jueves, 13 de mayo de 2010

Uxío Novoneyra no IES de Foz

O ENDL do IES de Foz ten elaborado esta presentación que servirá de complemento visual ó recital da poesía de Novoneyra que levaremos a cabo o vindeiro xoves. As imaxes aluden a versos de Novoneyra que oiremos en boca de rapaces da ESO.


View more presentations from FOCEGO.

Entrevista a Uxío Novoneyra

Esta interesantísima entrevista inédita a Uxío Novoneyra que nos facilita ó IES de Foz o profesor Ramón Reimude foi realizada no ano 1985 no Instituto feminino de Lugo por un grupo de alumnas.













miércoles, 12 de mayo de 2010

Caza do tesouro do IES de Fene.

Caza do tesouro moi ben elaborada acerca de Uxio Novoneyra.

Plan LÍA 2010/2015 de Bibliotecas Escolares.

O conselleiro de Educación anunciou na súa intervención no Parlamento o plan LÍA 2010/2015 de Bibliotecas Escolares.

Novoneyra homenaxe a través da flora do Courel

O IES DE ARZÚA ofrecénos este fermoso e orixinal traballo:

martes, 11 de mayo de 2010

Novoneyra

Dende a BIBLIOTECA CPI “LUÍS DÍAZ MORENO” de BARALLA (LUGO), Delio envíannos este fermoso traballo:

Desde neno escoitei unha historia aterradora que, corenta anos despois, Uxío retoma para facer un romance: "Manoel de Ribadaira" e así recuperar a memoria histórica. Como en moitos lugares de Galicia, e non só de Galicia, no Courel tamén se practicaban "paseos" contra aquelas persoas que estaban baixo sospeita. Manoel Cela foi unha delas.

No noso "cole" fixemos un traballo sobre este poema. Dividímolo en secuencias e unha compañeira do equipo de biblioteca fixo as ilustracións. Con ese material fixemos unha exposición. Para compartilo con vós, elaboramos esta presentación