Samaín, Dia das Brujas, Halloween... Esta celebración internacional chega á biblioteca cun altar de mortos con escritores e escritoras de medo, unha mostra bibliográfica terrorífica, locucións radiofónicas que asustan (podes escoitalas aquí) ou recomendacións lectoras en varias linguas que dan pavor.
Estas son algunhas das iniciativas que se promoveron desde a biblioteca arredor da data do 31 de outubro e que contaron coa axuda imprescindible do alumnado voluntario. Elas e eles participaron na creación dun escenario repleto de iconografía propia desta festa, para animar a gozar dunha noite meiga!
No hay comentarios:
Publicar un comentario