viernes, 22 de mayo de 2026

A Candeloria

 O día 2 de febreiro celebramos a Candeloria, unha festividade pagá agora cristianizada que festexa o cambio de estación do inverno á primavera. A día de hoxe fáisenos raro porque para nós o inicio da primavera vén marcado pola traslación da terra arredor do sol e ten lugar arredor do 20-21 de marzo. Porén, na Antigüidade utilizábanse outras medidas para marcar os cambios de estación como o apareamento dos animais. Por iso a Candeloria é o día "en que casan os paxariños". 


                          

Ademais,  colocamos polo instituto cartaces con refráns populares que fan referencia ao poder da data para predicir o tempo que irá nos seguintes meses.



Ademais de facermos cartaces sobre a tradición galega tamén fixemos algúns celebrando o día de Santa Bríxida, "Lá Fhéile Bríde" en irlandés e "St Brigid's Day" en inglés, unha das celebracións máis importantes de Irlanda. Ao igual cá nosa Candeloria, celebra o inicio da primavera, da vida e da fertilidade. Son as tradicións da faixa atlántica celta de Europa: o inicio de Imbolc. 




Caitlín Nic Gabhann, Luise Mulcahy e Síle Denvir. 









No hay comentarios: