A continuación, picando en cada foto, ofrecemos uns enlaces que vos axudarán na vosa pesquisa.

A actividade terá lugar, en principio, na sala A da biblioteca do centro. Os alumnos terán á súa disposición un listado de textos recomendados polos distintos departamentos entre os que poderán escoller libremente. Tamén poden traer un libro da súa casa para ler nese período.
Queda á libre elección do profesor que nese momento os acompañe a opción por unha lectura individual ou en grupo (s), silenciosa ou en voz alta.
O profesor de Garda da biblioteca colaborará na atención ó alumnado.
Cada grupo ten asignado un cuaderno para que cada quen deixe constancia do título que le e libremente faiga unha valoración do texto. As anotacións serán posteriormente recollidas no blog da biblioteca chavedasnoces.blogspot.com.
Os libros que cada grupo estea a utilizar serán arquivados na estantería asignada. Unha vez que cada alumno remate a sesión de lectura devolverá o libro ó andel asignado. Cando remate definitivamente a lectura do libro, haberá de devolvelo ó seu lugar orix¡nal na biblioteca.
Neste primeiro trimestre pretendemos por a andar esta actividade e consolidala, cos cambios que parezan oportunos, no segundo e terceiro trimestre.
A semana que ven damos comezo a outra iniciativa de fomento da lectura dirixida íos alumnos da ESO: Hora de Ler. Trátase dunha proposta incluída no Proxecto Lector do Centro que reserva unha sesión lectiva semanal por curso para a lectura. Haberá na biblioteca un listado de lecturas recomendadas por materias, pero cada alumno poedrá elixir libremente a súa lectura durante esa sesión. O calendario ven marcado pola Xefatura de Estudios.
Tras un ano de silencio e ante o clamor popular que clamaba pola música dos recreos dos venres … volvemos con un monográfico adicado ós Beatles. Teredes a oportunidade única e irrepetible de escoitar a discografía completa do míticos Beatles que xa temos na biblioteca a disposición de todos en versión remasterizada dixitalmente.
Escoitaos tódolos venres de
Cada xoves adiantamos o que vai sonar o Venres: portada do disco, títulos das cancións.