Os alumnos Carmen Ballesteros Colino, Fernando A. León Cosme e Iago Balseiro Parga son os novos gañadores do Certame de Microrrelatos do IES de Foz. Os seus textos sobre as emocións resultaron galardoados nas dúas categorías do certame. Así, Fernando A. Léon Cosme, de 3º de ESO A, fíxose co primeiro premio do segundo ciclo de secundaria, bacharelato e FPB coa súa obra Relatos dun adolescente inmigrante, mentres que Carmen Ballesteros Colino, de 1º de ESO B, acadou o primeiro premio do primeiro ciclo da ESO co texto titulado ¿A qué le tienes miedo? Ademais, o xurado do certame, formado polo alumnado colaborador da biblioteca, tamén lle concedeu o segundo premio desta categoría a Iago Balseiro Parga, de 1º de ESO A, pola obra Empatía.
Os gañadores recibirán cadanseu premio o xoves 18 de xaneiro na biblioteca, ás 11:45 horas. Moitos parabéns aos premiados e grazas a todas as persoas que participaron nesta iniciativa, que busca promover a escrita creativa entre a mocidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario