viernes, 20 de noviembre de 2009
Os megatoxos
O escritor Anxo Fariña veu visitarnos o venres 6 ao IES de Foz. Falou de onde sacou a idea dos Megatoxos. Un día, cando estaba na casa dun amigo seu, este preguntoulle se podía facer un libro con calquera cousa e el díxolle que lle dixera unha e que el o intentaría. O amigo mirou pola ventá e señaloulle un toxo. El fixo a historia e, como lle gustou moito a idea, creou os Megatoxos. Tamén nos estivo explicando como facía os libros e os ilustraba el mesmo, porque el é: ilustrador, escritor e... moitas cousas máis.
Ademais, dixo que sacara un novo libro chamado “Os templarios da luz”
Comentounos que escribe e ilustra libros para xente de todas as idades, dende nenos de 3-4 anos ata xente maior.
Vanesa Balseiro García 2ºA
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario