Mostrando entradas con la etiqueta Exposición. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Exposición. Mostrar todas las entradas

lunes, 8 de junio de 2026

Día do Libro 2026, celebramos a banda deseñada

 Este ano dedicámoslle o Día do Libro, que se celebra o 23 de abril, á banda deseñada, cómic, quadrinhos, fumetti, bande dessinée ou como lle queiramos chamar. Como diría Shakespeare, "unha banda deseñada, por calquera outro nome, seguiría tendo viñetas." Ca, esperade, ou era unha rosa? 

Montamos un mural na entrada do edificio A. Na parte esquerda colocamos imaxes de autores canónicos do cómic europeo coma Miguelanxo Prado; personaxes clásicas do cómic europeo e estadounidense, coma Astérix e Obélix e Superman; dous pósters sobre dúas estrelas da ilustración contemporánea, Emma Ríos e Bea Lema; 






miércoles, 9 de octubre de 2024

Libros para coidar a nosa mente

 


Co gallo do Día da Saúde Mental, que se conmemora o 10 de outubro, a biblioteca ofrece unha selección de libros que poñen o foco neste tema, así como uns cantos consellos que nos poden axudar a coidar a nosa mente. Porque é fundamental para o noso benestar!





martes, 3 de julio de 2018

A nosa historia facémola nós



Neste curso escolar desde o EDLG seguimos a reconstruír anacos de historia a partir de fotografías familiares acompañadas do seu relato. A iniciativa procura ir recuperando e poñendo en valor a nosa historia, a dos de aquí e a do alumnado inmigrante tamén, achegándonos á súa cultura e favorecendo a integración. Participou alumnado de 1º e 2º ESO, para os que supuxo unha tarefa dentro da primeira avaliación na materia de Lingua Galega. Do resto de cursos só participaron algúns alumnos e alumnas de 4º ESO de xeito voluntario, animados pola súa profesora de Galego. O labor posterior de dixitalización de textos e imaxes deu como resultado unha exposición no corredor que conduce á Biblioteca.






lunes, 4 de junio de 2018

O clube de lectura de 1º da ESO adica este trimestre á banda deseñada

O clube de de lectura de 1º da ESO do IES de Foz adica este terceiro trimestre do curso á lectura do cómic de Miguelanxo Prado "A mansión dos Pampín", obra que analiza e satiriza sobre o desenvolvemento da ordenación urbana no noso país. Está proxectado que as integrantes do clube realicen ao final do trimestre unha exposición froito de recoller coas súas cámaras distintos fenómenos urbanísticos que se dan no concello.




martes, 8 de mayo de 2018

Celebración do Día do Libro 2018

A biblioteca do IES de Foz celebrou o Día do Libro (23 de abril) deste ano con varias 
 actividades, entre elas a exposición de publicacións curiosas pertencentes ao fondo da biblioteca, así coma un concurso no que partindo dunha foto que só amosaba as mans e un libro a comunidade educativa do centro tiña que adiviñar que profesor aparecía na mesma.








miércoles, 18 de abril de 2018

Saída a Guitiriz

Convidados polo IES de Guitiriz, participamosno roteiro encol do poeta Xosé María Díaz Castro. 

No paseo pola vila, aprendimos moito sobre este escritor e o seu poemario "Nimbos" a través dos guías compañeiros do IES de Guitiriz. Tamén tivemos oportunidade de coñecer ao director da Asociación "Xermolos", gran intelectual e promotor cultural, quen nos a abriu as portas da súa "Casa das Palabras".




Visita do alumnado do IES de Foz a Sargadelos

 Na saída a Sargadelos o alumnado do IES de Foz mergullámonos que queda a día de hoxe do soño de recuperación da memoria que Isaac Díaz Pardo fixo realidade. 

Puidemos comprender a enorme trascendencia que acadou esta industria cultural que temos tan preto.

Aquí tendes algunhas fotos:






 

jueves, 1 de marzo de 2018

Exposición Rosalía de Castro

Hai unha exposición de Rosalía de Castro na biblioteca do IES de Foz. Esta exposición fixérona o profesorado e os voluntarios da biblioteca e leva instalada dende o venres 23 de febreiro. A exposición consta de libros de Rosalía, un cartaz, flores de papel e poemas con forma de corazón.




viernes, 2 de febrero de 2018

Exposición sobre Castelao




Ao longo de todo o mes de xaneiro houbo

 unha  exposición sobre Castelao (que foi un 

escritor, debuxante e político galego moi

 famoso). Fixerona na biblioteca do IES de Foz 

 os profesores, profesoras e os voluntarios.

Montouse durante os recreos cos libros da
 
bibloteca, para os alumnos saiban quen foi

 Castelao. Patrick Santos






miércoles, 20 de diciembre de 2017

O IES de Foz decora a biblioteca navideña


Denisse 

O IES de Foz decorou no mes de decembro a biblioteca do instituto. Os voluntarios da biblioteca decoraronna coa axuda dos mestres. Puxeron: lazos, caixas de agasallos e espumillon, para dar o ambiente navideño como todos os meses de decembro. Todo quedou moi bonito e vistoso.





lunes, 6 de noviembre de 2017

Exposición no CEIP Cantel


Autor: Martin Marrube

O día 2 de novembro de 2017 fumos expoñer o CEIP Cantel. Fumos
Roi, Alejandro, Jose María, Patrick e Denisse.
Espuxemos a prehistoria e tamén os animais imaxinarios.
Decidimos facelo porque era algo que nos gustou
moito e sobre todo porque así os nenos de 6º,5º e 4º
do Cantel aprenderon algo máis grazas a nós. 

Este é o vídeo que elaboramos sobre os contidos da preshistoria


 

lunes, 15 de mayo de 2017

Carlos Casares na biblioteca do IES de Foz

Carlos Casares na biblioteca do IES de Foz on PhotoPeach

lunes, 6 de febrero de 2017

Día de Rosalía na biblioteca

Rosalía de Castro na biblioteca do IES de Foz on PhotoPeach

lunes, 29 de abril de 2013

Exposición: A HISTORIA DO LIBRO

O alumnado de 4º ESO que cursa Cultura Clásica sumouse á celebración do día do libro investigando sobre a súa historia. O resultado é unha exposición que podedes ver nos paneis da biblioteca.
Aquí tedes un adianto. Vide e disfrutade!!!