jueves, 26 de noviembre de 2020

Noraboa aos premiados no concurso de Podcast!

 

                             

       Estamos encantados e orgullosos de poder dar a noraboa aos rapaces e rapazas do Club de Lectura de 2º ESO de curso pasado, así como ao profesor encargado do mesmo, Suso Cortázar. Por segundo ano consecutivo obteñen un premio no concurso de Podcast Xosé Mosqueira. Este ano levan o 1º Premio. Noraboa a tod@s! 

        Deixamos aquí o texto elaborado por Suso, o profesor que coordinou a actividade, así como o texto do Podcast.

     O 1º Premio de Podcast da 2ª edición dos premios Xosé Mosquera, O vello cos contos, recaeu de novo nun grupo de alumnas e alumnos do IES de Foz. Andrea Rodríguez, Bruno Rodríguez,  Betty Martínez,Carlos Iglesias, Miguel Río, Francisco Sánchez e Héctor Portela presentaron ao concurso un podcast baseado nun conto tradicional galego, a lenda da Casa da Moura, modificado mediante a inserción de refráns.


    Na edición engadiuse o tema musical de Kevin MacLeod, Pippin the Hunchback (con licenza creativecommons).
 

A gravación levouse a cabo durante o curso pasado, no contexto do club de lectura do IES de Foz. O confinamiento impediu que outro grupo do club ( Helen Aragón, Xoel Díaz, Jacobo Gayoso, NereaFernández, Hussam El Khiari) finalizara a gravación do seu podcast e puidera optar tamén a este premio.
 

Compartiremos a recompensa con todos eles.

 

Texto do podcast:
 

    Era un pobre que ía á mañá cedo para a feira do 12, e ó pasar pola Casa da Moura saíulle un mouro epreguntoulle:
 

- E logo para onde vai?
 

- Voulle para a feira mercar uns porquiños.

(Un porco é unha botica)


- E ten moito diñeiro para os mercar?
 

- Ai, señor, eu diñeiro téñolle pouquiño.

(Labrador sen horta, fame á porta)


- Ben, pois vas á feira e mercas dous porcos dos mellores que haxa, e esperádesme alí ti e mais os quechos venden. E despois vou eu e págollelos.

(Para ruín feira, corda baleira)


E pasou todo segundo dixera, e o mouro quedouse cun porco e o home con outro. E entón o mouro díxolleó home:


- Mira, todas as mañás cedo tráeme aquí medio neto de leite. Ti non chames por ninguén. Déixamo neste sitio sinalado que xa terás nel un peso todos os días. E así segues sempre. E ten tino de non dicir nada a ninguén, que estas cousas non se poden dicir.


E por moito tempo o home levou o leite e colleu os cartos. Mais a súa muller sempre lle andaba dicindo:


- De onde che veñen os cartos? Porque antes non tiñamos case ningúns e agora temos moitos. Ti tes que ter unha amiga que chos dá.
 

E o home contestáballe:
 

- Non, muller, non. Ti come e bebe e a min déixame, que eu non teño amiga ningunha.
 

E ela volvía porfiar:
 

-Pois ti tesmo que dicir, que dalgún lado che veñen.

(Ó que moito queira saber, dáselle o cu a lamber)


E tanto porfiou e tanto fixo que rematou por llo dicir.


(Muller que sabe latín non serve para min)


Veu para o outro día á mañá, e o home foi co leite, mais ó chegar ó sitio sinalado, en vez dos cartos atopou un corno cun letreiro que dicía:

Falaches, corneaches.

lunes, 9 de noviembre de 2020

CONCURSO DE MICRORRELATOS


Aberto o prazo para enviar os traballos dende o día 9 de novembro ao 10 de decembro.

Bo día !! :)


    Os colaboradores da biblioteca de 2º ESO estamos a organizar un concurso de
microrrelatos.


Haberá premios para os gañadores!!!!!!


As bases a cumprir para participar son as seguintes:


1. O texto non sobrepasará as 500 palabras.
2. Terá que ser en galego.
3. O tema sobre o que tratará será a saúde.
4. Deberase entregar vía email, en formato PDF preferiblemente. A dirección de
entrega será a seguinte: biblioiesfoz@gmail.com
5. Recollerá os datos sobre o autor: nome, apelidos, curso e grupo.
6. Só se poderá participar unha vez.
7. Deberá cumprir as normas de entrega de traballos do instituto.


As categorías son:


• 1o categoría: 1º ESO e 2º ESO


• 2o categoría: 3º ESO,  4º ESO e FPB.


• 3o categoría: 1º BAC e 2º BAC


O xurado será o alumnado de 2º ESO que participe como colaborador de biblioteca.


ÁNIMO, APUNTÁDEVOS !!!


Antía Paz López e Mariña Balseiro Parga
2o ESO

viernes, 2 de octubre de 2020

Este ano tamén préstamos online!

   

    Dadas as circunstancias excepcionais que atravesamos este ano e para facilitar o servizo de préstamo, así como evitar as aglomeracións, temos habilitada a opción do préstamo online. 

 

 

    Será suficiente con que os usuarios envíen un correo á nosa dirección da biblioteca bibliotecaiesfoz@gmail.com indicando:

    -o seu nome e apelidos

    -o seu curso

    -o título e autor/a do libro que desexan.

     Nós responderemos a ese correo avisando de cando poden pasar a recoller o libro.

    Se ademais alguén quere ou necesita consultar o catálogo da nosa biblioteca pode facerlo pinchando neste enlace.  

    Esperamos que vos sexa útil e que a pesar das circunstancias sexamos capaces de poñer á vosa disposición todo o material e os recursos dos que dispoñemos!

    Que a lectura sempre nos acompañe!


lunes, 28 de septiembre de 2020

Arrancamos o novo curso!


     Benvidos a todos e todas! A nosa Biblioteca sigue aberta e aínda que cun aforo máis limitado, esperamos poder atender a todas aquelas persoas que desexen acercarse ata aquí.

 

 

    Temos elaboradas unhas pequenas normas para facilitar que o noso espazo sexa un lugar seguro para todos os usuarios. Deixámovolo a continuación por se queredes botarlle unha ollada.


ANTES DE ENTRAR NA BIBLIOTECA DEBES SABER QUE:

- É obrigatorio o uso do xel desinfectante.

- Débense respectar as sinalizacións de tránsito así como a ubicación dos postos de traballo.

- Cada usuario deberá desinfectar o seu posto de traballo despois do seu uso.


O respecto ás normas repercute no beneficio de todos nós.

Grazas pola túa colaboración.


AFORO MÁXIMO PERMITIDO


16 PERSOAS NA SALA PRINCIPAL


20 PERSOAS NA SALA DE ESTUDO


Vémonos na Biblio! Esperámosvos!

 

martes, 28 de enero de 2020

Concursos a eito!

Estes semanas hai moitas actividades no noso instituto.😎


Un ano máis, o ENLG organiza o Concurso de coplas co que temos seguro que o alumnado vai dar moito que falar. A actividade consiste en compoñer coplas populares propias do entroido ás que lles podedes dar ritmo de rap... ou calquera outro que queirades.😊



Ademais, tamén se abre o prazo para o 2º Concurso de recitado de poesía sobre poemas de Rosalía de Castro e Manuel María co fin de dar a coñecer a produción da autora iriense e do escritor chairego.

Tedes toda a información dos concursos nos taboleiros das vosas aulas.

A participar!

lunes, 2 de diciembre de 2019

25 de novembro- Día contra a Violencia de Xénero

      Este ano as persoas encargadas da biblioteca desenvolvemos algunhas actividades polo 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. 



     Desta maneira, no recreo puxéronse en marcha unhas accións relacionadas con esta data, entre elas, empapelar a entrada con cartolinas e papeis negros cos que se simbolizou o ambiente negativo que se crea nestes contextos e a repudia cara os mesmos.
     Tendo en conta o traballo feito na titoría,  o alumnado elaborou unhas cartolinas amosando a súa visión negativa sobre a violencia de xénero. Alén disto, tamén viñemos vestidos de negro.

     Para finalizar, proxectouse un vídeo "Deámoslles voz"  feito polo alumnado do IES Isaac Díaz Pardo de Sada que visibiliza a violencia doméstica e as relacións tóxicas.

lunes, 28 de octubre de 2019

Presentación da biblioteca

     medio ambiente.


Este luns  o alumnado de 2º da ESO de reforzo de galego encargouse de desenvolver  a presentación da biblioteca ás alumnas e alumnos  de 1º da ESO. Como usuarias frecuentes, explicáronlles  de forma amena como se distribúen  os espacios da mesma, o funcionamento e as normas desta, así como referiron o tema deste curso da biblio: o medio ambiente.


Para o alumnado do IES de FOZ é moi importante evitar o aumento da contaminación medio ambiental, por iso puxeron en  marcha unha actividade que consistiu en elaborar uns faroliños nos que o novo alumnado de escribise  unha frase na que sinalase accións diarias coas que axudar a vivir nun mundo máis limpo. A presentación rematou cunha canción que explicaba como se debían reciclar os residuos.