viernes, 20 de noviembre de 2009

Anxo Fariña e os MegaToxos


Anxo Fariña visitou o instituto de Foz para falarnos da súa coleción dos Megatoxos. Aproveitou este acto para presentarnos un novo libro desta saga (Os MegaToxos e os templarios da luz).
Explicounos no que se inspiraba el para facer historias; neste caso en concreto baseouse nun toxo para escribir estes libros. As ilustracións están feitas por el, os debuxos son moi peculiares e únicos.
Comentounos que todas as historias nacen dun punto. Estivemos construindo pequenas oracións e dixo que as historias as facía a partir delas. En menos de cinco minutos inventou un relato con dous compañeiros.
Anxo fai libros para nenos de 2-3 anos, para a nosa idade e tamén para os maiores.
Nas diapositivas que nos puxo aparecían os libros dos máis pequenos, non eran portadas normais, estaban debuxadas por el e tiñan formas de animais imaxinarios.
Por último chamou a unha compañeira de 2º A para debuxala na pizarra e a verdade e que debuxa moi ben.

Melly Díaz Andrade

No hay comentarios: