miércoles, 29 de abril de 2009
Proba superada
Aquí tedes o resultado da proba de origami: o libro e outros dous deseños de Esteban e Manolito, alumnos de 1º ESO.
martes, 28 de abril de 2009
lunes, 27 de abril de 2009
David Pintor
O venres 24 de Abril, dentro do programa Letras Vivas, estivo no noso centro David Pintor,ilustrador, humorista gráfico, caricaturista e pintor, que impartiu un obradoiro de caricatura a un grupo de alumnos de 1ºESO.
Se pinchades na imaxe tedes acceso ó seu blog, onde podedes ver o seu traballo.
martes, 14 de abril de 2009
Fondos de fotografía
Unha pequena selección de fondos de fotografía e unha exposición de cámaras antigas que nos prestou Manolo Sánchez.
As bases da banda
Dende hoxe e ata fin de mes podedes ver na biblioteca a interesante exposición As bases da banda, que propón unha breve introducción á historia e fundamentos técnicos do cómic. Paralelamente contamos cunha selección de banda deseñada dos fondos da biblioteca, tamén dispoñible para o préstamo.
A exposición enmárcase no programa de Exposicións en empréstito patrocinado pola Consellería de Cultura. A biblioteca do IES de Foz foi unha das seleccionadas para acoller as súas actividades, das que vos informaremos puntualmente.
viernes, 3 de abril de 2009
jueves, 2 de abril de 2009
O neno do pixama a raias. A película.
Título: El Niño Con El Pijama De Rayas Título Orixinal: The Boy In The Striped Pyjamas Xénero: Drama Nacionalidade: Reino Unido, USA Ano: 2007 Director: Mark Herman Guión: Mark Herman Reparto: David Thewlis, Vera Farmiga, Rupert Friend, Cara Horgan, Asa Butterfield, Amber Beattie
Baseada no libro de John Boyre e presentada estes días na sección oficial do festival de San Sebastián, fóra de concurso, El niño con el pijama de rayas sitúa a súa acción nos escuros días da segunda guerra mundial, nun campo de concentración de exterminio nazi, e na relación entre un neno ario, fillo do comandante do campo, e un neno xudeu, prisioneiro nese mesmo escenario. Mais o relato vai máis aló dos lugares comúns do seu referente e céntrase fundamentalmente no universo do neno protagonista, cos afáns e reaccións propios da súa idade (os libros de aventuras, os amigos e os xogos) e da súa interpretación e aprehensión da realidade: comeza chamándolle granxa ao campo de exterminio, sofre os rigores do seu profesor e do tenente mozo , observa as contradicións de súa irmá, de seus pais, de seus avós, e asume a súa responsabilidade, con só oito anos de idade, diante dos acontecementos que o rodean.
Ese desmarque dos tópicos habituais e esa vontade de respectar a mirada do neno coverten o filme nunha suxestiva e rigurosa relectura duns temas que, por razóns de memoria ou de entendemento, manteñen a súa actualidade e relevancia. As relacións co mundo dos adultos, a ambigüidade moral e ideolóxica daqueles, a incontestable verdade das situacións recreadas e, ao mesmo tempo, a inclinación polo sentido metafórico e non só anecdótico da historia que nos contan, determinan que o filme se siga, se lea, como unha encomiable sucesión de reflexións. Malia o inglés orixinal que substitúe ao alemán, e apoiado nun aplicado reparto, o filme de Herman contén suficientes aspectos de interese como para emocionar e concienciar a calquera espectador sensato.
miércoles, 1 de abril de 2009
Recetas na biblioteca
Os alumnos de 1º ESO poñen en prácticas as recetas que redactaron como práctica de textos prescriptivos. Estaba todo moi bó!