- Escritora, catedrática de lingua e literatura galega e figura relevante no movemento feminista. Creou a revista “Festa da palabra silenciada” escrita só por mulleres, que aínda dirixe.
- Escritora máis coñecida polo seu seudónimo literario Isak Dinesen. A súa vida foi levada ao cine na película “Memorias de África”
- Escritora e filósofa existencialista francesa autora de “O segundo sexo”
- Escritora británica, moi vinculada a África e autora de “O caderno dourado”
- A “Raíña da canción protesta” comprometida polos dereitos civís e a non violencia.
- Actriz galega coñecida polos seus “Pratos combinados” e remar “Mar adentro”
- Foi a primeira española en cruzar o Polo Sur e unha das poucas mulleres que alcanzou a cima do Everest sen axuda de osixeno artificial.
- Acábase de estrear como membro da RAG. Se pasas pola “biblio” atoparala de fronte.
- Atleta galega considerada unha das mellores fondistas españolas de tódolos tempos. Especializada en maratón e campo a través, participou nos Xogos olímpicos de Pekín 2008 e Londres 2012
- Poetisa e crítica literaria galega, debátese entre “Cifras e Letras”.
- Cantante e presentadora galega que nos anos 70 e 80 triunfou na canción lixeira. A súa música está moi unida ás romarías e festas populares.
- É a primeira muller que alcanza a presidencia dun goberno en África.
- Escritora. Considerada unha das primeiras feministas españolas, Membro destacado do Lyceum Club Feminino xunto a Victoria Kent e María de Maeztu.
- Atleta africana campiona olímpica de 1500m en Barcelona 92, tivo que exiliarse a Francia tras recibir ameazas de grupos fundamentalistas islámicos polo feito de correr en pantalón corto e negarse a usar o velo en actos públicos.
- Destacada avogada norteamericana, descendente dun escravo nacido en Carolina del Sur, que chegou a ocupar a casa máis branca.
- Actriz sevillana recoñecida a nivel internacional. A súa gran oportunidade chegou coa serie “7 vidas” e dende entón non parou de traballar. Na actualidade é unha chica Almodóvar.
- A gran dama da literatura policíaca. Creadora de personaxes como Henri Paro te Miss Marple
- Deseñadora francesa que revolucionou a moda feminina a principios do século XX. Vestiu as grandes musas do cine. Jackie Kennedy vestía un dos seus modelos o día que asasinaron ao seu home.
- Astronauta rusa. Foi a primeira muller que tripulou unha nave espacial.
- É considerada a primeira muller científica da historia.
- Científica. Pionera en el estudio de la génesis, clasificación y cartografía de los suelos de la zona húmeda de España, está vinculada oa CSIC dende 1965.
- A máis veterana e con máis experiencia das corresponsais de TVE.
- Licenciada en Filosofía e Letras, profesora de Historia nun instituto público. Debutou como actriz aos 50 anos . Protagonista de “Solas”. Moi coñecida como a avoa dunha serie de televisión.
- Activista africana encargada de organizar o movemento de paz que puxo fin á 2ª guerra civil de Liberia en 2003.
- Pionera no campo da radiactividade. Foi a primeira persoa que recibiu dous premios Nobel en dúas especialidades distintas.
- Unha das bailarinas máis aclamadas da escea mundial. Foi a bailarina principal do Royal Ballet de Londres durante doce anos, posto que acaba de abandoar para dirixir o English National Ballet.
É considerada a precursora da informática grazas aos seus estudos sobre a máquina de Babbage. A súa aportación ao campo da programación informática é tan recoñecido que o pasado 10 de decembro Google dedicoulle un doodle para celebrar o seu 197 cumpleanos.
- Esta muller foi detida e multada por negarse a ceder o seu asento nun autobús público a un home de raza branca. Este acto cambiou a historia nos Estados Unidos. Barac Obama, recentemente, afirmou que sen ela non sería posible a súa situación actual.
- Bibliotecaria. Apaixoada da expresión lingüística e a gramática, é autora do máis famoso Dicionario de Uso do Español.
- É unha grande loitadora e defensora do agro galego. Pertence ao Sindicato Labrego Galego.Participou activamente, como conferenciante e activista, nos tres Foros Sociais Europeos celebrados en Florencia, París e Londres.
- Pintora. Recibiu a Medalla de Alfonso X el Sabio en recoñecemento polo seu labor docente. A súa obra formou parte da exposición:A arte inexistente: as artistas galegas do século XX
- Deportista con dobre nacionalidade que nos Xogos Olímpicos de 1976 obtivo 7 puntuacións de 10, feito insólito ata ese momento no mundo da ximnasia deportiva. Conta con nove medallas olímpicas, das que cinco son de ouro.
- Recoñecida directora de cine que ocupou cargos de relevancia como a Dirección Xeral de Cinematografía ou a Dirección de Radiotelevisión Española. Posúe unha estrela no Paseo da Fama de Madrid.
- No ano 2010 converteuse na primeira muller que alcanzaba a presidencia do seu país, que se atopa nas nosas Antípodas.
- Activista política e ecoloxista africana. Loitadora contra a ditadura do seu país, promoveu a creación do movemento “Cinturón Verde” centrado na plantación de árbores como recurso para a mellora das condicións de vida da poboación.
- Cantante africana, icona da loita contra o aparheid no seu país. En 1999 foi nomeada embaixadora de boa vontade das Nacións Unidas para a agricultura e alimentación (FAO)
- Política. Participou activamente na independencia do seu país, pois era colonia británica. Foi Primeira Ministra do mesmo durante 15 anos. Foi asasinada polos seus gardaespaldas.
- Política. Loitou contra o réxime militar do seu país e converteuse na primeira muller dirixente do mundo musulmán, aos ser elixida Primeira Ministra da Republica en 1988. Foi asasinada en 2007.
- Figura emblemática da oposición contra a dictadura militar que ocupou o poder entre 1962 y 2011 . En 1991 concedéronlle o Premio Nobel pero o goberno do seu país que a mantiña baixo arresto, non lle deixou saír para recollelo. Tivo que esperar a xuño de 2012, para poder facelo.
- Primeira muller en recibir o máis prestixioso premio da Arquitectura mundial. Deseñadora, entre outras obras, do “Pabellón Puente”, un dos edificios principais da Expo de Zaragoza 2008.
martes, 12 de marzo de 2013
As pistas...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario