miércoles, 29 de abril de 2009
Proba superada
Aquí tedes o resultado da proba de origami: o libro e outros dous deseños de Esteban e Manolito, alumnos de 1º ESO.
martes, 28 de abril de 2009
lunes, 27 de abril de 2009
David Pintor
martes, 14 de abril de 2009
Fondos de fotografía
As bases da banda
Dende hoxe e ata fin de mes podedes ver na biblioteca a interesante exposición As bases da banda, que propón unha breve introducción á historia e fundamentos técnicos do cómic. Paralelamente contamos cunha selección de banda deseñada dos fondos da biblioteca, tamén dispoñible para o préstamo.
A exposición enmárcase no programa de Exposicións en empréstito patrocinado pola Consellería de Cultura. A biblioteca do IES de Foz foi unha das seleccionadas para acoller as súas actividades, das que vos informaremos puntualmente.
viernes, 3 de abril de 2009
jueves, 2 de abril de 2009
O neno do pixama a raias. A película.
Título: El Niño Con El Pijama De Rayas Título Orixinal: The Boy In The Striped Pyjamas Xénero: Drama Nacionalidade: Reino Unido, USA Ano: 2007 Director: Mark Herman Guión: Mark Herman Reparto: David Thewlis, Vera Farmiga, Rupert Friend, Cara Horgan, Asa Butterfield, Amber Beattie
Baseada no libro de John Boyre e presentada estes días na sección oficial do festival de San Sebastián, fóra de concurso, El niño con el pijama de rayas sitúa a súa acción nos escuros días da segunda guerra mundial, nun campo de concentración de exterminio nazi, e na relación entre un neno ario, fillo do comandante do campo, e un neno xudeu, prisioneiro nese mesmo escenario. Mais o relato vai máis aló dos lugares comúns do seu referente e céntrase fundamentalmente no universo do neno protagonista, cos afáns e reaccións propios da súa idade (os libros de aventuras, os amigos e os xogos) e da súa interpretación e aprehensión da realidade: comeza chamándolle granxa ao campo de exterminio, sofre os rigores do seu profesor e do tenente mozo , observa as contradicións de súa irmá, de seus pais, de seus avós, e asume a súa responsabilidade, con só oito anos de idade, diante dos acontecementos que o rodean.
Ese desmarque dos tópicos habituais e esa vontade de respectar a mirada do neno coverten o filme nunha suxestiva e rigurosa relectura duns temas que, por razóns de memoria ou de entendemento, manteñen a súa actualidade e relevancia. As relacións co mundo dos adultos, a ambigüidade moral e ideolóxica daqueles, a incontestable verdade das situacións recreadas e, ao mesmo tempo, a inclinación polo sentido metafórico e non só anecdótico da historia que nos contan, determinan que o filme se siga, se lea, como unha encomiable sucesión de reflexións. Malia o inglés orixinal que substitúe ao alemán, e apoiado nun aplicado reparto, o filme de Herman contén suficientes aspectos de interese como para emocionar e concienciar a calquera espectador sensato.
miércoles, 1 de abril de 2009
Recetas na biblioteca
Os alumnos de 1º ESO poñen en prácticas as recetas que redactaron como práctica de textos prescriptivos. Estaba todo moi bó!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)