Neste curso escolar
desde o EDLG seguimos a reconstruír anacos de historia a partir de
fotografías familiares acompañadas do seu relato. A iniciativa
procura ir recuperando e poñendo en valor a nosa historia, a dos de
aquí e a do alumnado inmigrante tamén, achegándonos á súa
cultura e favorecendo a integración. Participou alumnado de 1º e 2º
ESO, para os que supuxo unha tarefa dentro da primeira avaliación na
materia de Lingua Galega. Do resto de cursos só participaron algúns
alumnos e alumnas de 4º ESO de xeito voluntario, animados pola súa
profesora de Galego. O labor posterior de dixitalización de textos e
imaxes deu como resultado unha exposición no corredor que conduce á
Biblioteca.
Mostrando entradas con la etiqueta historia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta historia. Mostrar todas las entradas
martes, 3 de julio de 2018
miércoles, 18 de abril de 2018
Proxección do documental "Vigo 1972"
O Salón de Actos do IES de Foz acolleu o pasado 21 de marzo a proxección da longametraxe documental "VIGO 1972" coa participación no director do filme e profesor deste centro Roi Cagiao.
Etiquetas:
Actividades culturais,
cine,
historia
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





