Pensa no teu personaxe literario favorito. Talvez unha heroína ou unha arriscada aventureira? Quizais un detective astuto ou un mago poderoso? Sexa cal sexa, escolle o que prefiras e fai un disfraz. Utiliza o que teñas a man e dálle renda solta á túa creatividade. O importante é que o 23 de abril, Día do Libro, veñas ao instituto cunha vestimenta orixinal e traballada dese personaxe.
As caracterizacións máis xeitosas levarán premio, así que anímate a participar e súmate á celebración desta data!
Tampouco perdas a ocasión de levar en préstamo algunha das obras que se expoñen na mostra realizada na biblioteca co gallo do Día do Libro.
Feliz 23 de abril!
No hay comentarios:
Publicar un comentario