lunes, 19 de mayo de 2025

Doce alumnas e alumnos verten ao galego obras literarias en portugués, grego, inglés, francés e castelán

                                     

A biblioteca acolleu o V Concurso escolar de tradución Xela Arias, no que participaron un total de 12 alumnas e alumnos de 1º de bacharelato e de 3º e 4º da ESO. Os estudantes traduciron ao galego fragmentos de obras en francés (O principiño, ), portugués (A Gorda, de Isabela Figueirido), inglés (The last of Mohicans, de James Fnimore Cooper), castelán (Los niños de la viruela, de María Solar) e grego (adaptacións de textos da mitoloxía clásica).

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega organiza desde 2021 esta iniciativa, que conta co apoio da Dirección e do profesorado do centro, tanto durante o proceso de realización como tamén na tarefa de revisión das traducións. Para a avaliación dos traballos, o profesorado dos departamentos de linguas terá en conta a capacidade de redacción e a fluidez do texto, así como a creatividade das solucións.

As mellores traducións en cada unha das linguas do certame serán recoñecidas cun premio para os seus autores e autoras.


Moitas grazas e moita sorte a todo o alumnado participante!







lunes, 12 de mayo de 2025

Música, baile e lecturas para celebrar as Letras Galegas!




Na semana das Letras Galegas, non faltan a música, o baile e as lecturas na nosa lingua! Para conmemorar o 17 de maio, os profesores Lucía Teijeiro e Adrián Levoso imparten obradoiros de pandeireta e baile tradicional, respectivamente, dirixidos tanto ao alumnado como ao profesorado do centro.

Ademais, voluntarios da biblioteca prepararon unha mostra cunha selección de obras en galego, que inclúe tanto clásicos da literatura, de autores como Rosalía de Castro, Manuel Antonio ou Manuel María, como propostas máis actuais, de Elena Gallego, Andrea Maceiras e outras autoras do panorama literario galego.

Celebra, como máis che preste, as Letras Galegas!