Chegado o mes de xuño, na materia de Lingua Galega, o alumnado de 1º
ESO aplicou técnica e inventiva para crear unha banda deseñada.
Case
sempre en parella ou pequeno grupo e en moi pouco tempo foron collendo
forma historias incribles, moi reais, simpáticas, terribles...
O papel
protagonista nalgúns casos corresponde a personaxes que saíron das
lecturas deste curso, coma Escarlatina ou Dona Perfecta, pero tamén hai
superheroes e superheroínas, criaturas estrañas, coñecidos personaxes
do mundo da banda deseñada...Ata atopamos na súa propia aventura a dúas
das creadoras, Alba e Patricia.
Xunto a elas, asinan as outras historias
desta pequena mostra Raúl e Carlos; Bruno e Pablo; Manuel, David e
Jorge; Diana e Noa; Diego e Daniel; Lois e Marco; Adan; Laura e Noelia;
Lucía e Selene; Joan.
Por limitacións de espazo non reproducimos aquí a totalidade destas fantásticas creacións, pero sí unha mostra que, coidamos, resulta representativa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario