O alumnado de 1ª da ESO A fixo un traballo práctico sobre os contidos teóricos traballados na clase de Lingua Castelá ao longo da 1ª avaliación. O resultado foi unha revista sobre gastronomía, “Delicias”, que recolle expresións populares, definicións, distintos tipos de textos segundo a intención ou forma do discurso, sempre tomando como referencia o tema da gastronomía.
A revista conta
cunha sección especial, “Paquito el chocolatero”, que contén
receitas que aparecen en libros, películas e videoxogos.
Para a presentación
da revista o alumnado preparou distintas obras de teatro, feitas ou
adaptadas por el@s mesm@s,
coma ademais dunha desenvolta polo grupo de reforzo de lingua castelá
de 1ª da ESO B. Todas elas, dalgunha maneira, tiveron relación coa
comida, ao ser o fío condutor da proposta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario