miércoles, 23 de octubre de 2013

OLFATO DE DETECTIVE


Una tía lejana de los Zwoch les ha dejado a estos como herencia una casa en ruinas.
Recibieron noticia de dónde estaba localizada y como su tía tenía mucho dinero se imaginaron que había dejado una gran suma en algún jarrón; pero buscaron y buscaron y no lograron encontrar lo que buscaban y tanto necesitaban.

Opinión personal
Me gustó el principio porque era muy intrigante pero me defraudó el final porque no lograron encontrar lo que buscaban y tanto necesitaban.

AUTOR: Christine Nöstlinger                                      EDITORIAL: Alfaguara

                                                     Alexander Solano (4º ESO)

LA JOVEN DE LA PERLA


Griet (una joven de familia pobre, cuyo padre trabajaba pintando azulejos) un día tuvo  un accidente y perdió la visión. Griet para ayudar a su familia tuvo que trabajar en una casa muy grande, la casa de un pintor; sus tareas eran comprar el pescado, la carne y ayudar en la casa y lo más importante era limpiar el cuatro donde el señor de la casa pintaba sus cuadros, tenía que limpiar de tal forma que quedara todo en su sitio.
Pero un día, fue a la  comer a la casa el señor que le compraba los cuadros y le dijo al pintor que le gustaría que Griet apareciera en uno de ellos.
Después Griet le ayudó a hacer los colores que él usaba, hasta que un día el señor que le compraba los cuadros le insistió tanto que Griet tuvo que posar para su amo. Cuando ya estaba pintada, el señor vio que le faltaba algo de luz en el cuadro, y pensó en ponerle unos pendientes de perla; pero, Griet no tenía agujeros en las orejas, por eso tuvo que hacérselos. Se los puso y su amo la pintó. Entonces la esposa del amo se enteró de que la estaba pintando, discutieron delante de ella y Griet tuvo que irse de la casa. Tiempo más tarde una de las criadas que había en la casa le dio los pendientes.

AUTOR: Tracy Chevalier
EDITORIAL: debolsillo
OPINION: Me gustó porque es entretenida y habla en primera persona, y también me gustó la historia. Animo a todos a que lean la novela porque seguro que les gustarán muchos de los detalles que no conté en el resumen anterior.
NOMBRE: Cristina leandro augusto
GRUPO:4º PDC A

QUE É A HORA DE LER?

  • A Hora de Ler consiste en dedicar entre 20 e 30 minutos semanais á lectura en horario lectivo.
  • É un tempo para disfrutar lendo.
  • Podedes traer libros da casa ou ben collelos previamente na biblioteca. (Lembrade que todos temos a Hora de Ler no mesmo momento polo que non podemos ir á vez a biblioteca)
  • Podedes ler o que queirades: poesía, novela, banda deseñada,...
  • Os libros poden estar relacionados con calquera materia, independentemente da área que toque nese momento.
  • Podedes ler en calquera idioma.
  • Durante ese tempo o profesorado tamén le o que máis lle gusta.

lunes, 21 de octubre de 2013

Premio Nobel de Literatura

A escritora Alice Munro foi galardonada co premio Nobel de literatura. O alumnado de 4º PDC elaboraron un mural na biblioteca con información sobre a súa vida e obra. Tamén nel se expoñen artigos de prensa co máis salientable que se escribiu sobre ela.
Se queredes coñecela  pasade pola biblioteca.

jueves, 10 de octubre de 2013

A BIBLIOTECA NACIONAL FAISE ESCOLAR

Nace bnescolar.net un espazo da biblioteca nacional dedicado á escola organizado por cursos. Moi interesante cun montón de recursos dixitais tanto para o profesorado como para o alumnado. Pasade pola páxina a ver que vos parece....

miércoles, 9 de octubre de 2013

Xa estamos de volta!!!

Aínda que un pouco tarde xa volvemos a estar na rede. As actividades na nosa biblio xa están a rodar Anímate a participar nelas e...
       ven á biblioteca!

martes, 2 de julio de 2013

A libraría de ouro!

O certo é que temos moita sorte. Unha das librarías máis antigas da nosa provinciaé a Libraría Bahía, e témola en Foz! Está a celebrar 50 anos e por esa razón nós, os colaboradores da biblioteca escolar, quixemos celebralo con eles.
Xa sabedes que fomos mercar libros alí pero, ademáis, pasamos un rato moi agradable con Cielo, a súa propietaria, facéndolle unha pequena entrevista para así coñecer mellor a súa historia.
Como o fin das clases chegou de puntillas, sen case darnos conta, non puidemos poñela por escrito pero queremos compartir con vós algo do que alí se falou.
Soupemos que a ubicación actual non foi a primeira xa que cambiaron de local fai uns dez anos, e agora é un único espazo onde convive a libraría Bahía e a xoguetería Din y Don. Esta combinación de negocio permite que o negocio sexa rentable de xeito que se poida vivir del.
Tamén soupemos que Cielo e Miguel son a segunda xeración, xa que Suso e Marita, os pais de Cielo e pais da libraría xubilaronse deixandoa en mans da súa filla que adora os libros. E foi precísamente destes, dos libros, do que máis falamos. Eles apostan pola literatura menos comercial e seguramente máis interesante, do poder das grandes editoriais para guiarnos a comprar o que eles queren e como nós debemos ser conscientes diso, propoñen ler "a contracorrente" e sobre todo, apostan pola literatura e a cultura galega en xeral. Falamos da situación do galego e da nosa responsabilidade para que non se perda. Por esta razón fan obradoiros con nenos, sempre hai música de autores galegos de fondo na tenda, non queren ser unha tenda de libros, senón unha libraría viva.
O certo é que foi unha media hora de conversación tranquila, sincera e da que disfrutamos todos.
Moitas grazas, Cielo, por estar sempre disponible para o que necesitamos cun sorriso.

viernes, 28 de junio de 2013

Un contacontos xenial

Non se pode inaugurar esta crónica sen aplaudir o duro traballo levado a cabo por
autores como Xosé Miranda e outros máis que defenden a cultura e literatura
galega día a día.
 Trataremos aquí dous aspectos relevantes: o libro de Xosé Miranda As mans do
medo e a opinión persoal sobre o que nos reflectiu o escritor durante a súa visita
ao centro.
 Respecto ao libro, desgraciadamente non tivo demasiado éxito, pois a crítica máis
común citada foi a falta de interrelación entre os relatos. Ademais, non sempre o
lector capta con facilidade as emocións que o autor desexaba transmitir, a duración
dos relatos non é equitativa e nalgúns casos emprega un léxico algo complexo.
Deixando á parte a súa obra, pasemos á nosa opinión sobre o autor.
 Xosé Miranda cumpriu perfectamente coas expectativas e soubo entreter o público
con éxito. Na súa charla, a cal foi moi amena, expuxo a súa obra e as súas
vivencias como escritor. Explicounos como comezou no mundo da literatura,
segundo el ós 3 anos. Contounos, de forma moi entretida, os proxectos que estaba
levando a cabo xunto con moitos outros autores para recopilar a tradición oral
galega. Comentou como era complicadísima a recopilación de relatos orais, pois
sobre un mesmo relato había que engadir a enorme cantidade de variacións existentes. Unha vez expostos todos os seus propósitos, procedeu a contarnos
tres contos marabillosos, os cales foron moi entretidos debido ó emprego dun léxico coloquial e á claridade coa que falaba, ademais de saber xesticular.
 Para rematar esta crónica, cómpre engadir que Xosé Miranda é un contacontos xenial, unha persoa moi afable e simpática á cal animamos para que continúe coa escritura de libros en galego.

Uxío, Javi e Xabi, alumnos de 3º de ESO do IES de Foz

Xosé Miranda visita o IES de Foz

Xosé Miranda Ruíz naceu en Lugo o 18 de decembro de 1955 e é un escritor galego,
licenciado en Bioloxía pola Universidade de Compostela en 1978. Na actualidade exerce
como profesor de Bioloxía e Xeoloxía no instituto Xoán Montes de Lugo. Foi gañador do
Premio Modesto R. Figueirido de 1988 con Na terra sombría. Conta cunha depurada
técnica narrativa e cun discurso propio. Investigador da literatura galega de tradición oral,
publicou numerosas recolleitas de contos con Antonio Reigosa e Xoán Ramiro Cuba.
 O día 22 de abril visitou o IES de Foz e veu dar unha charla sobre a súa carreira
como escritor.
 Gustounos moito a súa visita, xa que nos ofreceu moita información sobre a súa
traxectoria. Díxonos que levaba escribindo dende os doce anos e que a el lle
gustaba escribir sobre cousas diferentes, non facer “fotocopias” doutras obras,
porque iso o aburría.
 Tamén nos contou lendas e historias antigas, que dito así pode parecer aburrido
pero, en cambio, foi moi interesante e entretido.
 Pareceunos unha persoa moi agradable, pero o mellor de todo foi que nos
respondeu a todas as preguntas que lle fixemos.
 Tamén falamos polo miúdo dun dos seus libros, As mans do medo, que lemos este
curso. Comentounos moitas cousas sobre el, por exemplo por que o libro levaba o
título do primeiro relato, en que se baseara para crear o monstro de “A neve e a
cadeira”, e outros detalles de interese.
 Foi unha visita moi agradable.
 Un saúdo de Ainoa e María, alumnas de 3ºESO do IES de Foz.

Crónicas

O alumnado de 3º ESO elaborou tres crónicas sobre a visita de Xosé Miranda ao noso centro. Estas formaron parte dos traballos que tiveron que presentar na clase de lingua galega e quixeron compartilas con vós.
Grazas por facelo!

Crónica sobre Xosé Miranda

Xosé Miranda naceu en Lugo, en 1955. Licenciouse en Bioloxía na Universidade de
Compostela no ano 1978 e na actualidade exerce como profesor de Bioloxía e Xeoloxía
no instituto Xoán Montes da súa cidade natal. É especialista en literatura oral e, xunto con
Antonio Reigosa e Xoán R.Cuba, publicou moitos libros de contos populares galegos,
dirixidos a un público infantil.
 O día 22 de abril Xosé Miranda ofreceunos unha charla sobre a súa vida como
escritor ós alumnos de 3ºESO do IES de Foz. En primeiro lugar uns cantos
alumnos e alumnas fixémoslle unha pequena entrevista sobre varias cuestións
relacionadas co libro que leramos, As mans do medo.
Algunhas das preguntas eran: “Hai algún xénero sobre o que non che guste escribir?”, “A vila de “A neve e a cadeira” é real?”...A esta última respondeu: “Si, está baseado no barrio no cal eu vivía cando era neno e o mapa era o da miña rúa xunto coas cousas que alí había... e incluso os personaxes se podían identificar con persoas que existían naquela época”.
 Despois de responder moi amablemente as nosas preguntas, falounos sobre
contos e lendas urbanas. Estas trataban temas moi diversos como poden ser a
emigración, a convivencia, a discriminación cara ós inmigrantes...Foinos relatando
historias como o asasinato do “chino Antonio”, o sorriso do pallaso, aquela outra
sobre unha boa como animal de compañía, o conto de Crispín e Bastián... Esta
última, a de Crispín e Bastián, foi a que máis nos gustou e unha das que nos fixo
rir moito.
 Por falta de tempo, Miranda tívose que marchar e non nos puido seguir contando
máis historias, pero nós esperamos que siga escribindo e regalándonolas.

 Rocío Couto, Florencia Espiñeira, Alejandra Noceda, Alba Basanta, Paula Linares e Nathaniel
Gordon (alumnado de 3º ESO)

jueves, 20 de junio de 2013

SAÍDA Á LIBRARIA BAHÍA

Esta semana os colaboradores da biblioteca do IES de Foz  fumos á libraria Bahía en busca de libros novos para renovar as historias da biblioteca. Tamén mercamos tres xogos máis para os momentos de lecer.
Fixemos grupos  e escollimos libros de todo tipo. Cada un deles foi elixido ao gusto de cada colaborador.
Algúns dos libros foron:

Ao chegar ao instituto reunímonos na biblioteca para escribir unha dedicatoria persoal no libro que escollimos. Finalmente, hoxe, no recreo, presentámolos ante os demáis nos "Xoves Lectores". Vaia ambiente tíñamos hoxe!
                                                @s Colaborador@s da biblio.

viernes, 24 de mayo de 2013

Eloísa está debajo de un almendro

O Alumnado de 3º ESO preparou na clase de Lengua Castellana un fragmento da obra "Eloísa está debajo de un almendro" e viñeron á biblio para lelo nos Xoves Lectores.
Pasamos un rato moi divertido con eles!
Grazas!


Xa comezamos!

 Estes foron os nosos primeiros "xoves lectores"

jueves, 16 de mayo de 2013

Comparte!

A partir de hoxe comezan os "Xoves Lectores"
Que é isto? É un novo espazo onde podedes compartir todo aquelo que lestes, gustouvos e queredes facer aos demáis complices das vosas lecturas. Un conto, unha poesía, un artigo dunha revista, uu relato feito por vós, unha frase que vos impactou, o que queirades. 
Se cadra, explicades por que o ledes e se non... pois non! A única condición é o respecto, aos que len e aos que escoitan.
Tedes un micro aberto á vosa disposición.
 AGARDÁMOSVOS!

Que ben o pasamos!

Co gallo da celebración do día das Letras Galegas  o
alumnado de 4º ESO participou nunha actividade realmente divertida. Xogaron por grupos para coñecer algo mellor a Roberto Vidal Bolaño.
Trátase da primeira colaboración entre a biblioteca municipal de Foz e o noso instituto. Non será a última!
Mirade cómo resultou!
 

















Celebración do aniversario de Rosalía

O alumnado de 1º ESO A celebrou o aniversario de Rosalía de Castro recitando algunha das súas poesías, poñéndolles música, elaborando caligramas e murais alusivos á súa obra. Aquí vos deixamos unha mostra do noso traballo e do ben que o pasamos.
Disfrutade con estes vídeos e animádevos a facer os vosos para o curso que vén! 









martes, 7 de mayo de 2013

sábado, 4 de mayo de 2013

#leoporque...

Na biblioteca escolar do IES Fontem Albei de A Fonsagrada polo día do libro explican por que len.

Quentando motores...


jueves, 2 de mayo de 2013

O azucre que bebemos

As alumnas Alba Díaz y Paula García, participantes no proxecto COMENIUS Energia II en Gouda (Holanda), elaboraron este mural que mostra o nivel de azucre contido en diversas bebidas refrescantes.
Pasade pola biblioteca a velo e vos sorprenderedes!!!

lunes, 29 de abril de 2013

Exposición: A HISTORIA DO LIBRO

O alumnado de 4º ESO que cursa Cultura Clásica sumouse á celebración do día do libro investigando sobre a súa historia. O resultado é unha exposición que podedes ver nos paneis da biblioteca.
Aquí tedes un adianto. Vide e disfrutade!!!