lunes, 12 de mayo de 2025

Música, baile e lecturas para celebrar as Letras Galegas!




Na semana das Letras Galegas, non faltan a música, o baile e as lecturas na nosa lingua! Para conmemorar o 17 de maio, os profesores Lucía Teijeiro e Adrián Levoso imparten obradoiros de pandeireta e baile tradicional, respectivamente, dirixidos tanto ao alumnado como ao profesorado do centro.

Ademais, voluntarios da biblioteca prepararon unha mostra cunha selección de obras en galego, que inclúe tanto clásicos da literatura, de autores como Rosalía de Castro, Manuel Antonio ou Manuel María, como propostas máis actuais, de Elena Gallego, Andrea Maceiras e outras autoras do panorama literario galego.

Celebra, como máis che preste, as Letras Galegas!

                                      




No hay comentarios: