lunes, 29 de abril de 2013

Exposición: A HISTORIA DO LIBRO

O alumnado de 4º ESO que cursa Cultura Clásica sumouse á celebración do día do libro investigando sobre a súa historia. O resultado é unha exposición que podedes ver nos paneis da biblioteca.
Aquí tedes un adianto. Vide e disfrutade!!!



domingo, 28 de abril de 2013

Vaia sorpresa!

Estamos empeñados en que leades e coñezades aos escritores/as maís relevantes do noso país, así que ocurreusenos levarvos a lectura alí onde, tarde ou temprano, todos pasamos...

viernes, 26 de abril de 2013

DÍA DO LIBRO: Lectura de poemas


Este ano quixemos dedicar o día do libro a Cantares Gallegos de Rosalía no 150 aniversario da súa publicación.
Ao longo do día, foron pasando diferentes cursos pola biblioteca. Alí vimos un pequeno video sobre o que supuxo esta obra na historia da literatura galega e da nosa língua. Despois os alumnos leron algunhas das poesías que forman parte da obra e por último, escoitamos algúns temas de Rosalía interpretados de xeito moi diferente por distintos músicos galegos. Aquí vos deixo algunhas fotos da xornada.
 





lunes, 22 de abril de 2013

Hoxe na biblio...XOSÉ MIRANDA


 O alumnado de 3º ESO leu a súa obra "As mans do medo". Hoxe puideron preguntarlle sobre ela e escoitaron algunhas lendas e contos narrados por el mesmo.
Prepararon unha entrevista e farán unha crónica desta visita que poderedes ler maís adiante.
De momento, unhas fotos.

 



martes, 9 de abril de 2013

Os Campións do Parlamento Xove!!!

Pois si. Aquí os tedes: Marina, Inma, Iria e Alejandro
Así de guapos posaban para nós antes de comezar esta aventura do Parlamento xove.

E este é Suso, o seu  profesor.


Estas imaxes corresponden a un dos días que estiveron na biblioteca practicando a oratoria, a argumentación, o debate, ... con público e xa vimos que o facían realmente ben. Os que estabamos alí quedamos moi sorprendidos non só coas súas argumentacións senón  coa súa maneira de expresalas.
Sentímonos orgullosos deles, cando, por iniciativa propia, decidiron participar no Certame Parlamento Xove. 
Sentímonos orgullosos deles cando pasaron á final e os vimos sorrir e gañar confianza. Medraron.
E agora, séntímonos orgullosos deles, que veñen cunha viaxe debaixo do brazo, porque non se asustaron do traballo extra que se lles viña enriba, porque se esforzaron, porque confiaron en sí mesmos, porque se deixaron ensinar, porque traballaron en equipo, e ademáis, abriron camiño. 
Gracias polo voso exemplo e noraboa! 
Que disfrutedes da viaxe!

martes, 2 de abril de 2013

Gañadores do concurso "IMPRESCINDIBLES"

Antes de nada queremos dar a noraboa a todo o alumnado que participou no concurso. O que pretendíamos era que coñecérades a vida e logros de moitas "mulleres imprescindibles" que non sempre son recoñecidas. Se ista actividade servíu para que saibades algo máis delas xa gañamos todos.

Pola súa dedicación e empeño en descubrir os nomes de tódalas mulleres que estaban nos paneis da entrada, polo traballo en equipo desenvolvido e pola organización demostrada para a búsqueda da información, os grupos de 3º ESO B e PCPI Adm. son os gañadores do concurso "Mulleres Imprescindibles".
Noraboa a tod@s!