jueves, 2 de abril de 2009

O neno do pixama a raias. A película.



Título: El Niño Con El Pijama De Rayas Título Orixinal: The Boy In The Striped Pyjamas Xénero: Drama Nacionalidade: Reino Unido, USA Ano: 2007 Director: Mark Herman Guión: Mark Herman Reparto: David Thewlis, Vera Farmiga, Rupert Friend, Cara Horgan, Asa Butterfield, Amber Beattie

Baseada no libro de John Boyre e presentada estes días na sección oficial do festival de San Sebastián, fóra de concurso, El niño con el pijama de rayas sitúa a súa acción nos escuros días da segunda guerra mundial, nun campo de concentración de exterminio nazi, e na relación entre un neno ario, fillo do comandante do campo, e un neno xudeu, prisioneiro nese mesmo escenario. Mais o relato vai máis aló dos lugares comúns do seu referente e céntrase fundamentalmente no universo do neno protagonista, cos afáns e reaccións propios da súa idade (os libros de aventuras, os amigos e os xogos) e da súa interpretación e aprehensión da realidade: comeza chamándolle granxa ao campo de exterminio, sofre os rigores do seu profesor e do tenente mozo , observa as contradicións de súa irmá, de seus pais, de seus avós, e asume a súa responsabilidade, con só oito anos de idade, diante dos acontecementos que o rodean.
Ese desmarque dos tópicos habituais e esa vontade de respectar a mirada do neno coverten o filme nunha suxestiva e rigurosa relectura duns temas que, por razóns de memoria ou de entendemento, manteñen a súa actualidade e relevancia. As relacións co mundo dos adultos, a ambigüidade moral e ideolóxica daqueles, a incontestable verdade das situacións recreadas e, ao mesmo tempo, a inclinación polo sentido metafórico e non só anecdótico da historia que nos contan, determinan que o filme se siga, se lea, como unha encomiable sucesión de reflexións. Malia o inglés orixinal que substitúe ao alemán, e apoiado nun aplicado reparto, o filme de Herman contén suficientes aspectos de interese como para emocionar e concienciar a calquera espectador sensato.

No hay comentarios:

Publicar un comentario