Este luns Santiago Lopo achegouse ao noso instituto para falar do seu libro A arte de trobar. Con esta obra gañou un dos premios máis importantes da literatura galega: o Premio Xerais de Novela no ano 2017.
Autor de outras novelas como Game Over (2007), Peaxes (2009) ou A diagonal dos tolos (2014), entre outras, achegounos á súa particular visión do feito literario e do seu proceso de creación.
Como persoas que levamos este blog, puidemos achegarnos máis á súa obra, reflexionando xunto co alumnado de 1º de Bacharelato sobre esta novela ambientada na Idade Media. Foron moitas as preguntas que se fixeron e os comentarios que se realizaron, o que nos fai supoñer que o libro deu que falar.
A continuación, como mostra destas conversas, referimos algunhas preguntas dunha entrevista que lle fixo o alumnado de 1º de Bacharelato.
No hay comentarios:
Publicar un comentario