Mostrando entradas con la etiqueta Visitas de autores. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Visitas de autores. Mostrar todas las entradas

martes, 22 de mayo de 2018

Conversando con Manuel Lourenzo

O IES de Foz tivo o privilexio este mes de maio de recibir a visita do célebre dramaturgo, director e actor teatral e televisivo Manuel Lourenzo que nunha charla co alumnado abordou diversas cuestións relacionadas coa súa traxectoria vital e profesional.

A charla abriuse cunha representación dun fragmento dunha das obras teatrais de Manuel Lourenzo a cargo de alumnado do centro.




viernes, 28 de junio de 2013

Un contacontos xenial

Non se pode inaugurar esta crónica sen aplaudir o duro traballo levado a cabo por
autores como Xosé Miranda e outros máis que defenden a cultura e literatura
galega día a día.
 Trataremos aquí dous aspectos relevantes: o libro de Xosé Miranda As mans do
medo e a opinión persoal sobre o que nos reflectiu o escritor durante a súa visita
ao centro.
 Respecto ao libro, desgraciadamente non tivo demasiado éxito, pois a crítica máis
común citada foi a falta de interrelación entre os relatos. Ademais, non sempre o
lector capta con facilidade as emocións que o autor desexaba transmitir, a duración
dos relatos non é equitativa e nalgúns casos emprega un léxico algo complexo.
Deixando á parte a súa obra, pasemos á nosa opinión sobre o autor.
 Xosé Miranda cumpriu perfectamente coas expectativas e soubo entreter o público
con éxito. Na súa charla, a cal foi moi amena, expuxo a súa obra e as súas
vivencias como escritor. Explicounos como comezou no mundo da literatura,
segundo el ós 3 anos. Contounos, de forma moi entretida, os proxectos que estaba
levando a cabo xunto con moitos outros autores para recopilar a tradición oral
galega. Comentou como era complicadísima a recopilación de relatos orais, pois
sobre un mesmo relato había que engadir a enorme cantidade de variacións existentes. Unha vez expostos todos os seus propósitos, procedeu a contarnos
tres contos marabillosos, os cales foron moi entretidos debido ó emprego dun léxico coloquial e á claridade coa que falaba, ademais de saber xesticular.
 Para rematar esta crónica, cómpre engadir que Xosé Miranda é un contacontos xenial, unha persoa moi afable e simpática á cal animamos para que continúe coa escritura de libros en galego.

Uxío, Javi e Xabi, alumnos de 3º de ESO do IES de Foz

Xosé Miranda visita o IES de Foz

Xosé Miranda Ruíz naceu en Lugo o 18 de decembro de 1955 e é un escritor galego,
licenciado en Bioloxía pola Universidade de Compostela en 1978. Na actualidade exerce
como profesor de Bioloxía e Xeoloxía no instituto Xoán Montes de Lugo. Foi gañador do
Premio Modesto R. Figueirido de 1988 con Na terra sombría. Conta cunha depurada
técnica narrativa e cun discurso propio. Investigador da literatura galega de tradición oral,
publicou numerosas recolleitas de contos con Antonio Reigosa e Xoán Ramiro Cuba.
 O día 22 de abril visitou o IES de Foz e veu dar unha charla sobre a súa carreira
como escritor.
 Gustounos moito a súa visita, xa que nos ofreceu moita información sobre a súa
traxectoria. Díxonos que levaba escribindo dende os doce anos e que a el lle
gustaba escribir sobre cousas diferentes, non facer “fotocopias” doutras obras,
porque iso o aburría.
 Tamén nos contou lendas e historias antigas, que dito así pode parecer aburrido
pero, en cambio, foi moi interesante e entretido.
 Pareceunos unha persoa moi agradable, pero o mellor de todo foi que nos
respondeu a todas as preguntas que lle fixemos.
 Tamén falamos polo miúdo dun dos seus libros, As mans do medo, que lemos este
curso. Comentounos moitas cousas sobre el, por exemplo por que o libro levaba o
título do primeiro relato, en que se baseara para crear o monstro de “A neve e a
cadeira”, e outros detalles de interese.
 Foi unha visita moi agradable.
 Un saúdo de Ainoa e María, alumnas de 3ºESO do IES de Foz.

Crónicas

O alumnado de 3º ESO elaborou tres crónicas sobre a visita de Xosé Miranda ao noso centro. Estas formaron parte dos traballos que tiveron que presentar na clase de lingua galega e quixeron compartilas con vós.
Grazas por facelo!

Crónica sobre Xosé Miranda

Xosé Miranda naceu en Lugo, en 1955. Licenciouse en Bioloxía na Universidade de
Compostela no ano 1978 e na actualidade exerce como profesor de Bioloxía e Xeoloxía
no instituto Xoán Montes da súa cidade natal. É especialista en literatura oral e, xunto con
Antonio Reigosa e Xoán R.Cuba, publicou moitos libros de contos populares galegos,
dirixidos a un público infantil.
 O día 22 de abril Xosé Miranda ofreceunos unha charla sobre a súa vida como
escritor ós alumnos de 3ºESO do IES de Foz. En primeiro lugar uns cantos
alumnos e alumnas fixémoslle unha pequena entrevista sobre varias cuestións
relacionadas co libro que leramos, As mans do medo.
Algunhas das preguntas eran: “Hai algún xénero sobre o que non che guste escribir?”, “A vila de “A neve e a cadeira” é real?”...A esta última respondeu: “Si, está baseado no barrio no cal eu vivía cando era neno e o mapa era o da miña rúa xunto coas cousas que alí había... e incluso os personaxes se podían identificar con persoas que existían naquela época”.
 Despois de responder moi amablemente as nosas preguntas, falounos sobre
contos e lendas urbanas. Estas trataban temas moi diversos como poden ser a
emigración, a convivencia, a discriminación cara ós inmigrantes...Foinos relatando
historias como o asasinato do “chino Antonio”, o sorriso do pallaso, aquela outra
sobre unha boa como animal de compañía, o conto de Crispín e Bastián... Esta
última, a de Crispín e Bastián, foi a que máis nos gustou e unha das que nos fixo
rir moito.
 Por falta de tempo, Miranda tívose que marchar e non nos puido seguir contando
máis historias, pero nós esperamos que siga escribindo e regalándonolas.

 Rocío Couto, Florencia Espiñeira, Alejandra Noceda, Alba Basanta, Paula Linares e Nathaniel
Gordon (alumnado de 3º ESO)

lunes, 22 de abril de 2013

Hoxe na biblio...XOSÉ MIRANDA


 O alumnado de 3º ESO leu a súa obra "As mans do medo". Hoxe puideron preguntarlle sobre ela e escoitaron algunhas lendas e contos narrados por el mesmo.
Prepararon unha entrevista e farán unha crónica desta visita que poderedes ler maís adiante.
De momento, unhas fotos.

 



lunes, 26 de marzo de 2012

Tes que vela!

Vilamor é a nova película de Ignacio Vilar, coñecido xa pola súa exitosa longametraxe "Pradolongo". Vilamor é un filme baseado no ano 1976 en feitos reais, no que un rapaz chamado Breixo forma parte dunha comuna idealizada nun estilo de vida alternativo que decide axudar aos recén chegados a recuperar a aldea. Mais non todos parecen destinados a vivir este soño de liberdade.
O seu lema é "Soñamos cun mundo mellor. Decidimos facelo realidade"


O día 23 de marzo viñeron promocionarnos o seu filme o director, (Ignacio Vilar) os actores principais (Rubén Riós e Sabela Arán) e un actor de reparto (Xoel Yáñez).
Ignacio Vilar explicounos en que consiste a rodaxe dunha pelicula, o seu custo e a súa financiación.
Fixemos un simulacro no cal se vía que non era tan fácil grabar unha escea, xa que o tempo está limitado e por un simple fallo pódese botar a perder un día de traballo, o cal ten que retomarse ó día seguinte e supoñería unha gran perda de cartos.

A súa presenza foi agradable, levadeira e entretida. Gustarianos que houbese máis destas charlas, que ademáis de entretidas son didácticas.


Este filme pódese ver a partir do 30 de marzo nos cines de Ribadeo, As Termas e no centro de Lugo ata o 1 de Abril. Agás en Lugo que tamén está en Semana Santa.

Podedes informarvos na páxina oficial: www.vilamor.eu
E seguilos nas redes socias: twitter, tuenti e facebook.

http://www.youtube.com/watch?v=YJ4HS-Ryf0g

Itziar Bernardo, Vanessa García, Judit Trelles, Sandra Rey


martes, 20 de abril de 2010

Antonio Reigosa na biblioteca

O venres 16 estivo con nós Antonio Reigosa, que falou cos alumnos de 2ºA de ESO acerca das lendas e mitos da Mariña.

miércoles, 10 de febrero de 2010

Rosa Aneiros na biblioteca.




Rosa Aneiros visitounos o pasado venres para falar cos alumnos de 3º de ESO sobre a súa obra Ás de bolboreta e sobre unha chea de cousas máis. Aproveitamos para facerlle unha entrevista da que pronto teredes noticia.

viernes, 20 de noviembre de 2009

Anxo Fariña e os MegaToxos


Anxo Fariña visitou o instituto de Foz para falarnos da súa coleción dos Megatoxos. Aproveitou este acto para presentarnos un novo libro desta saga (Os MegaToxos e os templarios da luz).
Explicounos no que se inspiraba el para facer historias; neste caso en concreto baseouse nun toxo para escribir estes libros. As ilustracións están feitas por el, os debuxos son moi peculiares e únicos.
Comentounos que todas as historias nacen dun punto. Estivemos construindo pequenas oracións e dixo que as historias as facía a partir delas. En menos de cinco minutos inventou un relato con dous compañeiros.
Anxo fai libros para nenos de 2-3 anos, para a nosa idade e tamén para os maiores.
Nas diapositivas que nos puxo aparecían os libros dos máis pequenos, non eran portadas normais, estaban debuxadas por el e tiñan formas de animais imaxinarios.
Por último chamou a unha compañeira de 2º A para debuxala na pizarra e a verdade e que debuxa moi ben.

Melly Díaz Andrade

Os megatoxos


O escritor Anxo Fariña veu visitarnos o venres 6 ao IES de Foz. Falou de onde sacou a idea dos Megatoxos. Un día, cando estaba na casa dun amigo seu, este preguntoulle se podía facer un libro con calquera cousa e el díxolle que lle dixera unha e que el o intentaría. O amigo mirou pola ventá e señaloulle un toxo. El fixo a historia e, como lle gustou moito a idea, creou os Megatoxos. Tamén nos estivo explicando como facía os libros e os ilustraba el mesmo, porque el é: ilustrador, escritor e... moitas cousas máis.
Ademais, dixo que sacara un novo libro chamado “Os templarios da luz”

Comentounos que escribe e ilustra libros para xente de todas as idades, dende nenos de 3-4 anos ata xente maior.

Vanesa Balseiro García 2ºA

lunes, 16 de noviembre de 2009

Os Megatoxos

Anxo Fariña:

O libro dos Megatoxos gustoume moito sobre todo os perxonaxes Faisca Ruxe Ninfa é Lua . O autor Anxo Fariña quixo facernos gracia pero non fixo ningunha; dibuxou a unha picara de 2 que se chamada Sabela e dibuxouna moi ben . Fixo como as perxonaxes do libro con espadas . O autor fixo un conto sobre Gabriel e Saray que cando Gabriel xogaba au Fútbol o balón veulle a cara e como Gabriel ia por Saray, mentiulle. Cando se acercou a portería marcou o gol e dixolle Saray e porque tes a marca na cara do balón . E despois firmounos o libro e a min gustoume a súa firma. Finalllllllllllllllllllllllll

Hamza Selouane El Khiari 1b de Eso.

os megatoxos e a espada esmeralda

OS MEGATOXOS. O libro era algo aburrido, non me gustou nada porque falaba de algo que non tiña gracia. O dibuxo era horroroso pero después lo reformó todo y despúes molaba mucho.


NOEL PENA FIALLEGA 1B de eso

Os Megatoxos

Os MegaToxos e un libro moi entretido sobre todo polos personaxes Faisca , Ruxe Ninfa e Lúa. Os seus poderes foron o millor de todo sobre todo os de Faisca e a sua frase canón do lume. O seu debuxo foi un pouco feo por culpa do rabo que lle puxo. Aunque Sabela quedou máis guapa do que era antes de dibuxala. Anxo Fariña tiña moita sede porque bebeu duas botellas de auga. Deseo comprar o 3º libro.

ABEL LOPEZ 1ºB

Os megatoxos e a Espada esmeralda

El libro los Megatoxos: me pareció muy entretenido porque los personajes Ninfa, Lúa, Fiscal e Ruge siempre que hacían sus misiones me hacían reír y el tema que más me gustó fue cuando los mandaron a la misión de encontrar o tojo, y cuando llegaron al monasterio se encontraron con una sorpresa que no pudieron olvidar: dos hermanos gemelos que eran los malos del cuento y al final fueron a su mismo colegio para estudiar con los megatoxos, se llamaban Esbeltez y Enseria.

Eddy Alexander Solano Cordero.

Os megatoxos

Non limos o libro OS MEGATOXOS, sí que nos gustou a charla de ANXO FARIÑA. Gustounos porque perdimos clase e Anxo estaba morto de sede porque bebeu duas botellas de auga e debuxou a unha alumna bastante ben.

SAMUEL ABRAHAM 1A e 1BESO