miércoles, 12 de diciembre de 2018

Mellorando a biblioteca


Temos un novo espazo de lectura e lecer!


O novo espazo de lectura na biblioteca foi feito polo alumnado do instituto nas horas de Educación Plástica e Visual.
A creatividade fíxose ver e así o podedes comprobar nestes novos asentos.😊



Están feitos a partir duns neumáticos vellos que, a partir de agora, terán unha nova vida. Ademais, son moi cómodos xa que teñen un coxín no medio.


Xa sabedes, tedes un novo espazo de lecer na biblioteca, que pode ser utilizado sempre que queirades (hora de lectura, presentacións de libros, actividades da biblio...).😁


1 comentario:

Biblio IES Foz dijo...

Quedou moi chulo! Da gusto ver a boa acollida que está a ter! Grazas por informar!