Na nosa sociedade a lectura é solitaria e silenciosa, aínda que non sempre foi así: as persoas adoitaban ler xuntas e en voz alta. Hoxe en día, unha maneira de compartirmos o pracer da lectura son os clubs de lectura. Este ano no IES de Foz tivemos tres: un club de manga para o alumnado, un club de novela para o alumnado e outro para o profesorado. Estas son algunhas das reunións e das lecturas que fixemos.
lunes, 8 de junio de 2026
lunes, 1 de junio de 2026
CELEBRAMOS O 11F: Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.
Con motivo do 11 de febreiro, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, o IES de Foz desenvolveu unha actividade enmarcada no Plan Proxecta Donas de Si, destinada ao alumnado da ESO e Bacharelato das materias de Física e Química, Bioloxía e Xeoloxía, Cultura Científica e Matemáticas.
A proposta tivo como finalidade achegar ao alumnado referentes actuais do ámbito científico e tecnolóxico, favorecendo a reflexión sobre a igualdade de oportunidades, a visibilización do talento e a importancia da ciencia na sociedade actual.
Tras unha primeira aproximación ás súas biografías e traxectorias profesionais, o alumnado realizou unha pequena investigación sobre as súas achegas e elaborou preguntas relacionadas coa súa formación, experiencias persoais, dificultades atopadas, motivacións e consellos para as novas xeracións.
As cuestións formuladas polo alumnado foron respondidas por Vera, Elena e Daniel a través dun vídeo gravado expresamente para a actividade. Posteriormente, o vídeo foi proxectado nas aulas das diferentes materias implicadas, permitindo compartir as reflexións e fomentar o diálogo arredor da ciencia, da igualdade e das vocacións científicas.
Este tipo de actividades supón numerosos beneficios para o alumnado, xa que contribúe a achegar a ciencia á realidade cotiá, humanizando a figura das persoas investigadoras e favorecendo unha maior motivación cara ás disciplinas científicas. Ademais, promove o pensamento crítico, a curiosidade e a participación activa do alumnado, ao tempo que visibiliza referentes femininos e axuda a combater estereotipos de xénero asociados ás profesións STEM. Do mesmo xeito, fortalece valores como a igualdade, o esforzo, a superación persoal e a confianza nas propias capacidades, aspectos fundamentais dentro da filosofía do Plan Proxecta Donas de Si.
viernes, 22 de mayo de 2026
A hora de ler
A Candeloria
O día 2 de febreiro celebramos a Candeloria, unha festividade pagá agora cristianizada que festexa o cambio de estación do inverno á primavera. A día de hoxe fáisenos raro porque para nós o inicio da primavera vén marcado pola traslación da terra arredor do sol e ten lugar arredor do 20-21 de marzo. Porén, na Antigüidade utilizábanse outras medidas para marcar os cambios de estación como o apareamento dos animais. Por iso a Candeloria é o día "en que casan os paxariños".
Ademais, colocamos polo instituto cartaces con refráns populares que fan referencia ao poder da data para predicir o tempo que irá nos seguintes meses.
Ademais de facermos cartaces sobre a tradición galega tamén fixemos algúns celebrando o día de Santa Bríxida, "Lá Fhéile Bríde" en irlandés e "St Brigid's Day" en inglés, unha das celebracións máis importantes de Irlanda. Ao igual cá nosa Candeloria, celebra o inicio da primavera, da vida e da fertilidade. Son as tradicións da faixa atlántica celta de Europa: o inicio de Imbolc.
miércoles, 13 de mayo de 2026
Entre Circes, Penélopes e Morganas: o Día das Letras Galegas de Begoña Caamaño
Este ano dedicámoslle o Día das Letras Galegas 2026 a Begoña Caamaño, xornalista, novelista e activista feminista e sindical. Montamos unha exposición sobre a súa vida e obra na entrada do edificio A e decoramos con rotuladores o cristal da sala de estudo.
Tamén fixemos chapas, bolsas e cadernos.
Ademais, este ano 1º de Bacharelato leu Circe ou o pracer do azul, a súa primeira novela, publicada en 2009. Nela, cóntasenos a amizade entre Circe e Penélope, personaxes femininas da Odisea que no seu libro van máis alá de ser as acompañantes de Odiseo/Ulises.
viernes, 13 de junio de 2025
Estreamos taboleiro de xadrez!
Este mes, estamos de estrea na biblioteca!
Grazas ao traballo creativo e colaborativo do alumnado de 1º e 2º da ESO na materia de Tecnoloxía e Dixitalización, impartida polo profesor Manuel Abuín, contamos cun novo taboleiro de xadrez. Trátase dun recurso moi especial, tanto polas súas dimensións, unhas cinco veces maior ás dun taboleiro estándar, como por estar realizado á man con moita dedicación e tecnoloxía. Así, o alumnado puxo en práctica os seus coñecementos técnicos para darlle vida a este proxecto educativo e, coa axuda do seu profesor, encargouse do deseño do taboleiro e das pezas, así como da construción destas. Para isto, empregáronse diversos materiais do programa Polos Creativos, como son a cortadora láser e o plótter de corte.
O taboleiro forma parte das actividades que acompañan a nova edición do concurso de xadrez que se está a celebrar na biblio, no que participan 13 estudantes de 1º a 4º da ESO. Con esta iniciativa, que combina tecnoloxía, creatividade e pensamento crítico, animamos o alumnado a que se achegue á biblioteca para ver de preto o taboleiro, botar unha partida ou seguir as xornadas do concurso que está en marcha.





.jpeg)













.jpeg)

