miércoles, 20 de diciembre de 2017

Entrevista o alumnado de FP Básica sobre o programa de radio



Xornalistas: Chema e Cao.

Hoxe entrevistamos ao alumnado de FP Básica de comercio sobre o programa de radio que realizaron no primeiro trimestre.

PREGUNTA: Por que se vos ocorreu facer un programa de radio?

ALBA: Dounos a idea a profesora Ana Carreira

PREGUNTA: Quen decidiu como estaba formado o equipo?

MÍRIAM: Todos nós, todo o equipo.

PREGUNTA: Canto tempo vos levou facer o programa?

EDI: Máis ou menos un mes e medio.

PREGUNTA: Foi divertido facer o programa?

JOSEBA: Si, oh. Estivo bastante ben.

PREGUNTA: Que foi o máis divertido?

JOSEBA: As risas que nos botabamos.

EDI: As vaciladas a Alba.

PREGUNTA: Que foi o máis aburrido?

NAIM: Pois a verdade é que non sei.

MARTÍN: Editar o programa.

PREGUNTA: Que foi o máis difícil?

FANEGO: A hora de pensar as preguntas para facer a entrevista.

PREGUNTA: Por que lle fixestes unha entrevista a Marcote?

EDI: Porque é o único profesor que nos caía ben... (risas) Non, porque estaba próxima a súa xubilación e quixemos facerlle unha homenaxe.


PREGUNTA: Como vos sentistes ao escoitar o voso programa?

EVA: Esta ben. Gustoume. O resultado foi satisfactorio.

PREGUNTA: Tedes pensado facer outro programa?

NAIM: Non sei...

JOSEBA: Supoño que si. Para perder clase, e iso...

FANEGO: Si. Gustaríame facer un.

PREGUNTA: Que temas tedes pensado tratar no programa?

JOSEBA: Iso pénsase sobre a marcha.

MARTÍN: Sobre a droga. Ah, si sobre o ciclista que dou a volta ao mundo. Xa o entrevistamos.

No hay comentarios: