Este ano tamén a nosa tradicional mesa de exposicións vese comprometida, pero os nosos colaboradores artellaron unha nova forma de facer chegar as recomendacións lectoras de este periodo aos seus compañeiros. Este ano teñen grabados unha serie de vídeos nos que falan dalgunhas lecturas que consideraron interesantes e que poden ser do voso interese para pasar un bo rato de lectura durante estas vacacións.
Deixámosvos aquí as recomendacións que eles propoñen, esperando que vos gusten! Como temos problemas para deixar todos os vídeos feitos polos colaboradores e colaboradoras, deixámosvos a foto dos mesmos e emprazámosvos a que os os vexades no noso perfil de Instagram @bibliotecaiesfoz
Moitas grazas aos nosos colaboradores de 1º ESO polo seu traballo!
Para os amantes da literatura fantástica, maiores e pequenos, unha colección que traerá moitas horas de lectura e que non pasa de moda 😉
Dúas recomendacións, especialmente dedicadas aos primeiros cursos da ESO.
„Conta nove estrelas“ foi este ano lectura obrigatoria para poder alumnado de 1° ESO, e á vista está que gustou as nosas colaboradoras, xa que o recomendan aquí aos seus compañeiros e compañeiras.
“Escarlatina, a cociñeira defunta” é un deses libros que gustan moito e que repetimos máis dunha vez nas nosas recomendacións. Este ano non é lectura obrigatoria en 1° ESO, pero non por iso deixa de ser unha lectura interesante, entretida... e saborosa 😋.
Este libro, máis dedicado a lectores de maior idade, ou mesmo, para aqueles capaces de ler máis aló da propia historia, é un libro que invita á reflexión.
Non podía faltarnos banda deseñada, para todos os amantes deste tipo de historias. Para os amantes da Historia mesma, e máis concretamente para aqueles que desexan profundizar no acontecido ao longo da Segunda Guerra Mundial. Unha historia autobiográfica. Un libro que non deixa indiferente.
Tamén a modo de despedida e felicitación queremos deixar aquí o vídeo que os colaboradores de 2º ESO fixeron para despedir o trimestre e engadir unha pequena nota de color á nosa, agora sempre baleira, mesa de exposicións. Moitas grazas tamén a todo o grupo polo seu traballo, polo traballo reflectido neste vídeo e sobre todo polo traballo desenvolvido ao longo de todo o trimestre.
Bo Nadal!
No hay comentarios:
Publicar un comentario