martes, 31 de marzo de 2009

3 DE ABRIL. CINE FORUM: STAND BY ME


Conta comigo

Título Orixinal: Stand by Me Nacionalidade: EE.UU., 1986 Xénero: Aventuras/Infantil Duración: 85 minutos
Director: Rob REINER Guión: Raynold Gideon baseado na novela El cuerpo de Stephen King Fotografía: Thomas del Ruth Música: Jack Nitzsche Producción: B.A.Evans y R.Gideon para Columbia

Reparto: Will Wheaton (Gordie Lachance), River Phoenix (Chris Chambers), Corey Feldman (Teddy Duchamp), Jerry O´Connell (Vern Tessio), Richard Dreyfus (Gordon Lachance adulto), Kiefer Sutherland (líder de los Cobras), Casey Ciemaszko (Billy Tessio), Marshall Bell (Sr. Lachance), Frances Lee McCain (Sra. Lachance), Scott Beach (mayor Grundy), Gary Riley, Bradley Gregg, Jason Oliver (los Cobras), Bruce Kirby (Quidacioluo)

Gordon Lachance, xa adulto, lembra a que foi a máis emocionante aventura da súa vida. Tivo lugar nunha pequena vila de Oregón, ó final dunhas vacacións da súa infancia: catro amigos emprenderon unha fantástica aventura en busca dun rapaz desaparecido. Xogando a ser heroes, Gordie, Chris, Teddy e Vern atópanse no medio dun ambiente hostil no que deben valerse por sí mesmos. Contarán historias, vivirán diversas peripecias e enfrontaranse a unha panda de rapazes maiores: a experiencia cambiraos para sempre.

Fronte á moitas películas de tema xuvenil que plantean aventuras inverosímiles e intrascendentes, este fermoso film do irregular realizador Rob Reiner logra transmitir con fonda sinceridade a importancia da amizade no período de transición da infancia á adolescencia e a intensidade das ilusións e emocións que entón se descubren e comparten.

A estructura do filme xira en torno ó coñecido procedemento da viaxe iniciática, unha viaxe real que supón un cambio radical nos protagonistas: unha aventura que os permite pasar da infancia ó complexo mundo da adolescencia. A historia está narrada como un gran flash-back na que un dos protagonistas rememora unha vivencia infantil. Hai, polo tanto, dous planos temporais moi alonxados entre sí pero unidos pola vida do narrador.

Destacan poderosamente nesta sinxela obra a solidez dos diálogos, que debuxan con claridade ós protagonistas, a gran interpretación dos rapaces ( entre eles o coñecido e malogrado River Phoenix) e a acertadísima ambientación musical.


Stand by é un filme sinxelo e emocionante, que plantea sen ambiguidade un intenso proceso de identificación do espectador cos protagonistas.

No hay comentarios: