Mostrando entradas con la etiqueta Actividades culturais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Actividades culturais. Mostrar todas las entradas

martes, 4 de junio de 2019

Gañador@s do Certame Xosé Mosquera!

Estamos moi content@s porque o alumnado de 1º da ESO do IES de Foz gañou o I Certame Escolar Internacional de Podcats en galego Xosé Mosquera. Dito premio, que foi entregado no Museo do Pobo galego, é organizado pola Consellería de Cultura e Turismo e o IES Rosalía de Castro en colaboración con Arraianos Producións e apoiado polas fundacións Antonio Fraguas Fraguas e Rosalía de Castro, a RAG, o colectivo Ponte… nas Ondas!, a Radio Galega e a Escola Superior de Arte e Deseño Mestre Mateo.

O proxecto gañador creado polo noso alumnado, Antón Fraguas en directo, é unha iniciativa que parte dos alumnos de 1º da ESO que forman parte do Club de lectura do IES de Foz coordinado por Jesús García Cortázar e Manuel Abuín Neira.
Os alumnos teñen ideado unha entrevista radiofónica ficticia conducida por Antón Fraguas - sempre atento ás diversas manifestacións da cultura galega en diversos eidos, especialmente no antropolóxico - e os seus informantes, xentes do pobo, coñecedoras dos usos e costumes do ámbito rural. O contexto non é, porén, completamente ficticio: Antón Fraguas foi, efectivamente, dende o ano 1933, un dos primeiros locutores de continuidade dos estudios compostelanos de Unión Radio, situados na Praza da Universidade 5, 1º. As respostas dos entrevistados están baseadas na obra do propio Fraguas, que os alumnos reelaboraron con fantasía:
  • Manuela e Isolina; Orosia e Silveira: diálogo baseado en Brujas y brujeríos. Meigas y meigallos, en La Galicia insólita.
  • Ramón e Benito: intervencións baseadas en Los animales en el folklore. El lagarto, en La Galicia insólita.
  • Carme e Otilia: diálogo baseado en Ciencias encol das bruxas, artigo de Antón Fraguas para a revista NÓS (nº 96, Tomo 8, 15 de Nadal de 1931).
  • Trabalinguas proposto polo Vello dos contos: recollido por Antón Fraguas na revista NÓS (Do folklore de Armeses-Listanco; Maside; nº 96, 15 de Nadal de 1931).
A figura do popular Xosé Mosquera Pérez, O vello dos contos, pecha a entrevista.

Moitos parabéns para o alumnado de 1º da ESO!!!





lunes, 1 de abril de 2019

Comeza o concurso de receitas!

         Para representar no gastronómico a pluralidade cultural do alumnado de Hostalaría do IES de Foz, e promovendo asemade o uso do noso idioma, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Departamento de Hostalaría poñen en marcha un ano máis o "Concurso de receitas en galego". E este ano o alimento estrela serán... os chícaros ou berberechos!!



      Parte do alumnado non é da vila ou procede doutros países, de maneira que a participación nesta actividade intercultural pode enriquecer a preparación do produto coa pegada da súa cultura, nunha especie de mestizaxe culinaria.

         A continuación, referimos as bases do mesmo. Animádevos a participar! 

 BASES

 1. Pode participar calquera alumno ou alumna de todos os ciclos formativos de Hostalaría (inclúese FP Básica de Cociña) do IES de Foz.

 2. As receitas irán acompañadas dunha breve introdución (arredor de 100 palabras), froito do traballo de investigación do/a participante,sobre o produto base, o chícaro (descrición, hábitat...) e deben cumprir as características dos textos instrutivos en canto á forma e ao contido, polo que incluirán o nome da receita, os ingredientes e cantidades empregados e os diferentes pasos na elaboración.

 3. Cada receita debe incorporar como produto básico o chícaro, do que se facilitarán arredor de 400 g por persoa para elaborar o prato.

 4. O valor do acompañamento non superará o valor do xénero principal, os chícaros, estimado nuns 3 ou 4 euros.

 5. O idioma empregado nos textos debe ser o galego.  

6. A presentación dos textos das receitas ten que seguir as pautas acordadas polo grupo de traballo TIL (Tratamento Integrado de Linguas) que aparecen publicadas no blog (achavedaslinguas). 

7. Cada participante pode presentar unicamente unha receita. Os textos acompañaranse dun sobre pechado dentro do cal deben figurar os datos persoais e o nome da receita.   

8. O prazo de presentación de receitas comeza o día 28 de marzo e remata o 24 de abril.

 9. A fase práctica, para que o xurado valore as receitas previamente seleccionadas, contará cun tempo máximo de elaboración de hora e cuarto e realizarase o día 7 ou 8 de maio de 2019. Para calquera consulta, pódese falar co profesorado implicado (Sindo). 

 10. Os autores das receitas mellor valoradas polo xurado, composto por profesorado de Hostalaría, de Lingua Galega e do EDLG, serán premiados con diverso material ou roupa de cociña. Haberá un só premio se o número de participantes non chega a dez e serán dous os premios se se supera esa cifra. Ademais, os textos publicaranse na páxina web do centro. 

11. A decisión do xurado será inapelable.  

12. A participación neste concurso supón a aceptación das presentes bases. 

martes, 3 de julio de 2018

A nosa historia facémola nós



Neste curso escolar desde o EDLG seguimos a reconstruír anacos de historia a partir de fotografías familiares acompañadas do seu relato. A iniciativa procura ir recuperando e poñendo en valor a nosa historia, a dos de aquí e a do alumnado inmigrante tamén, achegándonos á súa cultura e favorecendo a integración. Participou alumnado de 1º e 2º ESO, para os que supuxo unha tarefa dentro da primeira avaliación na materia de Lingua Galega. Do resto de cursos só participaron algúns alumnos e alumnas de 4º ESO de xeito voluntario, animados pola súa profesora de Galego. O labor posterior de dixitalización de textos e imaxes deu como resultado unha exposición no corredor que conduce á Biblioteca.






lunes, 25 de junio de 2018

Creando bandas deseñadas

Chegado o mes de xuño, na materia de Lingua Galega, o alumnado de 1º ESO aplicou técnica e inventiva para crear unha banda deseñada.

Case sempre en parella ou pequeno grupo e en moi pouco tempo foron collendo forma historias incribles, moi reais, simpáticas, terribles...

O papel protagonista nalgúns casos corresponde a personaxes que saíron das lecturas  deste curso, coma Escarlatina ou Dona Perfecta, pero tamén hai superheroes e superheroínas, criaturas estrañas, coñecidos personaxes do mundo da banda deseñada...Ata atopamos na súa propia aventura a dúas das creadoras, Alba e Patricia.

Xunto a elas, asinan as outras historias desta pequena mostra  Raúl e Carlos; Bruno e Pablo; Manuel, David e Jorge; Diana e Noa; Diego e Daniel; Lois e Marco; Adan;  Laura e Noelia; Lucía e Selene; Joan.

Por limitacións de espazo non reproducimos aquí a totalidade destas fantásticas creacións, pero sí unha mostra que, coidamos, resulta representativa.




Fotografías sobre o urbanismo da contorna do centro realizadas polo Clube de Lectura de 1º da ESO

As seguintes fotografías sobre o urbanismo da contorna do noso centro xurdiron a partir da lectura E posterior reflexión arredor do cómic "A mansión dos Pampín" dentro do Clube de Lectura de 1º da ESO no 3º trimestre.




Interesantísimo programa radiofónico sobre os dinosaurios realizado por Patrick Santos

Nos vos perdades este ameno e formativo programa elaborado por Patrick

Programa radiofónico sobre a WWE do alumno Martín Marrube

O seguinte programa aborda a biografía de dous dos loitadores máis relevantes da WWE, Sasha Banks e Roman Reigns.

martes, 19 de junio de 2018

Estrea da reportaxe audiovisual "En galego en Foz" elaborada plo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES de Foz

O pasado martes 12 de xuño estrouse con grande éxito a reportaxe audiovisual "En galego en Foz" realizada polo Equipo de Dinamización Lingüística do IES de Foz e alumnado do centro. Nesta obra documental participaron en caldidade de entrevistados distintos veciños a vila que empregan a cotío a lingua galega no seu traballo. Tedes abaixo o enlace para acceder ao vídeo.


 

martes, 22 de mayo de 2018

Un mural a prol da nosa lingua e da tolerancia



O IES de Foz inaugurou este mes de maio un mural no patio no que se recollen distintos debuxos e palabras a prol da convivencia e a tolerancia e da posta en valor do galego como principal valor cultural dos galegos e galegas.







Participación no Correlingua 2018

O alumnado do IES de Foz de 1º e 2º da ESO participou o pasado 10 de maio no Correlingua 2018 que tivo lugar en Mondoñedo. A xornada rematou na praza da catedral con animadas actuacións musicais.





Conversando con Manuel Lourenzo

O IES de Foz tivo o privilexio este mes de maio de recibir a visita do célebre dramaturgo, director e actor teatral e televisivo Manuel Lourenzo que nunha charla co alumnado abordou diversas cuestións relacionadas coa súa traxectoria vital e profesional.

A charla abriuse cunha representación dun fragmento dunha das obras teatrais de Manuel Lourenzo a cargo de alumnado do centro.




lunes, 14 de mayo de 2018

Alejandro Cao fálanos de Cristina Pato no seu programa da Radio do IES de Foz





Podedes escoitar o programa adicado á música de Cristina Pato no seguinte enlace:

Locutores: Alejandro Cao e Chema López

Programa de Radio IES de Foz de Jose María González Rivas sobre a historia do automóbil

Neste programa de radio Chema fai un repaso á historia do automóbil e fálanos de tres marcas senlleiras desta industria.


Podes escoitar o programa en:

Queres participar na Radio do IES de Foz?

Estimado alumnado do IES de Foz, todos aqueles interesados en participar na radio do noso instituto (o estudio está xa montado) podedes facelo contactando con Xefe de Estudos de Nocturno Manolo Sánchez, ou dirixíndovos aos profesores do equipo da biblioteca do centro.

Animádevos!


martes, 8 de mayo de 2018

Celebración do Día do Libro 2018

A biblioteca do IES de Foz celebrou o Día do Libro (23 de abril) deste ano con varias 
 actividades, entre elas a exposición de publicacións curiosas pertencentes ao fondo da biblioteca, así coma un concurso no que partindo dunha foto que só amosaba as mans e un libro a comunidade educativa do centro tiña que adiviñar que profesor aparecía na mesma.








jueves, 26 de abril de 2018

Celebración do Día de Rosalía de Castro

A biblioteca do IES de Foz celebrou o pasado 24 de Febreiro o "Día de Rosalía de Castro" coa lectura do manifesto desta edición de conmemoración do nacemento da poeta, así como de varias das súas obras por parte de varias alumnas de 1º da ESO.


miércoles, 18 de abril de 2018

Saída a Guitiriz

Convidados polo IES de Guitiriz, participamosno roteiro encol do poeta Xosé María Díaz Castro. 

No paseo pola vila, aprendimos moito sobre este escritor e o seu poemario "Nimbos" a través dos guías compañeiros do IES de Guitiriz. Tamén tivemos oportunidade de coñecer ao director da Asociación "Xermolos", gran intelectual e promotor cultural, quen nos a abriu as portas da súa "Casa das Palabras".




Visita do alumnado do IES de Foz a Sargadelos

 Na saída a Sargadelos o alumnado do IES de Foz mergullámonos que queda a día de hoxe do soño de recuperación da memoria que Isaac Díaz Pardo fixo realidade. 

Puidemos comprender a enorme trascendencia que acadou esta industria cultural que temos tan preto.

Aquí tendes algunhas fotos:






 

Proxección do documental "Vigo 1972"

O Salón de Actos do IES de Foz acolleu o pasado 21 de marzo a proxección da longametraxe documental "VIGO 1972" coa participación no director do filme e profesor deste centro Roi Cagiao.