lunes, 2 de mayo de 2022

Enquisa de mellora sobre a biblioteca

  


  Propoñémosvos novamente unha enquisa para coñecer o alcance das nosas propostas así como para poder mellorar o noso traballo. A enquisa está destinada a todos os membros da comunidade educativa, así que todas as respostas serán benvidas. 

    Podedes premer  aquí para acceder á enquisa.

   O prazo para cubrila será dun mes, é dicir, ata o próximo día 10 de xuño. 

    Agradecemos xa por adiantado a vosa colaboración e participación! Un saúdo!

miércoles, 27 de abril de 2022

Concurso polo Día do Libro: Libros que destapan un sorriso

Para celebrar o Día do Libro convidámosvos a participar no concurso: Libros que destapan un sorriso. Deixámosvos a continuación as bases. As fotografías están expostas na entrada do edificio principal. Esperamos que vos resulte divertido! Moita sorte a todos os participantes! CONCURSO DÍA DO LIBRO LIBROS QUE DESTAPAN UN SORRISO Bases do concurso: 1. Poderá participar todo o alumnado do IES de Foz. 2. O concurso consistirá en averiguar a que profesor ou profesora do centro corresponde cada fotografía. 3. O prazo para participar será desde o venres día 22 de abril ata o mércores día 4 de maio. 4. Unha vez que coñezan a solución deberase deixar a resposta na Caixa de Suxerencias que se atopa na biblioteca. Só se permitirá unha papeleta por participante. 5. As papeletas de participación atoparanse xunto aos expositores coas fotografías así como na propia biblioteca (na mesa de exposicións, xunto ás pistas). 6. O alumnado colaborador poderá colocar determinadas pistas en distintos lugares do centro durante 5 días consecutivos. Os lugares onde irán as pistas serán revelados diariamente a través do Instagram da biblioteca e tamén a través das pizarras que se encontran na mesa de entrada da biblioteca. 7. As pistas daranse entre os días 25 e 29. As fotos sobre as que versen as pistan poderán ser escollidas polo propio alumnado participante (cun comentario a través de Instagram indicando sobre que foto se quere a pista ou deixando un comentario nunha folla habilitada para este efecto na propia biblioteca). No seu defecto será o alumnado colaborador quen decida sobre que foto se dará a pista. 8. O xoves día 5 de maio revelarase o nome da persoa gañadora. Para iso, o alumnado organizador escollerá ao azar unha das papeletas depositadas na caixa (previamente mesturadas). Se as respostas son correctas e a papeleta está adecuadamente cuberta esa será a persoa gañadora. Se a papeleta non recolle as respostas correctas procederase a sacar outra e así sucesivamente ata que apareza a primeira papeleta correcta. 8. O sorteo e o nome da persoa gañadora será publicado en Instagram así como anunciado nas pizarras da mesa de entrada da biblioteca. 9. O premio consistirá nun VALE de 20 euros para canxear en calquera libraría do pobo. 10. A entrega do premio terá lugar o mércores 11 de maio ás 11:45h na biblioteca.

miércoles, 9 de marzo de 2022

8 de marzo. Día Internacional da Muller.

Como cada ano, para conmemorar la celebración do día 8 de marzo, Día Internacional da Muller, o noso alumnado colocou traballos, carteis e recomendacións de lecturas relacionadas con esta temática. Deixamos aquí algunhas fotos como mostra do traballo realizado. Agradecemos a todos os implicados a súa participación e colaboración. E coma sempre, tamén agradecemos o traballo dos nosos colaboradores de biblioteca, na preparación dos materiais e a decoración da mesa de exposicións.

jueves, 3 de marzo de 2022

Concurso de relato curto

Ola a todos! Este curso poñémonos tarde coa actualización do blog, porque sabemos que moitos de vós seguides as nosas novidades a través de Instagram. En todo caso non queremos deixar este espazo sen contido, así que aquí estamos para seguir achegando noticias que podan ser do voso interese. Comezamos, neste caso, co anuncio do Concurso de relato curto, que este ano ten por tema "A alimentación", xa que é o tema escollido pola biblioteca para este curso. Como ven sendo habitual será o alumnado de 2º ESO volutario de biblioteca o encargado do concurso, así como o xurado do mesmo. Deixámosvos aquí as bases e esperamos que vos animedes a participar! Ata pronto! 1. Poderá participar todo o alumnado do IES de Foz. 2. O concurso consistirá en escribir un relato relacionado co tema escollido pola biblioteca para traballar ao longo deste curso: a alimentación. 3. Haberá dúas categorías, establecéndose dous premios por categoría: -Alumnado de 1° e 2° ESO. -Alumnado de 3° e 4° ESO, Bac e FP. 4. Os premios consistirán en vales para canxear en calquera libraría do pobo. 5. O texto non sobrepasará as 500 palabras. 6. O prazo de presentación comeza o dia 3 de marzo e remata o día 3 de abril. 7. Poderá entregarse vía mail, en formato PDF. A dirección de entrega será: biblioiesfoz@gmail.com 8. O alumnado que non poida enviar o traballo por correo electrónico pódese poñer en contacto co Grupo 1 de colaboradores da biblioteca (pódese consultar o horario no taboleiro da biblioteca) ou coa encargada da biblioteca, quenes facilitarán unha forma alternativa de participación. 9. A presentación do microrrelato deberá cumprir as normas de entrega de traballos do instituto. 10. O xurado estará formado polo alumnado de 2° ESO que participa como colaborador de biblioteca. 11. Os relatos premiados daranse a coñercer despois das vacacións de Semana Santa e a entrega de premios terá lugar ao longo do mes de abril.