Con motivo da celebración resdo día da muller dende a biblioteca convocamos un concurso dirixido a todo o alumnado.
EN QUE CONSISTE?
Na entrada do edificio A (diante da biblioteca) están expostas estas fotos e moitas máis. Son algunhas mulleres relevantes de tódolos tempos.
Noutro panel aparecen pistas sobre a vida de cada unha delas.
Debedes completar unha ficha co nome da muller, a data e país de nacemento, o campo no que destacou e se tivo algún recoñecemento polo seu labor.
Debedes completar unha ficha co nome da muller, a data e país de nacemento, o campo no que destacou e se tivo algún recoñecemento polo seu labor.
Podedes pedir na biblioteca tantas como necesitedes.
QUEN PODE PARTICIPAR?
Todo o alumnado matriculado no IES de Foz.
Uhna mesma persoa pode participar tantas veces como queira pero contabilizaranse as fichas por grupos (1º ESO A, 3º ESO B, PCPI …)
ATA CANDO?
Podedes completar as fichas e entregalas ata o día 22 de marzo ás 14. 30 h.
O grupo gañador darase a coñecer á volta de vacacións.
PREMIO
O curso gañador será o convidado especial na semana de almorzos que tódolos anos organiza o departamento de hostalaría. Realmente saboroso!
Podedes ver no blog como disfrutaron os premiados do ano pasado!
No hay comentarios:
Publicar un comentario