O Equipo de Normalización Lingüística do IES de Foz convoca o 8º Concurso de Coplas de Entroido, dirixido a todos os alumnos e alumnas do centro.
A actividade consiste en compoñer coplas populares propias do Entroido ás que lles podedes dar ritmo de rap ou calquera outro ritmo que queirades.
A copla é unha estrofa de catro versos de arte menor, con rima asonante nos pares e carácter popular. Nas de Entroido aprovéitase para peneirar aos que xa “andan en coplas” ou aínda non, para facer mofa ou escarnio, por divertimento ou para provocar.
Animádevos e participade cos vosos compañeiros de aula compoñendo unhas boas coplas cheas de imaxinación e bo humor!!!
PREMIO: Entre os gañadores repartiranse 60 € e as súas creacións aparecerán publicadas na revista do Centro, no blogue do ENDL no blogue da biblioteca. A entrega de premios realizarase o venres, 12 de febreiro durante a xornada de celebración do entroido.
Tod@s os que queirades poderedes interpretar as vosas composicións.
DATA DE ENTREGA: Os traballos poderanse entregar ata o mércores día 10 de febreiro de 2010 na biblioteca ou a calquera dos profesores do Equipo de Normalización Lingüística.
Uxío Cerecedo,
No hay comentarios:
Publicar un comentario