jueves, 26 de abril de 2018

Celebración do Día de Rosalía de Castro

A biblioteca do IES de Foz celebrou o pasado 24 de Febreiro o "Día de Rosalía de Castro" coa lectura do manifesto desta edición de conmemoración do nacemento da poeta, así como de varias das súas obras por parte de varias alumnas de 1º da ESO.


miércoles, 18 de abril de 2018

Saída a Guitiriz

Convidados polo IES de Guitiriz, participamosno roteiro encol do poeta Xosé María Díaz Castro. 

No paseo pola vila, aprendimos moito sobre este escritor e o seu poemario "Nimbos" a través dos guías compañeiros do IES de Guitiriz. Tamén tivemos oportunidade de coñecer ao director da Asociación "Xermolos", gran intelectual e promotor cultural, quen nos a abriu as portas da súa "Casa das Palabras".




Visita do alumnado do IES de Foz a Sargadelos

 Na saída a Sargadelos o alumnado do IES de Foz mergullámonos que queda a día de hoxe do soño de recuperación da memoria que Isaac Díaz Pardo fixo realidade. 

Puidemos comprender a enorme trascendencia que acadou esta industria cultural que temos tan preto.

Aquí tendes algunhas fotos:






 

Tremenda entrevista "In english" do alumnado de 1º de FPB Administrativo do IES de Foz

Queremos compartir con vós a tremenda entrevista realizada na asignatura de Inglés polo alumnado de 1º de FP Básica de administrativo do IES de Foz. Non vola perdades!



Podedes escoitala no seguinte enlace

Proxección do documental "Vigo 1972"

O Salón de Actos do IES de Foz acolleu o pasado 21 de marzo a proxección da longametraxe documental "VIGO 1972" coa participación no director do filme e profesor deste centro Roi Cagiao.