal de 1931).
-
Trabalinguas proposto polo Vello dos contos: recollido por Antón Fraguas na revista NÓS (Do folklore de Armeses-Listanco; Maside; nº 96, 15 de Nadal de 1931).
A figura do popular Xosé
Mosquera Pérez, O vello
dos contos, pecha a
entrevista.
Moitos parabéns para o alumnado de 1º da ESO!!!