miércoles, 27 de abril de 2022
Concurso polo Día do Libro: Libros que destapan un sorriso
Para celebrar o Día do Libro convidámosvos a participar no concurso: Libros que destapan un sorriso.
Deixámosvos a continuación as bases. As fotografías están expostas na entrada do edificio principal. Esperamos que vos resulte divertido! Moita sorte a todos os participantes!
CONCURSO DÍA DO LIBRO
LIBROS QUE DESTAPAN UN SORRISO
Bases do concurso:
1. Poderá participar todo o alumnado do IES de Foz.
2. O concurso consistirá en averiguar a que profesor ou profesora do centro corresponde cada fotografía.
3. O prazo para participar será desde o venres día 22 de abril ata o mércores día 4 de maio.
4. Unha vez que coñezan a solución deberase deixar a resposta na Caixa de Suxerencias que se atopa na biblioteca. Só se permitirá unha papeleta por participante.
5. As papeletas de participación atoparanse xunto aos expositores coas fotografías así como na propia biblioteca (na mesa de exposicións, xunto ás pistas).
6. O alumnado colaborador poderá colocar determinadas pistas en distintos lugares do centro durante 5 días consecutivos. Os lugares onde irán as pistas serán revelados diariamente a través do Instagram da biblioteca e tamén a través das pizarras que se encontran na mesa de entrada da biblioteca.
7. As pistas daranse entre os días 25 e 29. As fotos sobre as que versen as pistan poderán ser escollidas polo propio alumnado participante (cun comentario a través de Instagram indicando sobre que foto se quere a pista ou deixando un comentario nunha folla habilitada para este efecto na propia biblioteca). No seu defecto será o alumnado colaborador quen decida sobre que foto se dará a pista.
8. O xoves día 5 de maio revelarase o nome da persoa gañadora. Para iso, o alumnado organizador escollerá ao azar unha das papeletas depositadas na caixa (previamente mesturadas). Se as respostas son correctas e a papeleta está adecuadamente cuberta esa será a persoa gañadora. Se a papeleta non recolle as respostas correctas procederase a sacar outra e así sucesivamente ata que apareza a primeira papeleta correcta.
8. O sorteo e o nome da persoa gañadora será publicado en Instagram así como anunciado nas pizarras da mesa de entrada da biblioteca.
9. O premio consistirá nun VALE de 20 euros para canxear en calquera libraría do pobo.
10. A entrega do premio terá lugar o mércores 11 de maio ás 11:45h na biblioteca.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario