miércoles, 20 de enero de 2010

1º Cineforum 2009-10


Título V.O:Earth Xénero:Documental Director:Alastair Fothergill, Mark Linfield Produtor:Alix Tidmarsh. Sophokles Tasioulis. Guión:Leslie Megahey, Alastair Fothergill, Mark Linfield Fotografía: Andrew Anderson. Doug Anderson. Música:George Fenton. Intérpretes:Patrick Stewart Duración:99 CompañíaGreenlight Media, BBC Worldwide Nacionalidade:Alemaña, Reino Unido Ano:2007



Unha familia de osos polares no Ártico, unha elefanta e o seu cachorro no deserto do Kalaharie, unha balea xorobada e a súa cría de cinco meses. Estes son os actores de Tierra, a película de Alastair Fothergill e Mark Lindfield. Fothergill, con todo, insiste en que o verdadeiro protagonista do filme é o planeta, ao que considera un lugar fermoso pero vulnerable.

A película, producida pola BBC, ten suposto cinco anos de traballo. Cincuenta expertos camarógrafos teñen viaxado por 62 paises e grabado imaxes de máis de 200 lugares do planeta con tecnoloxía punta e alta definición, o que nos permite ver como nunca ata o de agora o noso entorno natural. O resultado final é unha historia de "dimensións épicas": unha viaxe pola terra de norte a sur durante as catro estacións do ano. Non oculta o director os problemas que xera o quecemento global, nin a aparente crueldade do instinto de supervivenza do reino animal, pero tampouco se recrea no catastrofismo.

O filme inicia a súa andaina no Ártico, onde unha osa polar e os seus dous osiños, nacidos baixo a superficie, espertan coas primeiras raiolas do sol da primavera e saen na procura de comida. A familia de osos polares constitúen o "símbolo" da película e un síntoma do estado do planeta. Asistimos a esceas nas que é posible ver ás crías xogando por primeira vez na neve e ós seus pais sorteando as dificultades de cazar e moverse nunha capa de xeo cada vez máis delgada a causa do cambio climático.

O traxecto continúa máis ó sur, coa viaxe cara a pastos máis frescos de tres millóns de caribúes e dos seus compañeiros, mandas de lobos esfameados. Xa a 2.400 quilómetros do Polo Norte os parrulos do pato mandarín dan os seus primeiros saltos dende os seus niños e nos bosques tropicais as lentes "avanzadas" do equipo da BBC captan por primeira vez as aves do Paraíso no seu escuro hábitat, en Papúa Nova Guinea, e amosan a viaxe dunha elefanta e a súa cría ata o delta do Okavango, onde deben compartir a auga cos leóns. Xa nos océanos a cámara segue a viaxe de 6.400 quilómetros que emprenden unha balea xorobada e a súa cría dende augas ecuatoriais ata a Antártida para obter o "krill", básico para a súa subsistencia.

Fothergill explica que non pretende transmitir ningunha mensaxe, senón mostrar sen efectos artificiais o "espectáculo da natureza" a todo o mundo: "no é doado que a xente se preocupe se non coñece ós animais e os seus problemas".

No hay comentarios: