jueves, 10 de diciembre de 2009

Boris Vian

Con motivo do aniversario do pasamento de Boris Vian o departamento de Francés propón ós seus alumnos unha actividade- concurso de búsqueda de información acerca do polifacético intelectual galo.

A continuación, picando en cada foto, ofrecemos uns enlaces que vos axudarán na vosa pesquisa.


Beatles. Capítulo 4.




A HARD DAY´S NIGHT



1. THINGS WE SAID TODAY

2. WHEN I GET HOME

3. YOU CAN´T DO THAT

4. I´ll BE BACK


BEATLES FOR SALE


5. NO REPLY

6. I´M A LOSER

7. BABY´S IN BLACK

8. ROCK AND ROLL MUSIC

9. I´FOLLOW THE SUN

10. MR. MOONLIGHT

11. KANSAS CITY/ HEY-HEY-HEY-

HEY!

12. EIGHT DAYS A WEEK

miércoles, 2 de diciembre de 2009

Concurso: Mellor xornalista.


Dende aquí tedes acceso a un concurso interesante dirixido alumnos de ESO e Bacharelato.

Hora de Ler












Seguen a acudir os grupos á Bilioteca para Hora de Ler. A fin de trimestre valoraremos a marcha da actividade e decidiremos posibles cambios.

jueves, 26 de noviembre de 2009

Instruccións Hora de Ler

A actividade terá lugar, en principio, na sala A da biblioteca do centro. Os alumnos terán á súa disposición un listado de textos recomendados polos distintos departamentos entre os que poderán escoller libremente. Tamén poden traer un libro da súa casa para ler nese período.

Queda á libre elección do profesor que nese momento os acompañe a opción por unha lectura individual ou en grupo (s), silenciosa ou en voz alta.

O profesor de Garda da biblioteca colaborará na atención ó alumnado.

Cada grupo ten asignado un cuaderno para que cada quen deixe constancia do título que le e libremente faiga unha valoración do texto. As anotacións serán posteriormente recollidas no blog da biblioteca chavedasnoces.blogspot.com.

Os libros que cada grupo estea a utilizar serán arquivados na estantería asignada. Unha vez que cada alumno remate a sesión de lectura devolverá o libro ó andel asignado. Cando remate definitivamente a lectura do libro, haberá de devolvelo ó seu lugar orix¡nal na biblioteca.

Neste primeiro trimestre pretendemos por a andar esta actividade e consolidala, cos cambios que parezan oportunos, no segundo e terceiro trimestre.




miércoles, 25 de noviembre de 2009

The Beatles. 3º capítulo.


Terceiro capítulo do discoforum con The Beatles.
Audición:
WITH THE BEATLES :
I WANNA BE YOUR MAN, DEVIL IN HER HEART, NOT A SECOND TIME.


A HARD DAY´S NIGHT :


A HARD DAY´S NIGHT, I SHOULD HAVE KNOWN BETTER, IF I FELL, I´M HAPPY JUST TO DANCE WITH YOU, AND I LOVE HER, TELL ME WHY, CAN´T BUY MY LOVE, ANY TIME AT ALL, I´LL CRY INSTEAD.

NON HAI SALVAXISMO MAIS DANIÑO QUE A VIOLENCIA DE XÉNERO

No noso traballo falamos sobre algunhas das causas polas que se produce a violencia de xénero:
Aínda que a violencia de xénero se produce en todos os niveis sociais estes vense incrementados pola pobreza ou a marxinación en casos de factores sociais e en casos de síntomas psicolóxicos. Tamén son factores relevantes a toxicometría,o autoritarismo, a falta de comunicación...
Todo isto fai que falte o respecto e entremos na violencia de xenero.
Unha das consecuencias desta violencia é que as mulleres ta
mén poden desenvolver os síntomas do trastorno de estrés postraumático, sentimentos depresivos, de rabia, baixa autoestima, culpa e rancor; e soen presentar problemas somáticos, disfuncións sexuais, condutas adictivas e dificultades nas súas relacións persoais.
25/11/ 2009 Día mundial contra o maltrato da muller.
Escrito por: Diego V. Candido Da Silva, Mª del Mar García García y Ana Gay Fernández.

VIOLENCIA DE XÉNERO

Non queremos máis violencia de xénero.
Cada día nos medios de comunicación aparecen máis casos de violencia de xénero.
Durante as dúas últimas semanas estivemos facendo traballos na clase de Cidadanía sobre este tema. Nós puxemos como exemplos os catro seguintes casos:
-Marta del Castillo
-Os tres ces (cornos, ciumes e cárcere)
-O colombiano estrangulador
-O asasino das 33 tesoiras

Estes só son algúns dos moitos casos que hai no mundo.

O caso de Marta Del Castillo, rapaza presuntamente asasinada pola súa exparella, o irmán deste e un amigo. O corpo foi buscado pola policía e mais pola xente que se unía a súa búsqueda. Foi buscada polo río Guadalquivir, nos contedores de lixo, nos domicilios da parella do ex de Marta e nunha lagoa. Case un ano despois da súa desaparición aínda non se atopou o seu cadáver.

O asasino das 33 tesoiras asasinou a súa parella cravándolle unha tesoira 33 veces no corpo.

Isto non é máis ca un exemplo dos múltiples casos, que por desgraza acontecen cada día no mundo. Feitos coma estes deberían animar a todas as mulleres a denunciar sen ningún temor todos os casos similares que poidan observar na súa vida cotiá.
Vanesa Balseiro García, Alicia Mª de Oliveira garcía, Richard González Veiga,Venerando Rodríguez Fraga. 2º ESO A

viernes, 20 de noviembre de 2009

Beatles: capítulo 2.




Segundo capítulo dos Beatles: rematamos de escoitar Please, please me e comezamos co seu segundo disco With the Betales.

Hora de Ler



Hora de Ler cumple a súa primeira semana con resultados prometedores. Haberá que correxir algúns desaxustes e a desgana dalgún rapaz, pero en xerala iniciativa foi ben recibida.

Anxo Fariña e os MegaToxos


Anxo Fariña visitou o instituto de Foz para falarnos da súa coleción dos Megatoxos. Aproveitou este acto para presentarnos un novo libro desta saga (Os MegaToxos e os templarios da luz).
Explicounos no que se inspiraba el para facer historias; neste caso en concreto baseouse nun toxo para escribir estes libros. As ilustracións están feitas por el, os debuxos son moi peculiares e únicos.
Comentounos que todas as historias nacen dun punto. Estivemos construindo pequenas oracións e dixo que as historias as facía a partir delas. En menos de cinco minutos inventou un relato con dous compañeiros.
Anxo fai libros para nenos de 2-3 anos, para a nosa idade e tamén para os maiores.
Nas diapositivas que nos puxo aparecían os libros dos máis pequenos, non eran portadas normais, estaban debuxadas por el e tiñan formas de animais imaxinarios.
Por último chamou a unha compañeira de 2º A para debuxala na pizarra e a verdade e que debuxa moi ben.

Melly Díaz Andrade

“2º premio galera para jóvenes lectores”


El pasado verano de 2009 Alicia Mª de Oliveira, Sabela Fernández y Julia García participamos en el concurso “2º premio galera para jovenes lectores” con la colaboración de la librería Bahía.

Este concurso consistía en leer tres libros (El hijo del ladrón, Te esperaba, El calamar asesino) y hacer un comentario de texto. Para ello, nos entregaron unas fichas en las que nos preguntaba nuestra opinión sobre cada libro. En cada ficha se tenía que hacer:
1º. Marcar tu opinión sobre el libro ante una serie de posibilidades.
2º. Elegir los tres términos que mejor definan el libro
3º. Decir si fue tu libro favorito y el por qué.
4º. Si no era tu libro favorito explicar qué le faltaba.

Teníamos que entregarlas en un plazo de tiempo de aproximadamente dos meses (todo el verano).

Cada una de nosotras teníamos opiniones totalmente opuestas (Alicia eligió “El hijo del ladrón”; Sabela,“Calamar asesino” y Julia “Te esperaba). A pesar de nuestras opiniones opuestas todas coincidimos en que fue una experiencia inolvidable y que si se repite no dudaríamos en volver a participar.

La revelación de la obra ganadora se presentó el día 11 de noviembre en “El Instituto Cervantes de Madrid” a las 7:30 de la tarde, lugar al que no podimos asistir ya que no teníamos nada planeado y fue una noticia demasiado espontánea. El libro ganador fue “Te esperaba” que para su publicación cambiaron el título por “La última bruja de Trasmoz”. Como recompensa por nuestra participación nos entregaron un diploma, un libro dedicado por el autor, una mochila con rádio y el orgullo de haber participado en este concurso.

Os megatoxos


O escritor Anxo Fariña veu visitarnos o venres 6 ao IES de Foz. Falou de onde sacou a idea dos Megatoxos. Un día, cando estaba na casa dun amigo seu, este preguntoulle se podía facer un libro con calquera cousa e el díxolle que lle dixera unha e que el o intentaría. O amigo mirou pola ventá e señaloulle un toxo. El fixo a historia e, como lle gustou moito a idea, creou os Megatoxos. Tamén nos estivo explicando como facía os libros e os ilustraba el mesmo, porque el é: ilustrador, escritor e... moitas cousas máis.
Ademais, dixo que sacara un novo libro chamado “Os templarios da luz”

Comentounos que escribe e ilustra libros para xente de todas as idades, dende nenos de 3-4 anos ata xente maior.

Vanesa Balseiro García 2ºA

martes, 17 de noviembre de 2009

Primeira sesión do club de lectura




Mañá mércores ás 11.30 repartimos os exemplares da nosa primeira lectura do noso club: unha selección de cuentos de Marcovaldo, de Ítalo Calvino.

lunes, 16 de noviembre de 2009

Os Megatoxos

Anxo Fariña:

O libro dos Megatoxos gustoume moito sobre todo os perxonaxes Faisca Ruxe Ninfa é Lua . O autor Anxo Fariña quixo facernos gracia pero non fixo ningunha; dibuxou a unha picara de 2 que se chamada Sabela e dibuxouna moi ben . Fixo como as perxonaxes do libro con espadas . O autor fixo un conto sobre Gabriel e Saray que cando Gabriel xogaba au Fútbol o balón veulle a cara e como Gabriel ia por Saray, mentiulle. Cando se acercou a portería marcou o gol e dixolle Saray e porque tes a marca na cara do balón . E despois firmounos o libro e a min gustoume a súa firma. Finalllllllllllllllllllllllll

Hamza Selouane El Khiari 1b de Eso.

os megatoxos e a espada esmeralda

OS MEGATOXOS. O libro era algo aburrido, non me gustou nada porque falaba de algo que non tiña gracia. O dibuxo era horroroso pero después lo reformó todo y despúes molaba mucho.


NOEL PENA FIALLEGA 1B de eso

Os Megatoxos

Os MegaToxos e un libro moi entretido sobre todo polos personaxes Faisca , Ruxe Ninfa e Lúa. Os seus poderes foron o millor de todo sobre todo os de Faisca e a sua frase canón do lume. O seu debuxo foi un pouco feo por culpa do rabo que lle puxo. Aunque Sabela quedou máis guapa do que era antes de dibuxala. Anxo Fariña tiña moita sede porque bebeu duas botellas de auga. Deseo comprar o 3º libro.

ABEL LOPEZ 1ºB

Os megatoxos e a Espada esmeralda

El libro los Megatoxos: me pareció muy entretenido porque los personajes Ninfa, Lúa, Fiscal e Ruge siempre que hacían sus misiones me hacían reír y el tema que más me gustó fue cuando los mandaron a la misión de encontrar o tojo, y cuando llegaron al monasterio se encontraron con una sorpresa que no pudieron olvidar: dos hermanos gemelos que eran los malos del cuento y al final fueron a su mismo colegio para estudiar con los megatoxos, se llamaban Esbeltez y Enseria.

Eddy Alexander Solano Cordero.

Os megatoxos

Non limos o libro OS MEGATOXOS, sí que nos gustou a charla de ANXO FARIÑA. Gustounos porque perdimos clase e Anxo estaba morto de sede porque bebeu duas botellas de auga e debuxou a unha alumna bastante ben.

SAMUEL ABRAHAM 1A e 1BESO

viernes, 13 de noviembre de 2009

HORA DE LER


A semana que ven damos comezo a outra iniciativa de fomento da lectura dirixida íos alumnos da ESO: Hora de Ler. Trátase dunha proposta incluída no Proxecto Lector do Centro que reserva unha sesión lectiva semanal por curso para a lectura. Haberá na biblioteca un listado de lecturas recomendadas por materias, pero cada alumno poedrá elixir libremente a súa lectura durante esa sesión. O calendario ven marcado pola Xefatura de Estudios.


CLUB DE LECTURA

Xa temos inscritos a catorce rapaces e cinco profesores para dar comezo por cuarto ano consecutivo o noso Clube de lectura. Reunirémonos os Xoves que entre todos decidamos a partir das 16 horas para falar de libros.

Aínda estás a tempo de anotarte.

Estos son os participantes: alumnos de ESO (Irea Fernández Xove, Noa López Teijeiro, Jenniffer Fernandes Barbosa, Gemma Maseda Mariño, Fátima Dilami Bouzni, Cristina Leandro Augusto Memorias, Hanza Selovane el Khiari, Eddy Alexander Solano Cordero, Mohamed El Kamel Histi, Lucía Villarino, Tamara Rodríguez González, Sabela Fernández Rodicio, Alicia María de Oliveira García, María del Mar García García, Vanesa Balseiro García, Nekame Iglesias López, Alba Díaz Fernández, Julia García Currás) e profesores (Concepción Roca Constenla, Montserrat García Sanjurjo, Marisa Bermúdez, Enrique Marcote Icart, Jesús García Cortázar).

jueves, 12 de noviembre de 2009

DISCO- FORUM 2009-2010


Tras un ano de silencio e ante o clamor popular que clamaba pola música dos recreos dos venres … volvemos con un monográfico adicado ós Beatles. Teredes a oportunidade única e irrepetible de escoitar a discografía completa do míticos Beatles que xa temos na biblioteca a disposición de todos en versión remasterizada dixitalmente.

Escoitaos tódolos venres de 11.30 a 12 na entrada do edificio A .


Cada xoves adiantamos o que vai sonar o Venres: portada do disco, títulos das cancións.


Para saber máis sobre os Beatles accede ao seguinte enlace