miércoles, 25 de noviembre de 2009

VIOLENCIA DE XÉNERO

Non queremos máis violencia de xénero.
Cada día nos medios de comunicación aparecen máis casos de violencia de xénero.
Durante as dúas últimas semanas estivemos facendo traballos na clase de Cidadanía sobre este tema. Nós puxemos como exemplos os catro seguintes casos:
-Marta del Castillo
-Os tres ces (cornos, ciumes e cárcere)
-O colombiano estrangulador
-O asasino das 33 tesoiras

Estes só son algúns dos moitos casos que hai no mundo.

O caso de Marta Del Castillo, rapaza presuntamente asasinada pola súa exparella, o irmán deste e un amigo. O corpo foi buscado pola policía e mais pola xente que se unía a súa búsqueda. Foi buscada polo río Guadalquivir, nos contedores de lixo, nos domicilios da parella do ex de Marta e nunha lagoa. Case un ano despois da súa desaparición aínda non se atopou o seu cadáver.

O asasino das 33 tesoiras asasinou a súa parella cravándolle unha tesoira 33 veces no corpo.

Isto non é máis ca un exemplo dos múltiples casos, que por desgraza acontecen cada día no mundo. Feitos coma estes deberían animar a todas as mulleres a denunciar sen ningún temor todos os casos similares que poidan observar na súa vida cotiá.
Vanesa Balseiro García, Alicia Mª de Oliveira garcía, Richard González Veiga,Venerando Rodríguez Fraga. 2º ESO A

No hay comentarios: