miércoles, 9 de marzo de 2022

8 de marzo. Día Internacional da Muller.

Como cada ano, para conmemorar la celebración do día 8 de marzo, Día Internacional da Muller, o noso alumnado colocou traballos, carteis e recomendacións de lecturas relacionadas con esta temática. Deixamos aquí algunhas fotos como mostra do traballo realizado. Agradecemos a todos os implicados a súa participación e colaboración. E coma sempre, tamén agradecemos o traballo dos nosos colaboradores de biblioteca, na preparación dos materiais e a decoración da mesa de exposicións.

jueves, 3 de marzo de 2022

Concurso de relato curto

Ola a todos! Este curso poñémonos tarde coa actualización do blog, porque sabemos que moitos de vós seguides as nosas novidades a través de Instagram. En todo caso non queremos deixar este espazo sen contido, así que aquí estamos para seguir achegando noticias que podan ser do voso interese. Comezamos, neste caso, co anuncio do Concurso de relato curto, que este ano ten por tema "A alimentación", xa que é o tema escollido pola biblioteca para este curso. Como ven sendo habitual será o alumnado de 2º ESO volutario de biblioteca o encargado do concurso, así como o xurado do mesmo. Deixámosvos aquí as bases e esperamos que vos animedes a participar! Ata pronto! 1. Poderá participar todo o alumnado do IES de Foz. 2. O concurso consistirá en escribir un relato relacionado co tema escollido pola biblioteca para traballar ao longo deste curso: a alimentación. 3. Haberá dúas categorías, establecéndose dous premios por categoría: -Alumnado de 1° e 2° ESO. -Alumnado de 3° e 4° ESO, Bac e FP. 4. Os premios consistirán en vales para canxear en calquera libraría do pobo. 5. O texto non sobrepasará as 500 palabras. 6. O prazo de presentación comeza o dia 3 de marzo e remata o día 3 de abril. 7. Poderá entregarse vía mail, en formato PDF. A dirección de entrega será: biblioiesfoz@gmail.com 8. O alumnado que non poida enviar o traballo por correo electrónico pódese poñer en contacto co Grupo 1 de colaboradores da biblioteca (pódese consultar o horario no taboleiro da biblioteca) ou coa encargada da biblioteca, quenes facilitarán unha forma alternativa de participación. 9. A presentación do microrrelato deberá cumprir as normas de entrega de traballos do instituto. 10. O xurado estará formado polo alumnado de 2° ESO que participa como colaborador de biblioteca. 11. Os relatos premiados daranse a coñercer despois das vacacións de Semana Santa e a entrega de premios terá lugar ao longo do mes de abril.

lunes, 21 de junio de 2021

Recomendacións lectoras para o verán



 

Como cada ano, deixámosvos unha serie de recomendacións lectoras para disfrutar tamén lendo durante as vacacións. Neste caso, son os nosos colaborador@s os responsables desta variada selección de libros, onde estamos seguros de que atoparedes lecturas do voso interese.  Fantasía, ficción, contos, aventura, romance, manga... en definitiva, para todos os gustos! Pensamos que ninguén mellor que os vosos compañeiros e compañeiras para escoller libros de actualidade, segundo os vosos gustos e os vosos intereses!

Esperámosvos na biblioteca! Non deixedes de pasar a escoller as vosas lecturas para este verán! Felices vacacións a tod@s! 




viernes, 11 de junio de 2021

                             

                              



Volvemos a recuperar a nosa presenza no blog, neste caso para proponervos unha enquisa que nos permita coñecer o alcance das nosas propostas así como mellorar o noso traballo. 

A enquisa está destinada a todos os membros da comunidade educativa, así que todas as respostas serán benvidas. O prazo para cubrila será ata o día 22, último día lectivo. Podedes premer aquí para acceder á mesma.

Por se alguén ten problemas ou prefire copiar o enlace no navegador aí vos deixamos outra opción:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSenOUvYd0eki-NrHXP7lu2eLJBEvyNbvAcoctTX5V_YW-_o_Q/viewform?usp=sf_link

Agradecemos xa por adiantado a vosa colaboración! Un saúdo!

viernes, 22 de enero de 2021

Concurso de Microrrelatos


 Os colaboradores da biblioteca de 2º ESO deron por rematado o concurso de Microrrelatos que organizaron ao longo do primeiro trimestre do curso. O tema, aproveitando o fío que este ano conduce as actividades da biblioteca, era a Saúde. 

Encargáronse de todo: crear as bases, darlle publicidade, establecer un periodo de tempo para a presentación de traballos, facer de xurado nas distintas categorías e finalmente entregar os premios.

Todo o proceso foi unha mostra do bo equipo que son, do bo traballo que fan e da boísima coordinación que hai entre eles. Querémoslles dar as grazas polo seu traballo e pola súa inestimable aportación. Sen dúbida, unha experiencia moi gratificante que esperamos repetir. Grazas a tod@s!

 Aproveitamos para felicitar tamén aos premiados:

Categoría 1º -2º ESO:

1º Premio: Darío Coto Flórez

2º Premio: Lucas Gorgojo Cuba

Categoría 3º-4º ESO, FPB:

1º Premio: Noa Prado Fernández

2º Premio:  Mel Arboleda Lemos

Noraboa aos catro!





jueves, 17 de diciembre de 2020

Recomendacións lectoras para as vacacións de Nadal.




                 



Este ano tamén a nosa tradicional mesa de exposicións vese comprometida, pero os nosos colaboradores artellaron unha nova forma de facer chegar as recomendacións lectoras de este periodo aos seus compañeiros. Este ano teñen grabados unha serie de vídeos nos que falan dalgunhas lecturas que consideraron interesantes e que poden ser do voso interese para pasar un bo rato de lectura durante estas vacacións.

Deixámosvos aquí as recomendacións que eles propoñen, esperando que vos gusten! Como temos problemas para deixar todos os vídeos feitos polos colaboradores e colaboradoras, deixámosvos a foto dos mesmos e emprazámosvos a que os os vexades no noso perfil de Instagram @bibliotecaiesfoz

Moitas grazas aos nosos colaboradores de 1º ESO polo seu traballo!


Para os amantes da literatura fantástica, maiores e pequenos, unha colección que traerá moitas horas de lectura e que non pasa de moda 😉



Dúas recomendacións, especialmente dedicadas aos primeiros cursos da ESO. 

 „Conta nove estrelas“ foi este ano lectura obrigatoria para poder alumnado de 1° ESO, e á vista está que gustou as nosas colaboradoras, xa que o recomendan aquí aos seus compañeiros e compañeiras. 
“Escarlatina, a cociñeira defunta” é un deses libros que gustan moito e que repetimos máis dunha vez nas nosas recomendacións. Este ano non é lectura obrigatoria en 1° ESO, pero non por iso deixa de ser unha lectura interesante, entretida... e saborosa 😋.


Este libro, máis dedicado a lectores de maior idade, ou mesmo, para  aqueles capaces de ler máis aló da propia historia, é un libro que invita á reflexión. 


Non podía faltarnos banda deseñada,  para todos os amantes deste tipo de historias. Para os amantes da Historia mesma, e máis concretamente para aqueles que desexan profundizar no acontecido ao longo da Segunda Guerra Mundial. Unha historia autobiográfica. Un libro que non deixa indiferente.



Tamén a modo de despedida e felicitación queremos deixar aquí o vídeo que os colaboradores de 2º ESO fixeron para despedir o trimestre e engadir unha pequena nota de color á nosa, agora sempre baleira, mesa de exposicións. Moitas grazas tamén a todo o grupo polo seu traballo, polo traballo reflectido neste vídeo e sobre todo polo traballo desenvolvido ao longo de todo o trimestre. 

 




Bo Nadal!



miércoles, 16 de diciembre de 2020

25 novembro

 


Como cada ano, a data do 25 de novembro é motivo de reflexión e traballo sobre a violencia  de xénero. Este ano, dado que non están recomendadas exposicións optamos por poñer no taboleiro da biblioteca as elaboracións daquelas persoas que decidiron compartilas con todos nós. 

Grazas a todos eles y elas por achegarnos os seus traballos! Grazas tamén aos colaboradores da biblioteca polo seu traballo para esta data!