As pistas...
- Escritora, catedrática de lingua e
literatura galega e figura relevante no movemento feminista. Creou a revista
“Festa da palabra silenciada” escrita só por mulleres, que aínda dirixe.
- Escritora máis
coñecida polo seu seudónimo literario
Isak Dinesen. A súa vida foi levada ao cine na película “Memorias de África”
- Escritora e
filósofa existencialista francesa autora
de “O segundo sexo”
- Escritora británica, moi vinculada a África e autora de “O caderno dourado”
- A “Raíña da canción protesta” comprometida polos dereitos civís e a non violencia.
- Actriz galega coñecida polos seus “Pratos combinados” e
remar “Mar adentro”
- Foi a primeira española en cruzar o Polo Sur e unha das
poucas mulleres que alcanzou a cima do Everest sen axuda de osixeno artificial.
- Acábase de estrear como membro da RAG. Se pasas pola
“biblio” atoparala de fronte.
- Atleta galega considerada unha das mellores fondistas
españolas de tódolos tempos. Especializada en maratón e campo a través,
participou nos Xogos olímpicos de Pekín 2008 e Londres 2012
- Poetisa e crítica literaria galega, debátese entre “Cifras e Letras”.
- Cantante e presentadora galega que nos anos 70 e 80
triunfou na canción lixeira. A súa música está moi unida ás romarías e festas
populares.
- É a primeira muller que alcanza a presidencia dun
goberno en África.
- Escritora. Considerada unha das primeiras feministas
españolas, Membro destacado do Lyceum Club Feminino xunto a Victoria Kent e
María de Maeztu.
- Atleta africana campiona olímpica de 1500m en Barcelona
92, tivo que exiliarse a Francia tras recibir ameazas de grupos
fundamentalistas islámicos polo feito de correr en pantalón corto e negarse a
usar o velo en actos públicos.
- Destacada avogada norteamericana, descendente dun escravo
nacido en Carolina del Sur, que chegou a ocupar a casa máis branca.
- Actriz sevillana recoñecida a nivel internacional. A
súa gran oportunidade chegou coa serie “7 vidas” e dende entón non parou de
traballar. Na actualidade é unha chica
Almodóvar.
- A gran dama da literatura policíaca. Creadora de personaxes
como Henri Paro te Miss Marple
- Deseñadora
francesa que revolucionou a moda feminina a principios do século XX. Vestiu as
grandes musas do cine. Jackie Kennedy vestía un dos seus modelos o día que
asasinaron ao seu home.
- Astronauta
rusa. Foi a primeira muller que tripulou unha nave espacial.
- É considerada a
primeira muller científica da historia.
- Científica. Pionera
en el estudio de la génesis, clasificación y cartografía de los suelos de la
zona húmeda de España, está vinculada oa CSIC dende 1965.
- A máis veterana e
con máis experiencia das corresponsais de TVE.
- Licenciada en
Filosofía e Letras, profesora de Historia nun instituto público. Debutou como
actriz aos 50 anos . Protagonista de “Solas”. Moi coñecida como a avoa dunha
serie de televisión.
- Activista africana
encargada de organizar o movemento de paz que puxo fin á 2ª guerra civil de Liberia en 2003.
- Pionera no campo
da radiactividade. Foi a primeira persoa que recibiu dous premios Nobel en dúas
especialidades distintas.
- Unha das
bailarinas máis aclamadas da escea mundial. Foi a bailarina principal do Royal
Ballet de Londres durante doce anos, posto que acaba de abandoar para dirixir o
English National Ballet.
É
considerada a precursora da informática grazas aos seus estudos sobre a máquina
de Babbage. A súa aportación ao campo da programación informática é tan
recoñecido que o pasado 10 de decembro Google dedicoulle un doodle para
celebrar o seu 197 cumpleanos.
- Esta muller
foi detida e multada por negarse a ceder
o seu asento nun autobús público
a un home de raza branca. Este acto cambiou a historia nos Estados Unidos.
Barac Obama, recentemente, afirmou que sen ela non sería posible a súa
situación actual.
- Bibliotecaria. Apaixoada da expresión lingüística e a
gramática, é autora do máis famoso Dicionario de Uso do Español.
- É
unha grande loitadora e defensora do agro galego. Pertence ao Sindicato Labrego
Galego.Participou activamente, como conferenciante e activista, nos tres Foros
Sociais Europeos celebrados en Florencia, París e Londres.
- Pintora.
Recibiu a Medalla de Alfonso X el Sabio en recoñecemento polo seu labor
docente. A súa obra formou parte da exposición:A arte inexistente: as
artistas galegas do século XX
- Deportista
con dobre nacionalidade que nos Xogos Olímpicos de 1976 obtivo 7 puntuacións de
10, feito insólito ata ese momento no
mundo da ximnasia deportiva. Conta con nove medallas olímpicas, das que
cinco son de ouro.
- Recoñecida
directora de cine que ocupou cargos de relevancia como a Dirección Xeral de Cinematografía ou a Dirección de
Radiotelevisión Española. Posúe unha estrela no Paseo da Fama de Madrid.
- No ano 2010 converteuse
na primeira muller que alcanzaba a presidencia
do seu país, que se atopa nas
nosas Antípodas.
- Activista política
e ecoloxista africana. Loitadora contra a ditadura do seu país, promoveu
a creación do movemento “Cinturón Verde” centrado na plantación de árbores como
recurso para a mellora das condicións de vida da poboación.
- Cantante africana, icona da loita contra o
aparheid no seu país. En 1999 foi
nomeada embaixadora de boa vontade das Nacións Unidas para a agricultura e
alimentación (FAO)
- Política. Participou activamente na independencia do
seu país, pois era colonia británica. Foi Primeira Ministra do mesmo durante 15
anos. Foi asasinada polos seus gardaespaldas.
- Política.
Loitou contra o réxime militar do seu país e converteuse na primeira muller
dirixente do mundo musulmán, aos ser elixida Primeira Ministra da Republica en
1988. Foi asasinada en 2007.
- Figura emblemática da oposición contra a dictadura militar que ocupou o poder entre 1962 y 2011 . En 1991 concedéronlle
o Premio Nobel pero o goberno do seu país que a mantiña baixo arresto, non lle deixou saír para recollelo. Tivo que esperar a xuño de 2012, para
poder facelo.
- Primeira muller en recibir o máis prestixioso premio da
Arquitectura mundial. Deseñadora, entre outras obras, do “Pabellón Puente”, un dos
edificios principais da Expo de Zaragoza 2008.
No hay comentarios:
Publicar un comentario