Rapaces, xa comezou o concurso "@ listiñ@ do mes"! Prolongarase durante todo o segundo trimestre. Haberá uns premios para os gañadores. Animádevos a participar! As bases son as seguintes:
1ª)
CATEGORÍAS
Haberá
unha categoría única. Poderán participar 1º e 2º da ESO e FP
Básica.
2ª)
PREGUNTAS A RESPOSTAR
Todos
os luns poñeremos dúas preguntas que estarán escritas nun folio no
pasillo entre as clases de 1º A e 1º B.
3ª)
ENTREGA DAS RESPOSTAS
As
respostas tédelas que meter nun buzón que estará no pasillo entre
as clases de 2º A e 2º B. Poderedes entregalas ata o mércores de
cada semana ata as 14:30 hs. Deberán poñer: respostas, nome,
apelidos e clase do participante.
4ª)
DATA DE INICIO DO CONCURSO
Comezaremos
o concurso o luns 26 de febreiro. Ese día poremos as primeiras
preguntas.
5ª)
DATA DE FINALIZACIÓN DO CONCURSO
As
últimas preguntas serán as do luns 19 de marzo.
6ª)
Exposición das puntuacións
O
venres de cada semana poñeremos un listado coas puntuacións de
todos os participantes.
7ª)
PREMIOS
As
tres persoas con máis puntuación gañaŕan cada unha un vale,
material de papelería por valor de 10 euros.
8ª)
ENTREGA DE PREMIOS
O
premio entregarase na biblioteca do IES no recreo do xoves 21 de
marzo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario