viernes, 21 de diciembre de 2018

A gastronomía na biblioteca


O alumnado de 1ª da ESO A fixo un traballo práctico sobre os contidos teóricos traballados na clase de Lingua Castelá ao longo da 1ª avaliación. O resultado foi unha revista sobre gastronomía, “Delicias”, que recolle expresións populares, definicións, distintos tipos de textos segundo a intención ou forma do discurso, sempre tomando como referencia o tema da gastronomía.

A revista conta cunha sección especial, “Paquito el chocolatero”, que contén receitas que aparecen en libros, películas e videoxogos.

Para a presentación da revista o alumnado preparou distintas obras de teatro, feitas ou adaptadas por el@s mesm@s, coma ademais dunha desenvolta polo grupo de reforzo de lingua castelá de 1ª da ESO B. Todas elas, dalgunha maneira, tiveron relación coa comida, ao ser o fío condutor da proposta.

A revista quedou exposta na biblioteca á disposición de calquera que queira consultala ou botarlle unha ollada.

miércoles, 12 de diciembre de 2018

Mellorando a biblioteca


Temos un novo espazo de lectura e lecer!


O novo espazo de lectura na biblioteca foi feito polo alumnado do instituto nas horas de Educación Plástica e Visual.
A creatividade fíxose ver e así o podedes comprobar nestes novos asentos.😊



Están feitos a partir duns neumáticos vellos que, a partir de agora, terán unha nova vida. Ademais, son moi cómodos xa que teñen un coxín no medio.


Xa sabedes, tedes un novo espazo de lecer na biblioteca, que pode ser utilizado sempre que queirades (hora de lectura, presentacións de libros, actividades da biblio...).😁


miércoles, 24 de octubre de 2018

Adentrándose na biblioteca



O luns 22 de outubro houbo unha presentación para o novo alumnado feita polas compañeiras e compañeiros de reforzo de linguas de 2º da ESO.
Estas actividades dirixidas a 1º da ESO serviron de toma de contacto co centro e co seu alumnado. Desta maneira, desenvéronse unha obra de teatro e uns xogos cos que se quixo dar a benvida ao novo estudantado. A obra de teatro serviu para ensinarlles como funciona a biblioteca e os servizos que ten. Baseouse en catro libros diferentes: Mortadelo e Filemón, It, Harry Potter e Fariña. 




Para poñer en práctica a teoría da representación, fixeron varios xogos que consistían, por exemplo, en localizar libros pola súa signatura e apuntalos nunhas pizarras para posteriormente formar unha palabra.O grupo gañador foi o 3.

A continuación, aquí tedes algunha información que pode ser do seu interese:
Para os libros obrigatorios 10 dias e os non obligatorios 15 dias.
Horario: 09:50-14:00.

jueves, 11 de octubre de 2018

Novo ano, novas actividades!!!!!

Benvid@s ao blog do IES de Foz.

Este ano déronnos a nós, o alumnado de 3º ESO B PMAR, o pracer de abrir as noces; e nós encantad@s de informarvos das accións do centro.
Esperamos  servir de gran axuda.

Unha aperta! 




martes, 3 de julio de 2018

Xogos populares o último día de clase

O último día lectivo o Departamento de Educación Física en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega organizou unha actividade de xogos populares na que o alumnos e alumnas de 2º da ESO realizaron a función de monitores cos seus compañeiros de primeiro.





A nosa historia facémola nós



Neste curso escolar desde o EDLG seguimos a reconstruír anacos de historia a partir de fotografías familiares acompañadas do seu relato. A iniciativa procura ir recuperando e poñendo en valor a nosa historia, a dos de aquí e a do alumnado inmigrante tamén, achegándonos á súa cultura e favorecendo a integración. Participou alumnado de 1º e 2º ESO, para os que supuxo unha tarefa dentro da primeira avaliación na materia de Lingua Galega. Do resto de cursos só participaron algúns alumnos e alumnas de 4º ESO de xeito voluntario, animados pola súa profesora de Galego. O labor posterior de dixitalización de textos e imaxes deu como resultado unha exposición no corredor que conduce á Biblioteca.






Explorando as plantas da contorna



O presente traballo do alumnado de 1º da ESO da profesora de Bioloxía Montse Otero foi realizado en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega pola importancia que ten nomear en galego árbores e plantas, ademais de coñecer o seu nome científico e o recoñecemento no seu hábitat.






lunes, 25 de junio de 2018

Creando bandas deseñadas

Chegado o mes de xuño, na materia de Lingua Galega, o alumnado de 1º ESO aplicou técnica e inventiva para crear unha banda deseñada.

Case sempre en parella ou pequeno grupo e en moi pouco tempo foron collendo forma historias incribles, moi reais, simpáticas, terribles...

O papel protagonista nalgúns casos corresponde a personaxes que saíron das lecturas  deste curso, coma Escarlatina ou Dona Perfecta, pero tamén hai superheroes e superheroínas, criaturas estrañas, coñecidos personaxes do mundo da banda deseñada...Ata atopamos na súa propia aventura a dúas das creadoras, Alba e Patricia.

Xunto a elas, asinan as outras historias desta pequena mostra  Raúl e Carlos; Bruno e Pablo; Manuel, David e Jorge; Diana e Noa; Diego e Daniel; Lois e Marco; Adan;  Laura e Noelia; Lucía e Selene; Joan.

Por limitacións de espazo non reproducimos aquí a totalidade destas fantásticas creacións, pero sí unha mostra que, coidamos, resulta representativa.




Fotografías sobre o urbanismo da contorna do centro realizadas polo Clube de Lectura de 1º da ESO

As seguintes fotografías sobre o urbanismo da contorna do noso centro xurdiron a partir da lectura E posterior reflexión arredor do cómic "A mansión dos Pampín" dentro do Clube de Lectura de 1º da ESO no 3º trimestre.




Interesantísimo programa radiofónico sobre os dinosaurios realizado por Patrick Santos

Nos vos perdades este ameno e formativo programa elaborado por Patrick

Programa radiofónico sobre a WWE do alumno Martín Marrube

O seguinte programa aborda a biografía de dous dos loitadores máis relevantes da WWE, Sasha Banks e Roman Reigns.

martes, 19 de junio de 2018

Estrea da reportaxe audiovisual "En galego en Foz" elaborada plo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES de Foz

O pasado martes 12 de xuño estrouse con grande éxito a reportaxe audiovisual "En galego en Foz" realizada polo Equipo de Dinamización Lingüística do IES de Foz e alumnado do centro. Nesta obra documental participaron en caldidade de entrevistados distintos veciños a vila que empregan a cotío a lingua galega no seu traballo. Tedes abaixo o enlace para acceder ao vídeo.


 

lunes, 4 de junio de 2018

O clube de lectura de 1º da ESO adica este trimestre á banda deseñada

O clube de de lectura de 1º da ESO do IES de Foz adica este terceiro trimestre do curso á lectura do cómic de Miguelanxo Prado "A mansión dos Pampín", obra que analiza e satiriza sobre o desenvolvemento da ordenación urbana no noso país. Está proxectado que as integrantes do clube realicen ao final do trimestre unha exposición froito de recoller coas súas cámaras distintos fenómenos urbanísticos que se dan no concello.




martes, 22 de mayo de 2018

Un mural a prol da nosa lingua e da tolerancia



O IES de Foz inaugurou este mes de maio un mural no patio no que se recollen distintos debuxos e palabras a prol da convivencia e a tolerancia e da posta en valor do galego como principal valor cultural dos galegos e galegas.







Participación no Correlingua 2018

O alumnado do IES de Foz de 1º e 2º da ESO participou o pasado 10 de maio no Correlingua 2018 que tivo lugar en Mondoñedo. A xornada rematou na praza da catedral con animadas actuacións musicais.





Conversando con Manuel Lourenzo

O IES de Foz tivo o privilexio este mes de maio de recibir a visita do célebre dramaturgo, director e actor teatral e televisivo Manuel Lourenzo que nunha charla co alumnado abordou diversas cuestións relacionadas coa súa traxectoria vital e profesional.

A charla abriuse cunha representación dun fragmento dunha das obras teatrais de Manuel Lourenzo a cargo de alumnado do centro.




lunes, 14 de mayo de 2018

Alejandro Cao fálanos de Cristina Pato no seu programa da Radio do IES de Foz





Podedes escoitar o programa adicado á música de Cristina Pato no seguinte enlace:

Locutores: Alejandro Cao e Chema López

Programa de Radio IES de Foz de Jose María González Rivas sobre a historia do automóbil

Neste programa de radio Chema fai un repaso á historia do automóbil e fálanos de tres marcas senlleiras desta industria.


Podes escoitar o programa en:

Queres participar na Radio do IES de Foz?

Estimado alumnado do IES de Foz, todos aqueles interesados en participar na radio do noso instituto (o estudio está xa montado) podedes facelo contactando con Xefe de Estudos de Nocturno Manolo Sánchez, ou dirixíndovos aos profesores do equipo da biblioteca do centro.

Animádevos!


martes, 8 de mayo de 2018

Celebración do Día do Libro 2018

A biblioteca do IES de Foz celebrou o Día do Libro (23 de abril) deste ano con varias 
 actividades, entre elas a exposición de publicacións curiosas pertencentes ao fondo da biblioteca, así coma un concurso no que partindo dunha foto que só amosaba as mans e un libro a comunidade educativa do centro tiña que adiviñar que profesor aparecía na mesma.