miércoles, 27 de febrero de 2013

Gústanos a poesía!!!



Este é o aspecto que atopamos na entrada do instituto esta semana.


 ¿A razón? A vosa participación nesta actividade da biblioteca que unía  poesía e música ao mesmo tempo que lembrábamos o día da paz e dos namorados.
Non só podemos ler, tamén podemos ver e escoitar os temas que máis vos gustan mentres descansamos ou comemos o bocata
                                                    GRAZAS A TOD@S!!!


miércoles, 20 de febrero de 2013

Van chegando cancións...

Xa vos ides animando e van chegando as vosas cancións.
Aquí van algúns títulos:
  • Always (Bon Jovi)
  • Letter to a friend  (Bon jovi)
  • Pablo Alborán: Tanto 
  • Bon jovi – I'll be there for you   
  • El día que me quieras (Armando Manzanero)
  • Scorpions – Still loving you
  • Joan Manuel Serrat: Tu nombre me sabe a yerba
  • Guns N´Roses – November rain
  • Joan Manuel Serrat  La mujer que yo quiero
  • Guns N' Roses – Don´t cry 
  • ESPERARÉ: Armando Manzanero
  • Queen – Love of my life
  • Joan Manuel Serrat: Más que a nadie
  • Aerosmith – Angel
  • Aerosmith – I don't wanna miss a thing  
  • Somos novios (Armando Manzanero)
  • Mago de Oz – Desde mi cielo
  • Camila: Sólo para ti
  • Ya lo sabes - luis Fonsi y Antonio Orozco
  •                       Agardamos a túa!!!

Seguro que non che gusta a poesía?


Queremos encher o instituto de cancións  para lembrar o día da paz (30 de xaneiro) e dos namorados (14 de febreiro)
Mándanos a canción sobre estes temas que máis che guste a  chavedasnoces@gmail.com co enlace de internet onde poidamos atopala, a súa letra (ben escrita) e o teu nome.
Pegarémolas todas polos corredores do instituto e poderemos velas e escoitalas na entrada do edificio A  na últimas semanas de febreiro.
Poden ser en calquera idioma  e tamén podedes entregala en man na biblioteca.
Anímate e participa!!!

Por fin, de volta!

Xa vedes que este ano imos con moito retraso na publicación das nosas actividades pero non pensedes que estamos parados. 
Pouco a pouco, iremos subindo  ao blog todo o que fixemos ata agora e poñerémonos ao día. 
Así que estade atentos porque... 
                      Xa estamos de volta!!!!