martes, 22 de mayo de 2018
Un mural a prol da nosa lingua e da tolerancia
lunes, 4 de diciembre de 2017
viernes, 18 de noviembre de 2011
DÍA DOS DEREITOS HUMANOS
Con motivo deste día queremos, entre todos, facer unha reflexión a través dun traballo artístico e colaborativo. Propoñémosvos elaborar un cartel no que, a través dunha imaxe, un collage, un debuxo, … expresedes o que vos suxire o artigo que colocamos na vosa aula.
NORMAS
1. Haberá un único cartel por aula, ( polo tanto, debedes falar sobre o artigo que vos tocou e poñervos de acordo en qué aspecto queredes resaltar e cómo o ides facer)
2. No cartel debe aparecer o texto do artigo da declaración que vos tocou expresar.
3. Haberá cómo mínimo unha imaxe. (Pode ser unha foto, un debuxo, un collage, unha viñeta, … Sede creativos!)
4. Aparecerá un texto no que se explique o que quixestes expresar con esa imaxe.
PRAZO: Entregaranse os traballos na biblioteca escolar antes de día 2 de decembro.
MATERIAL:Haberá unha única cartulina (do formato axeitado)por aula na conserxería para realizar os carteis.
Todos os traballos serán expostos posteriormente nun lugar visible do centro.
miércoles, 1 de diciembre de 2010
martes, 12 de enero de 2010
Árbores políglotas.
Xa colgan da biblioteca as primeiras árbores políglotas. Palabras en sete linguas que recordan ideas que nun centro de ensino teñen especial relevancia. Temos comezado con doce termos clave referidos ós dereitos humanos.
miércoles, 25 de noviembre de 2009
NON HAI SALVAXISMO MAIS DANIÑO QUE A VIOLENCIA DE XÉNERO
Aínda que a violencia de xénero se produce en todos os niveis sociais estes vense incrementados pola pobreza ou a marxinación en casos de factores sociais e en casos de síntomas psicolóxicos. Tamén son factores relevantes a toxicometría,o autoritarismo, a falta de comunicación...
Todo isto fai que falte o respecto e entremos na violencia de xenero.
Unha das consecuencias desta violencia é que as mulleres tamén poden desenvolver os síntomas do trastorno de estrés postraumático, sentimentos depresivos, de rabia, baixa autoestima, culpa e rancor; e soen presentar problemas somáticos, disfuncións sexuais, condutas adictivas e dificultades nas súas relacións persoais.
25/11/ 2009 Día mundial contra o maltrato da muller.
Escrito por: Diego V. Candido Da Silva, Mª del Mar García García y Ana Gay Fernández.
VIOLENCIA DE XÉNERO
Cada día nos medios de comunicación aparecen máis casos de violencia de xénero.
Durante as dúas últimas semanas estivemos facendo traballos na clase de Cidadanía sobre este tema. Nós puxemos como exemplos os catro seguintes casos:
-Marta del Castillo
-Os tres ces (cornos, ciumes e cárcere)
-O colombiano estrangulador
-O asasino das 33 tesoiras
Estes só son algúns dos moitos casos que hai no mundo.
O caso de Marta Del Castillo, rapaza presuntamente asasinada pola súa exparella, o irmán deste e un amigo. O corpo foi buscado pola policía e mais pola xente que se unía a súa búsqueda. Foi buscada polo río Guadalquivir, nos contedores de lixo, nos domicilios da parella do ex de Marta e nunha lagoa. Case un ano despois da súa desaparición aínda non se atopou o seu cadáver.
O asasino das 33 tesoiras asasinou a súa parella cravándolle unha tesoira 33 veces no corpo.
Isto non é máis ca un exemplo dos múltiples casos, que por desgraza acontecen cada día no mundo. Feitos coma estes deberían animar a todas as mulleres a denunciar sen ningún temor todos os casos similares que poidan observar na súa vida cotiá.
Vanesa Balseiro García, Alicia Mª de Oliveira garcía, Richard González Veiga,Venerando Rodríguez Fraga. 2º ESO A
miércoles, 10 de diciembre de 2008
martes, 9 de diciembre de 2008
DECLARACIÓN UNIVERSAL DE DEREITOS HUMANOS.
60º ANIVERSARIO
A historia da humanidade ensinounos que o único camiño para ser capaces de convivir en paz consiste en tratarnos mútuamente con xustiza e respecto. Coa finalidade de acadalo elaborouse en 1948 a Declaración Universal De Dereitos Humanos. Representan unha aspiración a que todos vivamos nun só mundo e cun proxecto común no fundamental, que radica nunha vida digna. Pensa que non só debemos cumprir todos con estes dereitos, senón que tamén temos a obriga de denuncialo cando outros os transgreden na nosa presencia.
Para máis información podes consultar as seguintes direccións:
http://www.un.org/spanish/events/humanrights/udhr60/(DEREITOS HUMANOS)


