medio ambiente.
Este luns o alumnado de 2º da ESO de reforzo de galego encargouse de desenvolver a presentación da biblioteca ás alumnas e alumnos de 1º da ESO. Como usuarias frecuentes, explicáronlles de forma amena como se distribúen os espacios da mesma, o funcionamento e as normas desta, así como referiron o tema deste curso da biblio: o medio ambiente.
Para o alumnado do IES de FOZ é moi importante evitar o aumento da contaminación medio ambiental, por iso puxeron en marcha unha actividade que consistiu en elaborar uns faroliños nos que o novo alumnado de escribise unha frase na que sinalase accións diarias coas que axudar a vivir nun mundo máis limpo. A presentación rematou cunha canción que explicaba como se debían reciclar os residuos.