jueves, 26 de noviembre de 2009

Instruccións Hora de Ler

A actividade terá lugar, en principio, na sala A da biblioteca do centro. Os alumnos terán á súa disposición un listado de textos recomendados polos distintos departamentos entre os que poderán escoller libremente. Tamén poden traer un libro da súa casa para ler nese período.

Queda á libre elección do profesor que nese momento os acompañe a opción por unha lectura individual ou en grupo (s), silenciosa ou en voz alta.

O profesor de Garda da biblioteca colaborará na atención ó alumnado.

Cada grupo ten asignado un cuaderno para que cada quen deixe constancia do título que le e libremente faiga unha valoración do texto. As anotacións serán posteriormente recollidas no blog da biblioteca chavedasnoces.blogspot.com.

Os libros que cada grupo estea a utilizar serán arquivados na estantería asignada. Unha vez que cada alumno remate a sesión de lectura devolverá o libro ó andel asignado. Cando remate definitivamente a lectura do libro, haberá de devolvelo ó seu lugar orix¡nal na biblioteca.

Neste primeiro trimestre pretendemos por a andar esta actividade e consolidala, cos cambios que parezan oportunos, no segundo e terceiro trimestre.




miércoles, 25 de noviembre de 2009

The Beatles. 3º capítulo.


Terceiro capítulo do discoforum con The Beatles.
Audición:
WITH THE BEATLES :
I WANNA BE YOUR MAN, DEVIL IN HER HEART, NOT A SECOND TIME.


A HARD DAY´S NIGHT :


A HARD DAY´S NIGHT, I SHOULD HAVE KNOWN BETTER, IF I FELL, I´M HAPPY JUST TO DANCE WITH YOU, AND I LOVE HER, TELL ME WHY, CAN´T BUY MY LOVE, ANY TIME AT ALL, I´LL CRY INSTEAD.

NON HAI SALVAXISMO MAIS DANIÑO QUE A VIOLENCIA DE XÉNERO

No noso traballo falamos sobre algunhas das causas polas que se produce a violencia de xénero:
Aínda que a violencia de xénero se produce en todos os niveis sociais estes vense incrementados pola pobreza ou a marxinación en casos de factores sociais e en casos de síntomas psicolóxicos. Tamén son factores relevantes a toxicometría,o autoritarismo, a falta de comunicación...
Todo isto fai que falte o respecto e entremos na violencia de xenero.
Unha das consecuencias desta violencia é que as mulleres ta
mén poden desenvolver os síntomas do trastorno de estrés postraumático, sentimentos depresivos, de rabia, baixa autoestima, culpa e rancor; e soen presentar problemas somáticos, disfuncións sexuais, condutas adictivas e dificultades nas súas relacións persoais.
25/11/ 2009 Día mundial contra o maltrato da muller.
Escrito por: Diego V. Candido Da Silva, Mª del Mar García García y Ana Gay Fernández.

VIOLENCIA DE XÉNERO

Non queremos máis violencia de xénero.
Cada día nos medios de comunicación aparecen máis casos de violencia de xénero.
Durante as dúas últimas semanas estivemos facendo traballos na clase de Cidadanía sobre este tema. Nós puxemos como exemplos os catro seguintes casos:
-Marta del Castillo
-Os tres ces (cornos, ciumes e cárcere)
-O colombiano estrangulador
-O asasino das 33 tesoiras

Estes só son algúns dos moitos casos que hai no mundo.

O caso de Marta Del Castillo, rapaza presuntamente asasinada pola súa exparella, o irmán deste e un amigo. O corpo foi buscado pola policía e mais pola xente que se unía a súa búsqueda. Foi buscada polo río Guadalquivir, nos contedores de lixo, nos domicilios da parella do ex de Marta e nunha lagoa. Case un ano despois da súa desaparición aínda non se atopou o seu cadáver.

O asasino das 33 tesoiras asasinou a súa parella cravándolle unha tesoira 33 veces no corpo.

Isto non é máis ca un exemplo dos múltiples casos, que por desgraza acontecen cada día no mundo. Feitos coma estes deberían animar a todas as mulleres a denunciar sen ningún temor todos os casos similares que poidan observar na súa vida cotiá.
Vanesa Balseiro García, Alicia Mª de Oliveira garcía, Richard González Veiga,Venerando Rodríguez Fraga. 2º ESO A

viernes, 20 de noviembre de 2009

Beatles: capítulo 2.




Segundo capítulo dos Beatles: rematamos de escoitar Please, please me e comezamos co seu segundo disco With the Betales.

Hora de Ler



Hora de Ler cumple a súa primeira semana con resultados prometedores. Haberá que correxir algúns desaxustes e a desgana dalgún rapaz, pero en xerala iniciativa foi ben recibida.

Anxo Fariña e os MegaToxos


Anxo Fariña visitou o instituto de Foz para falarnos da súa coleción dos Megatoxos. Aproveitou este acto para presentarnos un novo libro desta saga (Os MegaToxos e os templarios da luz).
Explicounos no que se inspiraba el para facer historias; neste caso en concreto baseouse nun toxo para escribir estes libros. As ilustracións están feitas por el, os debuxos son moi peculiares e únicos.
Comentounos que todas as historias nacen dun punto. Estivemos construindo pequenas oracións e dixo que as historias as facía a partir delas. En menos de cinco minutos inventou un relato con dous compañeiros.
Anxo fai libros para nenos de 2-3 anos, para a nosa idade e tamén para os maiores.
Nas diapositivas que nos puxo aparecían os libros dos máis pequenos, non eran portadas normais, estaban debuxadas por el e tiñan formas de animais imaxinarios.
Por último chamou a unha compañeira de 2º A para debuxala na pizarra e a verdade e que debuxa moi ben.

Melly Díaz Andrade